Blogues

CHAMADA DE SOCORRRO DE PAPIRUS!

O alumnado de terceiro, recibio este xoves esta misteriosa carta de Papirus:

 

Por correo tamén chegou esta con pictos:

Así que estas vacacións moitxs imos investigar coas nosas familias. Todo o que faga falta para axudar a nosa benquerida mascota.

Queremos ademais saber máis cousas sobre ECOSISTEMAS,  así que decidimos que despois de vacacións faremos un proxecto sobre este tema.

 

 

 

 

A POESÍA "NO XARDÍN DO POETA" 4º

 

Este trimestre estivemos lendo na aula "NO XARDÍN DO POETA", libro de Antonio García Teijeiro.

Por equipos escolleron dous poemas e fixeron as ilustracións para posteriormente ir recitalos á radio.

Mirade o resultado, parabéns a todxs!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os cociñeiros de 4ºA

A semana pasada, a rapazada de 4ºA cociñamos por equipos varias receitas: pizzas, bizcoitos de iogur, madalenas con pepitas de chocolate e polos de fresa e de moras. Disfrutamos moito da experiencia e o mellor foi papalos ao final, somos todos uns larpeiros!!

Queremoslle dar tamén as gracias á profe Anita que veu a axudarnos! GRACIAS!!

DÍA DA METEOROLOXÍA

No día da meteoroloxía o alumnado de terceiro queremos compartir nesta páxina algunha das cousiñas que fixemos no proxecto que levamos a cabo sobre este tema no segundo trimestre.

Empezamos por un podcast que fixemos sobre refráns meteorolóxicos.

 

Construímos algúns aparellos meteorolóxicos como un anemómetro e un cataventos. Aquí están as protagonistas:

Investigamos tamén sobre todos estes aparellos meteorolóxicos, sobre cambio climático, buratos da capa de ozono, quecemento global, efecto invernadoiro. Tamén sobre a activista Greta Tungberg, ou sobre fenómenos meteorolóxicos adversos como furacáns, ciclóns, secas, inundacións. Interesantísimas as investigacións sobre fenómenos curiosos como a aura boreal, nubes luminiscentes, neve rosa...

Confeccionamos un libro que agora circula por todos os fogares e que logo formará parte da nosa biblioteca de aula, e que podedes ver facendo clic a continuación:

LIBRO 3ºB

LIBRO 3ºA

DÍA DA ÁRBORE

A chegada da primavera tróuxonos tamén a celebración do día da árbore. 

O alumnado de terceiro aproveitamos a ocasión para facer un roteiro polo río Bispo e ver como van medrando as nosas árbores. 

A verdade é que nos enfadamos moito ao comprobar que moitas foran arrincadas.

Tamén nos emocionamos cando encontramos árbores que plantáramos nós mesmas e que estaban medrando sás e fortes.

Encantaríanos que vos animarades a dar paseos paseos pola beira do río bueués e nos axudárades a protexer estas arboriñas porque todo o que nos aportan é bo.

 Esperamos que desfrutedes co seguinte vídeo coas imaxes deste inesquecible día.

 

 

FELIZ COMEZO DE PRIMAVERA!

A ENERXÍA 4ºB

A ENERXÍA

Este trimestre escolleron indagar sobre a enerxía, que é, tipos, propiedades, utilidades... Tamén decidiron facer unha presentación dixital por parellas. 

Neste proxecto traballamos moito as técnicas de estudo, xa que elaboraron os seus propios esquemas e recolleron a información máis relevante. Traballando así a importancia de aprender a aprender.

A estas alturas xa teñen moita soltura tanto na elaboración das súas presentacións coma nas exposicións orais. A vindeira semana irán expoñer polas outras aulas.

PARABÉNS A TODXS!

 

DÍA DA POESÍA

A chegada da primavera coincide coa celebración do día do libro. O alumnado de terceiro aproveitamos para empezar a ler o libro ANIMALARIO DE LER A DIARIO  de Eduard Velasco.

