Blogues

EXCURSIÓN GALIPARK

O pasado 5 de xuño, o alumnado de 5º de primaria fomos de excursión a Padrón para gozar dunha divertida xornada no Parque Multiaventura Galipark.

Visualizade o vídeo e comprobaredes o ben que o pasamos!!!

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado 23 de maio, o alumnado de 5º de primaria fomos de excursión a Santiago de Compostela.

Comezamos o día cunha visita moi especial, a MeteoGalicia, onde aprendemos moitas cousas sobre meteoroloxía e aparatos meteorolóxicos. Tamén puidemos ver un vídeo do lanzamento dunha radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, proporciona información sobre o estado da atmosfera. Ademais, visitamos a sala de Predición Operativa, onde nos explicaron as ideas básicas da predición meteorolóxica e onde tivemos a gran sorte de escoitar en directo a predición do tempo para unha cadea de radio.

Continuamos a nosa excursión cunha visita ao Museo da Historia Natural, onde fixemos un percorrido polas salas expositivas con explicacións dun guía especializado.

Para finalizar o día, visitamos a fermosa Praza do Obradoiro, onde puidemos ver a Catedral de Santiago de Compostela.

Sen dúbida, foi un día moi completo e pasámolo xenial!!

 

ROTEIRO Á PRAIA DE PORTOMAIOR

Onte fixemos un pequeno roteiro de sendeirismo ata a praia de Portomaior. Saímos do cole á primeira hora da mañá, e comezamos vendo o peirao de Bueu. A profe Ami foinos explicando como era esa parte do noso pobo anos atrás, e descubrimos que había unha praia que ía dende Pescadoira ata a banda do río!

 

Despois pasamos polo clube de remo e baixamos á primeira praia: Petis. Alí comezamos a recollida de lixo, e comezamos a darnos conta da cantidade de cousas que algunhas persoas tiran ao chan, contaminando así o noso entorno natural.

 

Continuamos a camiñata pola praia de Loureiro, onde descubrimos unha rocha partida á metade, que marca a fronteira entre Bueu e Cela; e seguimos cruzando Agrelo ata chegar a Portomaior. Cando chegamos alí xa xuntaramos tres bolsas cheas de lixo!

 

Unha vez alí puidemos merendar e repoñer forzas para escoitar a interesante charla que nos deu Suso, da asociación ecoloxista ANDUXÍA. El explicounos un montón de cousas sobre o ecosistema da duna, aínda que despois do proxecto que estudamos este curso, había algunhas que xa coñeciamos. 

 

Por último, o profe Jose Ángel preparounos algúns xogos na area. Acabamos moi moi cansos, pero pasámolo xenial.

 

Visita ao composteiro municipal

Hoxe, a rapazada de 4º realizamos a visita comentada e guiada ao composteiro municipal onde observamos o proceso da compostaxe no contexto veciñal. Foi moi interesante e educativo ver as diferencias dese composteiro co do noso cole.

Explicáronnos o traballo da Mestra composteira que vixila o bo funcionamento do proceso. Tamén nos concienciamos da importancia dunha boa reciclaxe.

Dos nosos actos depende o futuro do noso planeta!

 

Antonio García Teijeiro

Hoxe o alumnado de 4º tivemos a sorte de recibir a visita do autor do libro "No xardín do poeta", Antonio García Teijeiro. Veu a dinamizar esa obra, homenaxe ao seu autor favorito e de referencia, Federico García Lorca.

Recitamos en coral varios poemas do libro, tivemos que facer memoria para rematar os versos que el ía lendo, e entonamos por turnos algúns versos.

Despois de contestar todas as nosas preguntas, asinou un a un os nosos libros.

