Skip to Content

Profe pode editar contidos alleos

A verdade é que por erro cargueime o rol profe que ven presefinido, e agora resulta que non consigo evita-la edición de contidos creados por outro usuario. ¿Cómo se pode arranxar, tendo en conta que en Control de Acceso->Node módulo, só están habilitadas as opcións de edición de "own content"?

Profe con permisos de administrar nodos

Problemillas:

1-O rol profe tal como o tiñades (correxino) tiña permisos de "administrar nodos", tendo en conta que os nodos son os contidos, calquera contido, entón o rol profe podía editar todo.

2-O rol profe podía ver todo xa que tiña permisos de "administrar nodos", sen embargo no "taxonomy acces permissions" non tiña acceso.

Cando llesquei o permiso de admnistrr nodos, tiven que darlle permisos en taxonomy acces para dicirlle onde podía exercer ditos permisos. POlo tanto sería bo que repasasedes os permisos en dito lugar para comprobar que sexan os correctos.

Recordade: No "Control de acceso" damos permisos sobre o que pode facer un rol, no "taxonomy acces permissións" damos permisos para onde pode facer esas cousas. 

Importante: cando damos un permiso en "taxonomy access prmissions" temos que volver a "control de acceso" e confirmar dito permiso, simplemente gardando a páxina.

 



forum | by Dr. Radut