Skip to Content

Non nos aclaramoso cos permisos dos albums

Aínda que xa vimos o manual non sabemos onde premer en album na opción usuario??????? para dar permiso e o que nos ocorre e que so os administradores poden subir fotos. Perdoade a nosa ignorancia . Moitas gracias

Permisos de album

Para que outros usuarios podan engadir fotos nun determinado album, tedes que;

Entrar como administrador. Logo ir a "propiedades" do album que vos interese. Logo buscar "Visitantes poden enviar fotos" e poñelo a "si". Con esto os usuarios rexistrados xa poden subir fotos a ese album.

Outra cousa a ter en conta é aposibilidade de ter que aprovar as fotos subidas ou non, e decir, un usuario sube unha foto e queda pendente para aprovar polo administrador e mentras non a aprove non se ve, ou ben xa a sube directamente sen aprovación.

Esto configurase en grupos. Buscamos o grupo que nos interese e na columna de "subir albumes públicos" activamos ou desactivamos a opción de aprovar.

Esto pode ser interesante para facer dous grupos, por exemplo un para profesores que non necesiten aprovación para subir fotos, e outro para alumnos, que sí necesiten aprovación.

 

Non vale cambiarlle o nome

A ver despois de matarnos a cabeza, de buscar as "propiedades de album" por tódolos sitios, e pensar que somos mais burros do que somos, entón un atopa que as famosas propiedades son en realidade "modificar" cada un dos albumes.... Moitas gracias a todos por axudar...

Problemas co idioma

Como podedes imaxinar, o botón "propiedades" vai a depender do idioma que se teña na configuración para que apareza con un nome ou con outro. Por exemplo, si tedes o idioma do Coppermine configurado en inglés, o botón chámase "properties", en galego "propiedades" e en español chámaronlle "modificar". Quen fixo a traducción ó español, igual non escolleu a palabra mais indicada.

 propiedades

As indicacións foron dadas supoñendo que utilizamos o Coppermine en galego.

 

perfecto

Como sempre tes toda a razon , isto lévame a outra preguntiña,Como o poño en galego? Gracias por todo

Poñer Coppermine en galego

Entrando como administrador, no botón de configuración, si entras na segunda opción que é a de Idioma, hai un desplegable para escoller o idioma, neste caso "Galician" e logo vas ao fondo e premes "guardar nueva configuración".

Si esto non funcionase, debido ao navegador, etc. proba a poñer a "si" a opción de mostrar lista de idiomas. Esto fai que apareza un desplegable debaixo do menú principal onde podes escoller o galego. Logo xa podes poñer a "non" a opción de mostrar lista de idiomas.

Un saúdo.

 

 

Moitas gracias

Solucionado e aplicado todo. Gracias de novo.


forum | by Dr. Radut