Blogues

Aquí vai un pouco do noso segundo trimestre

No segundo Trimestre traballamos moito, pero o mellor foi que desfrutamos aprendendo: contacontos na biblioteca, gravacións na radio, proxectos do Clima e dos Ecosistemas das Illas Atlánticas, intercambios con outros cursos... Aquí vai unha mostra!

 https://go.ivoox.com/rf/125653158 Conto: O xigante do pantano.

https://go.ivoox.com/rf/124929732 Conto: Coelliño Branco.

https://go.ivoox.com/rf/124929599 Conto: Sopa verde.

https://go.ivoox.com/rf/124929076 Dani: concerto guitarra

 

Día da Síndrome de Down

O 21 de marzo conmemórase o Día da Síndrome de Down. Aproveitamos esta data para seguir traballando en prol da inclusión e da igualdade. 
A través de dinámicas moi activas e participativas empatizamos coas persoas con esta síndrome que aínda teñen que enfrontarse con barreiras no seu día a día. 
Grazas Asociación Down por compartir con nós o voso tempo! 

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

O 21 de marzo é un día moi especial, porque adoita comezar a primavera e ademais celébrase o día da poesía.

Pero este ano no cole soubemos que o 21 do 3 tamén é o día mundial do síndrome de Down, porque as persoas que nacen con este síndrome   teñen 3 cromosomas no par 21 en vez de dous.

Por iso recibimos a visita da asociación Xuntos Down Pontevedra. O obxectivo foi visibilizar, coñecer e recoñecer esta disCAPACIDADE. Porque diso se tratou, de que empatizaramos con capacidades diversas.

Óscar falounos de como era o seu día a día. Os traballos polos que xa pasou, cales son as súas afeccións e soños.

Metémonos na súa pel, tratando de atar cordóns  con luvas grosas. Decatámonos de que aínda que nos levaba máis tempo podiamos facelo. Tamén tratamos de comunicar mensaxes utilizando outros medios que non fose a lingua oral.

 

Foi unha experiencia inesquecible que nos fixo medrar  en valores.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O alumnado de cuarto estamos levando a cabo un proxecto sobre alimentación.

Este mércores tivemos a sorte de recibir a visita da nutricionista do Centro de Saúde de Bueu.

Falounos da importancia de ter unha dieta saudable na que todos os nutrientes deben ter cabida na medida axeitada.

Contounos a importancia de consumir alimentos saudables, frescos e producidos  cerca de onde vivimos.

Alertounos da perigosidade das dietas de adelgazamento  e incluso nos falou de anorexia e da bulimia. Díxonos que estes trastornos relacionados coa alimentación xa se están dando na rapazada da nosa idade.

 

 

Ciberseguridade!

 

Todo o alumnado do terceiro ciclo xa sabe un pouquiño máis sobre a importancia de facer un uso seguro da Rede, pois non sempre é todo o que parece...

Saída ao museo Massó e sesión de convivencia.

Experimentando co podcast no 8 de maio!

Multixogos

 

MULTIXOGOS

A principios deste ano os coordinadores do programa Xogade convocáronnos para organizar xornadas MULTIXOGOS cos centros da zona. O alumnado da Pedra tocounos reunirnos cos do Ceip de Espiñeira e cos do Ceip de Montemogos. A xornada celebrouse o luns pasado en Aldán e nada máis chegar organizámonos por grupos mixtos de idade e de colexios. Había 8 equipos con nomes elexidos por tódolos centros:  Invencibles, Queixos, Golfiñxs, Trasnxs, Gatiñxs, Matapiollos, Cachalotes e Pingüíns. A xornada constaba de tres partes: presentación e primeira quenda de xogos, descanso para merendar, segunda quenda de xogos e remata con despedida. Pasámolo xenial, coñecemos a nenxs doutros centros e compartimos experiencias e mogollón de xogos divertidos .  Grazas o Ceip de Espiñeira pola súa acollida. Apuntámolo para o ano que ven podelo REPETIR.

8 DE MARZO: CON A DE ASTRÓNOMAS. VISITA AO MUSEO MASSÓ DENDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO

O alumnado cuarto baixamos ao Museo Massó para conmemorar o día da muller.

Asistimos ao obradoiro didáctico "Con A de astrónomas" no que se aborda a achega de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas.  

Dende Hipatia de Alexandría no século IV, Fátima Madrid no século XI ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard, as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Contáronnos do inxustamente que foron tratadas pola  Historia, na que son sempre os homes os que levan os méritos de todos os logros. 

Construímos un planisferio celeste  e agora podemos saber que constelacións se poden ver en cada momento do ano e en cada hora. Encantounos!

Fixemos tamén un recorrido polas salas do museo, que aínda que moitxs xa as coñeciamos, David, o noso guía dounos unha visión feminista  do que viamos, recoñecendo a importancia das mulleres na antiga conserveira e sobre todo o trato discriminatorio que sufrían.

GRAZAS GABRIELA, XISELA, GRACIELA E DAVID! 

VÍDEO DA VISITA

 

 

A de Astrónomas

Con motivo da celebración do día Internacional da Muller (8 de marzo), os terceros realizamos unha visita ao Museo Massó onde ofertaban o taller “Con A de astrónomas”, no que se abordou a importancia da achega de diferentes mulleres astrónomas que foron esquecidas. Desde Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Construimos o noso propio planetario para levar para casa!

Tamén realizamos a visita ao museo, onde ademáis de contarnos a historia da factoría conserveira e a actividade pesqueira, explicáronnos a importancia e as desigualdades do traballo das mulleres naqueles tempos. Impactounos ver nenas e menos da nosa idade traballando naquel entonces.

 

Distribuir contido