Skip to Content

Desapareceu o logo

De novo temos problemas co logo da nosa web. Despois de moitos intentos conseguíramos subir o logo persoalizado na web vella, cando cambiou o servidor desapareceunos o logo pero seguimos este consello do foro e solucionouse.

Agora, sen ton nen son, volveu a desaparecer, levamos dende o día 9 de marzo sen logo na web. Non fixemos cambio ningún. Que pasa?

Mirar no servidor

Despois dunha semana seguimos sen contestación.

Alguén pode mirar no servidor si a ruta system/files/b7_logo.png existe? Esto é un pouco desastroso.

Solucionado?

Ola.

Creo que o problema do logo xa está solucionado, ou iso parece obserando a vosa páxina:

IES Universidade Laboral

En caso contrario miraremos que pode pasar. Tamén comentarvos que este espazo é un foro para que todos poidamos, na medida do posible, ir enriquecéndonos coas contribucións e a nosa experiencia. Pero cando se trata de incidencias tamén contades coa canle do asesor/a de zona, asesor/a Abalar. Con este asesor/a podedes poñervos en contacto para que vos resolvan os problemas e non ter que agardar máis tempo do necesario.

Un saúdo.

Cambio de nome de usuario

Por certo, aproveito para comentarvos que vexo que o voso nome de usuario segue a ser iescruceirobalear, pero agora o centro xa ten outra denominación.

Desexades que vos actualice este nome de usuario para acceder a este espazo de Webs dinámicas?



forum | by Dr. Radut