Nos vídeos seguintes podedes comprobar o ben que o fixemos e o divertido que foi:

 

 

Sesión de autógrafos:

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

E POR FIN CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN

Ao día seguinte do Correlingua, volvémonos meter nun autobús, pero, esta vez, para culminar o noso proxecto sobre apicultura e coñecer as colmeas que SANDRA e MARCOS teñen NO NIÑO DO CORVO, NO CONCELLO DO ROSAL.

Saímos a primeira hora porque nos agardaba unha hora de autobús. Ao chegar, Sandra e mais Marcos xa nos estaban agardando na súa camioneta con traxes de apicultor/a para todxs. Bueno... foi unha risa, porque a algúns quedábannos enormes!!!

Moi preto de onde nos agardaban, nun craro do bosque, tiñan unha chea de colmeas. Colocámonos por detrás dunha ringleira delas e pouco a pouco, Marcos foinos explicando unha morea de curiosidades interesantísimas  sobre as abellas e a apicultura. Resultaba emocionante poder  ver ao natural aquilo que estiveramos investigando na clase. Bueno, emocionante e tamén un pouco inquietante porque comezaron a saír unha chea de abellas da colmea e a pousársenos no traxe e... en fin.. un pouco de mediño si que daba, eh... Pero, se non nos moviamos, elas regresaban por onde se achegaran sen causarnos dano algún! Comprobado!!

Despois, volvemos subir ao autobús para dirixirnos á tenda na que venden o mel e os produtos apícolas que recollen das súas colmeas. Alí, tíñannos preparada unha degustación de mel de diferentes tipos; MESMO HABÍA MEL DE CHOCOLATE!!! ESTABA BOÍSIMO...!!! PUXÉMONOS AS BOTAS...!!! Aproveitamos para mercar mel, veliñas de cera, caramelos e algunha larpeirada máis. SANDRA E MARCOS FORON MOI AMABLES E PACIENTES CON NÓS, rebaixaronnos o prezo dunha chea de produtos e acabaron por regalarnos unha floriñas feitas con cera moi lindas!!! MOITAS GRAZA AS DOUS!!!

Logo, montamos novamente no bus para ir a un parque chulísimo, chamado PARQUE DE PÍAS onde iamos comer e xogar toda a tarde. O malo foi que a iso das catro, cando estabamos no mellor da xornada, gozando dos bambáns, a pista de fútbol, a tirolina... e un rico xeado que mercamos no chiringuito, comezou a chover con toda e sen previo aviso, de maneira que mentres corriamos cara ao autobús, que estaba alí mesmo aparcado, mollámonos coma pitos!!! Menos mal que tiñamos unha muda de roupa na mochila e puidemos cambiarnos.

A treboada non cesou e non tivemos máis remedio que emprender camiño de regreso unha hora antes do previsto!! Aínda así, resultou unha aventura do máis emocionante e podemos dicir que o pasamos “LA MAR DE BEN!!”

NON QUEREMOS REMATAR SEN DARLLE AS GRAZAS Á PROFE GORETTI, QUE CAMBIOU UNHA CITA MÉDICA QUE TIÑA PARA PODER ACOMPAÑARNOS. QUERÉMOSTE, PROFE GORE!!

Premede na imaxe para ver as fotos:

ENCÁNTANOS A METEOROLOXÍA!!

VOLVEMOS SER METEORÓLOGXS!!!

Este curso volvemos traballar no eido da METEOROLOXÍA! Tocounos volver investigar o tempo atmosférico e tomar nota das temperaturas, a presión atmosférica, a humidade, as precipitacións...

E, como xa estamos en 2º, este curso fixémolo por partida triple, en tres épocas diferentes: en decembro, en abril e entre maio e xuño.

En canto entrabamos na escola a primeira hora da mañá, iamos á caseta meteorolóxica e tomabamos nota dos datos das medicións e, inmediatamente, nos dirixiamos ao PANEL DAS METEOESCOLAS que temos no corredor do BIBLIOCASTELO, para rexistrar a información.

Nas primeiras semanas de decembro, cando chegou a primeira quenda, puxémonos mans á obra!! E para facelo, volvemos repasar conceptos.

