Skip to Content

Artículos

Cargar usuarios dende arquivo externo txt

Características do arquivo de texto:

A primeira liña contén as variables que indican os datos a cargar de cada usuario. 

Cada liña seguinte conten os datos de cada usuario separados por comas

Ex1: Datos mínimos requeridos

username, password, firstname, lastname, email

pepe, 1234, pepe, martinez, pepemartinez@ed.es

juan, 1234, juan, glez, juangonzalez@ed.es

Ex2: Datos opcionais convintes. En caso contrario o administrador terá que cubrilos

institution, department, city, country, lang, auth, timezone

Ex3: Datos tamén opcionais a completar a través do cales se lles pode indicar aos usuarios, os cursos, o tipo de usuarios, se petencen a algún grupo,...

idnumber, icq, phone1, phone2, address, url, description, mailformat, maildisplay, htmleditor, autosubscribe, course1, course2, course3, course4, course5, group1, group2, group3, group4, group5, type1, type2, type3, type4, type5, role1, role2, role3, role4, role5

Notas:

Os tipos en moodle serán (typeX):

Tipo 1= Estudante

Tipo 2= Profesor editor

Tipo 3= Profesor non editor

Se non indicamos tipo, por defecto serán estudantes.

Os cursos son: courseX

Téñase en conta se queremos asignar varios cursos e tipos a un mesmo usuario que course1 está relacionado con type1.

Os campos si/non respóndese na variable con 1/0. Observese no seguinte exemplo válido a variable "maildisplay"

Exemplo válido:

username, password, firstname, lastname, email, lang, idnumber, maildisplay, course1, group1, type1

pepe, 12345, Pepe, Martínez, pm@correo.es, gl, 3663737, 1, Ed.Física, Section 1, 1

tito, ab347, Fernando, González, fergon@correo.es, gl, 6736733, 0, Inglés, Section 3, 3

(Pepe Martínez está matriculado como estudante no curso de Ed. Física e mostra o seu correo)

(Fernando González é profesor non editor do curso de inglés e non fai público o seu correo electrónico)

Importante observar que cada rexistro (usuario) vai nunha liña seguida aínda que aquí pode ser que non se vexa así polos tamaños de pantalla empregados.

O ficheiro deberá estar gardado coa codificación UTF8 para evitar erros na carga de usuarios como por exemplo cortar as cadeas de texto a partires das vogais acentuadas.



by Dr. Radut