E a mellor maneira de comezalo foi a recitación conxunta do primeiro poema. Mirade que ben o fixemos!

 

REXISTRAMOS O TEMPO METEOROLÓXICO NO COLE

Durante dúas semanas, dende o vinte de febreiro ata o tres de marzo, o alumnado de 6º de Primaria rexistramos as temperaturas e precipitacións que observamos na caseta meteorolóxica.

Nestas semanas recollemos recortes de xornal coas fases da lúa e a porcentaxe (que traballaremos en Matemáticas) da súa visibilidade na noite anterior.

Lembrade, tamén, que xa podemos poñerlle as trampas ás velutinas como o ano pasado.

Agora pasámoslle a testemuña a 5º.

Ata a próxima!

VIAXAMOS A VIGO E VISITAMOS NATURNOVA E O PARQUE DO CASTRO

O XOVES, 16 DE MARZO, VISITAMOS NATURNOVA E O CASTRO DE VIGO

Este xoves fomos a Vigo para facer en NATRUNOVA unha actividade chulísima relacionada con algúns contidos que traballamos na clase de ciencias, como os estados da auga, a biodiversidadedas nosas costas, a contaminacióndos ríos e os mares; así como  a importancia de separar e reciclar o lixo para evitar esa contaminación.

Primeiro, mergullámonos nas augas da ría de Vigo a bordo dun batiscafo moi especial no que, coa axuda duns lentes de visión 3D,  puidemos observar diferentes especies animais e vexetais que habitan os fondos mariños do litoral vigués. Foi alucinante!!

Noutra sala do museo, amosáronnos as consecuencias dos diferentes tipos de contaminación que existen e, na cara oposta, uns experimentos que demostraban como funcionan as enerxías renovables; concretamente, a solar e a eólica.

Ademais, tamén tivemos oportunidade de acceder a outra sala na que descubrir curiosidades sobre os planetas do Sistema Solar.

Ao saír do museo, o autobús levounos ata o Parque do Castro. Por certo, ao subir, vimos moi de preto a ESTATUA DOS CABALOS da PRAZA DE ESPAÑA que aparecía no LIBRO DAS GATIÑAS VIAXEIRAS!!!

Unha vez no Castro, entramos na zona fortificada e desde un dos seus miradoiros, ademais das ILLAS CÍES, albiscamos, na parte baixa do parque, os restos do castro celta que construíron os antigos castrexos e  sobre o cal se asenta a cidade de VIGO.

Logo de merendar, a chuvia deixounos un anaquiño de respiro para gozar dos bambáns que había  dentro do recinto!! Non nos deu tempo a moito, pero pasámolo XENIAL!!!

A maiores das nosas titoras, Clara e Macu, tamén nos acompañou a profe Goretti!! Encántanos a súa compañía!!! Foi unha mañá estupenda!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

VISITA DE ANA ALONSO

A pasada semana veu visitarnos alguén moi especial… a coñecida escritora Ana Alonso. O motivo da visita débese a que ao longo deste trimestre, estivemos lendo e traballando sobre un dos seus libros “LA OSA BLANCA”, en relación ao proxecto sobre animais que estamos a levar a cabo dende as ciencias.

 

Primeiramente, Ana falounos un pouco sobre a súa vida: cando e por qué comezou a escribir, de qué traballaba antes e ahora, que tipo de libros escribe e para quen van dirixidos…

Despois centrouse en explicar un pouco a historia de “LA OSA BLANCA”. Preguntounos moitas cousas pero amosámoslle que estivemos ben atentos e atentas ao seu libro!

Por último puidemos facerlle un montón de preguntas que previamente prepararamos nas aulas coas mestras.  Ana estivo encantada de respondernos e ata nos recomendou outra das súas creacións “LA MOMIA DESPISTADA”, protagonizada polos mesmos personaxes do libro que lemos.

 

Nas fotos podedes ver o desenvolvemento da charla.

Distribuir contido