Blogues

PROXECTO PREHISTORIA E CIVILIZACIÓNS

Derradeiro proxecto sobre a Prehistoria e as diferentes civilizacións. En equipos de tres escolleron traballar as diferentes civilizacións antigas; Exipo, Roma, Grecia, Celta, Mesopotamia e Mesoamericana. Como sempre foron indagando cos libros da biblioteca, lecturas, vídeos, buscando en internet...

Por outra banda en 4ºA fixeron un xogo da oca, escollendo eles as imaxes e elaborando as preguntas do xogo.

Na área de Arts and Crafts realizamos pinturas rupestres e traballamos con arxila, fixeron Venus e colgantes con símbolos celtas.

Para pechar este proxecto, visitamos o castro máis grande de Galicia, San Cibrao de Lás, alí visitamos o museo e afianzamos todos os contidos da aula.

Este martes 20, recibimos a visita do alumnado de 1ºESO do IES JOHAN CARBALLEIRA, onde pasamos unha sesión moi dinámica e educativa coas dúas clases. Xogaron á oca e foron escoitando os diferentes traballos. 

Dá gusto ver a soltura que teñen expoñendo e ver todo o que foron aprendendo. Agora toca descansar e desconectar do curso, feliz verán a todxs!

Este é un resumo dos diferentes proxectos.

Concurso "Adiviña que..." e Torneo de Xadrez

 

Estes foron os gañadores do concurso realizado en lembranza a Francisco Fernández Del Riego, escritor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

Gañadores de 4º de primaria:

 

Iago

Saúl

Noé

Gabi recolleu o premio en nome de Martín

 

Gañadorxs de 3º de primaria:

Antón

 Luca

 Bosco

 Adri

 

Tamén se entregaron os premios ao alumnado que participou no I Torneo de Xadrez da escola. Aquí podedes ver tamén aos vencedorxs:

Noraboa a todxs!

SAÍDA Á PRAIA

Co curso a piques de rematar e os nervos algo alborotados, decidimos realizar unhas xornadas de xogos na praia para os últimos días. Baixamos por cursos e comenzamos cos máis pequenos-as, os de 1º de Primaria o luns.

O día seguinte foi a quenda para os de 2º que foron apadriñados  polos nenos-as de 4º de Primaria.

O mércores baixaron á praia os de 5º e os de 3º de Primaria.

 

Os nenos/as de 3º de Primaria fixemos unha andaina ata a praia de Portomaior, atravesando e facendo unha recollida de lixo nos areais de Petís, Loureiro e Agrelo.

Xa en Portomaior, merendamos para repoñer forzas, tivemos unha charla sobre o ecosistema costeiro da duna e antes de voltar xogamos na area.

 

 

Os xogos que poidemos practicar foron: o brilé, o 3 en raia, o bote-botero, o pano,  a pita balón e  a petanca.

A media mañá paramos  a merendar e beber un chisco para repoñer forzas.

Para acabar recollimos o lixo que estaba espallado pola praia, xogamos coa area e botamos a voar algunhas cometas aproveitando o vento.

 

 

O tempo acompañou e as gañas de divertirnos eran moitas, así foi como resultou unha xornada moi entretida para rematar este curso de MOITO MÁIS QUE XOGOS 

  BOAS VACACIÓNS, DESCANSADE E NON ESQUEZADES 

 DE GOZAR XOGANDO NO VERÁN !!!!

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Por fin chegou o día máis desexado do ano!

O alumnado de terceiro e cuarto fomos,o pasado venres, 16 de xuño de excursión a Ourense.

Alí visitamos o castro de San Cibrao de Las, e logo as termas de Outariz.

Pasamos un día fantástico que será moi difícil que se borre da nosa memoria.

A continuación podedes  ver os vídeos  coas fotos da xornada. 

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO!!!

FESTIVAL DE FIN DECURSO!!!

Hoxe foi un día realmente feliz!!! Fixemos un festival de fin de curso para as nosa familias no ximnasio do cole.

A verdade é que estabamos moi nerviosxs despois de ías de duros ensaios; pero, finalmente, pagou a pena o esforzo, porque todo saíu a pedir de boca!!!

Cantamos, bailamos, fixemos representacións teatrais e un pequeno recital de poesía. A través da música e da literatura, fomos facendo un pequeno percorrido polo que foron estes dous anos no “cole dos maiores” do que xa formamos parte e no que nos sentimos totalmente integradxs.

Tamén invitamos axs compis de primeiro a gozar con nós deste momento tan especial.