·       TEMPERATURAS: mídeas o termómetro en graos centígrados.

o   MÁXIMA: a máis alta. Acádase a iso do mediodía. Como visitamos a caseta meteorolóxica a primeira hora da mañá, temos que apuntala no rexistro do día anterior!!!

o   MÍNIMA: a máis baixa. Prodúcese de madrugada. Esta si que a anotamos no día presente!!!

 

·       PRESIÓN ATMOSFÉRICA: que é a forza que exerce o aire sobre a superficie da Terra. Rexístrase no barómetro e mídese en milibares.

·       HUMIDADE: rexístraa o higrómetro e mídese en porcentaxes; por exemplo, o 70%.

·       PRECIPITACIÓNS: recóllense no pluviómetro e medímolas en mililitros.

ENCÁNTANOS ESTA TAREFA!!!

Durante a última quincena de abril repetimos experiencia e resulta curiosísimo destacar que en ambas ocasións se deron circunstancias meteorolóxicas totalmente distintas na primeira semana de medicións que na segunda.

Na primeira parte da quincena de decembro e na primeira na de abril, as temperaturas foron estrañamente altas para a época do ano e non choveu nin unha pinga. Porén, tanto na segunda semana de decembro como na última de abril, as precipitacións foron abundantes (sobre todo entre os días 12 e 16 de decembro; tanto, que houbo algún deses días nos que non puidemos saír a medir a primeira hora porque chovía moitísimo).

Encántanos esta actividade e sérvenos para reflexionar sobre o terrible problema do cambio climático. É NECESARIO QUE TODXS TOMEMOS MOI EN SERIO QUE O PLANETA ESTÁ EN PERIGO E É RESPONSABILIDADE DE TODXS BUSCAR SOLUCIÓNS PARA COIDALO.

Como ademais nos coincidiu coa celebración do DÍA MUNDIAL DO PLANETA o día 22 de abril vimos varias curtametraxes na aula para reflexionar sobre temas relacionados con isto como o consumo de auga, a contaminación, o aforro enerxético, o uso dos plásticos...

Entre a última semana de maio e a primeira de xuño, levamos a cabo a derradeira quenda deste curso e fixádevos que curioso; outra vez sucedeu que nos últimos días choveu máis que na semana anterior, igual que nas outras dúas ocasións!!

ALGO ESTRAÑO ESTÁ A SUCEDER COA CLIMATOLOXÍA E É SÍNTOMA DO QUE LLE  ACONTECE AO PLANETA.

NON PODEMOS ELUDIR QUE O SEU COIDADO É COUSA DE TODXS!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

 

 

 

 

 

 

VISITA AO COMPOSTEIRO MUNICIPAL

O pasado venres, fomos visitar un dos composteiros municipais guiados María, enviada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa REVITALIZA.

María animounos a compostar os residuos orgánicos que producimos nos nosos fogares. Foinos indicando como tiñamos que facelo e lembrounos por que era importante.

Esta visita queda perfectamente enmarcada dentro do proxecto de Ecosistemas, que aínda que xa rematamos, consideramos que é importante seguir incidindo pois queremos converternos en persoas ECORRESPONSABLES.

Aproveitamos a saída para xogar un ratiño no parque da tirolina.

Isto vai cheirando a fin de curso!

 

OBRADOIRO DE ALFOMBRAS FLORAIS

O alumnado de 5º de primaria tivemos a sorte de contar coa visita de varios compoñentes da Asociación de Alfombristas de Bueu.

Coas súas explicacións, fomos capaces de elaborar dúas fermosas alfombras florais coa temática de Picasso.

Mirade o ben que o fixemos!!

 

REUNIÓN DE FIN DE CURSO

Como prometemos na reunión realizada hoxe, colgamos neste blog a presentación da mesma.

Preme na imaxe para abrila.

Distribuir contido