Skip to Content

Hai un número máximo de roles no Drupal

Estamos comezando no Drupal. Y eu tiña a idea de crear un tipo de usuario por departamento para que só puidesen publicar nas páxinas do seu e non fedellar noutras. ¿Hai realmente un límite no número de roles? ¿Pode un usuario ter dous roles simultáneamente? ¿Como estades a organizar esto nos centros? Gracias

Número de roles en Drupal

1-Nº de roles.

Usuarios autenticados pode haber todos os que queiramos. Este mesmo portal xa ten máis de 400 usuarios a día de hoxe. Roles debería haber os menos posibles. Pensar en ter máis de 10 roles sería un suicidio administrativo. Non sería posible administrala. Simplemente pensar que se o espacio web ten 20 termos nos menús e hai 10 roles, unha modificación poderianos facer revisar 200 items no control de acceso. Imaxinemos se fosen máis.

Hai que intentar ter un número reducido de roles. Se arreglamos con cinco non poñer 6.

2-Máis dun rol por usuario:

Sí é posible, e nalgun caso conveniente. Pero hai que ter coidadiño xa que ás veces non se entende porque un usuario pode facer certas funcións e estásenos colando por onde non controlamos.

Pensar que todo usuario ao que lle adxudico un rol, xa ten outros dous por defecto (anónimo e autenticado).

3-Estamos vendo que os centros por norma xeral non pasan de seis ou sete roles. Algúns fixerono e tiveron que cambiar de forma de traballar

4-Quero que cada departamento escriba só no seu espazo.

Non é necesario facer un rol para cada departamento e así impedir que os outros escriban nel. (Está demostrado que esto non ocurre. Todo o contrario, o dificil é que escriban. Logo se xurdisen problemas xa se arreglaría).

A maneira de impedir que un membro dun departamento non escriba noutro e creando o blog de cada departamento e un usuario xeral para cada departamento. É dicir, se creo o blog de Ed.Física e o usuario Profe Ed. Fisica, este rol profe vai escribir só no lugar da web onde se lle indique pero no seu blog só pode escribir el. Os blogs son persoais (de departamento) neste caso.



forum | by Dr. Radut