Skip to Content

Logos en moodle

Como cambiar os logos nos distintos cursos de moodle

LOGOS EN MOODLE:


No apartado de configuración-temas de moodle hai preinstalados varios temas, algúns deles empregando logos e outros sen eles (só texto)

Os que empregan só texto, poderíanse modificar no código de cada estilo incluíndo logos, pero cada tema é particular e implica incluir o logo en distintos espazos para que o estilo o detecte.
Sen embargo nos temas que xa inclúen logo (cornflower, formal_white, Formal_Blue) normalmente chega con sustituir o logo/s que eles incorporan polo que nos desexemos. Seguramente hai un logo.jpg e un logo_small.jpg cunhas dimensión determinadas e unha cor acorde co tema.
Se vostedes elixen un deses temas (con logo) e dispoñen dun logo poden sustituilo mediante net2ftp no seu espazo web. Tamén se nos envían os logos, nos mesmos llo faremos.

Vamos a facer próximamente unha actualización de Drupal (4.74 a 5.1) e aproveitaremos para engadir tres temas máis para Moodle con logos.


forum | by Dr. Radut