Arquivos html
Quero subir unha actividade webquestion que xera un arquivo de extensión htm ou html. Cando o intento dime que non permite subir arquivos desa extensión. Cómo podo facer?
Grazas
- APIs de Blogue
Utiliza Software Libre!
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal |
Actividades WebQuest
Este tipo de actividades son páxinas web (HTML) polo que a forma de subilas sería a través dunha conexión FTP para aloxalas directamente no servidor. Unha vez aloxadas xa se poderían enlazar desde calquera outra páxina para ser chamadas.
Como este tipo de material seguramente non sexa un material informativo, senón un material educativo para o uso do alumnado, o ideal sería aloxalo non no Drupal, senon na Aula Virtual (Moodle) do centro. Desde esa ferramenta, Moodle, pódense subir arquivos de páxinas web (HTML) directamente desde o navegador, sen necesidade de empregar ningunha ferramenta de FTP. Ademáis permite subir arquivos comprimidos (ZIP) para ser descomprimidos unha vez subidos.
Polo tanto, recomendovos que aloxedes estes materiais dentro da Aula Virtual.
Un saúdo.