Cando rematamos, corremos a darlles bicos e apertas as nosas familias, que nos aplaudiron  con toda e se sentiron igual de felices ca nós. FOI FANTÁSTICO!!!

Queremos darlles as grazas as profes Goretti,  Pilar e Lina que nos axudaron un montón nos ensaios; así como a Ramón e ao profe José Ángel, que nos axudaron nas cuestións técnicas e na preparación do ximnasio. Grazzasa a todxs!! A súa colaboración foi imprescindible para que todo saíse así de ben!!!

FOI UNDÍAXENIAL!!!

SENTÍMONOSMOI FELICES!!!

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

CINEMÓBIL: HOMENAXE A JOSÉ GIL

O pasado venres 16 de xuño, puidemos gozar dunha actividade moi interesante e coñecer a José Gil, o pai do cine galego, que cimentou as bases do audiovisual galego.

Nesta xornada presentáronnos a figura deste gran cineasta e visualizamos varios filmes mudos da súa autoría. Ademais, coñecemos a figura do “explicador” no cine e gozamos dunha curta moi divertida de Charlot.

Para finalizar, visitamos unha réplica do camión-cine que o cineasta José Gil levaba fai 100 anos por toda Galicia.

FOI UNHA EXPERIENCIA MOI ESPECIAL!!

 

EXCURSIÓN GALIPARK

O pasado 5 de xuño, o alumnado de 5º de primaria fomos de excursión a Padrón para gozar dunha divertida xornada no Parque Multiaventura Galipark.

Visualizade o vídeo e comprobaredes o ben que o pasamos!!!

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado 23 de maio, o alumnado de 5º de primaria fomos de excursión a Santiago de Compostela.

Comezamos o día cunha visita moi especial, a MeteoGalicia, onde aprendemos moitas cousas sobre meteoroloxía e aparatos meteorolóxicos. Tamén puidemos ver un vídeo do lanzamento dunha radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, proporciona información sobre o estado da atmosfera. Ademais, visitamos a sala de Predición Operativa, onde nos explicaron as ideas básicas da predición meteorolóxica e onde tivemos a gran sorte de escoitar en directo a predición do tempo para unha cadea de radio.

Continuamos a nosa excursión cunha visita ao Museo da Historia Natural, onde fixemos un percorrido polas salas expositivas con explicacións dun guía especializado.

Para finalizar o día, visitamos a fermosa Praza do Obradoiro, onde puidemos ver a Catedral de Santiago de Compostela.

Sen dúbida, foi un día moi completo e pasámolo xenial!!

 

ROTEIRO Á PRAIA DE PORTOMAIOR

Onte fixemos un pequeno roteiro de sendeirismo ata a praia de Portomaior. Saímos do cole á primeira hora da mañá, e comezamos vendo o peirao de Bueu. A profe Ami foinos explicando como era esa parte do noso pobo anos atrás, e descubrimos que había unha praia que ía dende Pescadoira ata a banda do río!

 

Despois pasamos polo clube de remo e baixamos á primeira praia: Petis. Alí comezamos a recollida de lixo, e comezamos a darnos conta da cantidade de cousas que algunhas persoas tiran ao chan, contaminando así o noso entorno natural.

 

Continuamos a camiñata pola praia de Loureiro, onde descubrimos unha rocha partida á metade, que marca a fronteira entre Bueu e Cela; e seguimos cruzando Agrelo ata chegar a Portomaior. Cando chegamos alí xa xuntaramos tres bolsas cheas de lixo!

 

Unha vez alí puidemos merendar e repoñer forzas para escoitar a interesante charla que nos deu Suso, da asociación ecoloxista ANDUXÍA. El explicounos un montón de cousas sobre o ecosistema da duna, aínda que despois do proxecto que estudamos este curso, había algunhas que xa coñeciamos. 

 

Por último, o profe Jose Ángel preparounos algúns xogos na area. Acabamos moi moi cansos, pero pasámolo xenial.

 

Visita ao composteiro municipal

Hoxe, a rapazada de 4º realizamos a visita comentada e guiada ao composteiro municipal onde observamos o proceso da compostaxe no contexto veciñal. Foi moi interesante e educativo ver as diferencias dese composteiro co do noso cole.

Explicáronnos o traballo da Mestra composteira que vixila o bo funcionamento do proceso. Tamén nos concienciamos da importancia dunha boa reciclaxe.

Dos nosos actos depende o futuro do noso planeta!

 

Distribuir contido