Comentarios ocultos
É posible configurar os comentarios de modo que non se publiquen ata que un administrador lles dé o permiso oportuno?
(non dou atopado a existencia desa opción).
Gracias de antemán.
- APIs de Blogue
Utiliza Software Libre!
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal |
Moderación de comentarios
En Administrar > Mantemento de usuarios > Control de Acceso:
1.- Tendes activado "crear páxinas de libro" para os roles "alumnado" e "profe" co cal calquera usuario pertencente a ese rol podería engadir "páxinas filla" dos libros en aqueles contidos que esteñan publicados en categorías onde os roles teñan permisos. Esto pode estar ben feito si o que queredes é construir un libro entre varios profes, pero tamén pode ser un despiste.
2.- En "comment módulo" só tendes activado "acceder a comentarios" para o rol administrador, esto quere dicir que ningún usuario que non sexa administrador pode ver os comentarios, nin sequera os publicados por él mesmo. Aquí é convinte activar todos aqueles usuarios que queredes permitir, unha vez aprobados polo administrador, que vexan os comentarios.
Tendes ben configurado "enviar comentarios", xa que a marca está para esa opción e non para "enviar comentarios sen aprobación".
Con todo isto podedes ir a Administrar -> Administración do Contido -> Comentarios, poderedes moderar os comentarios escritos polos diferentes usuarios.
Ánimo e sorte, aquí estamos.
Dúbida resolta