Skip to Content

Artículos

Integrar a galería de Coppermine nun bloque de Drupal

Gustaríame crear un "iframe" nun bloque en Drupal no que se fosen vendo as fotos que temos en Coppermine. Atopei algunhas solucións na rede que aínda non probei pero me gustaría saber se hai algún módulo ou código que permita facelo

Comentarios ocultos

É posible configurar os comentarios de modo que non se publiquen ata que un administrador lles dé o permiso oportuno? (non dou atopado a existencia desa opción). Gracias de antemán.

A xestión dos álbumes cando xa son moi numerosos

Se queremos manter a orde na Galería, cunha boa clasificación das imaxes en álbumes e categorías, despois duns poucos cursos xa é incómodo algo tan básico como subir imaxes. Calquera xestión que se fai cos álbumes implica buscar o que nos interesa nunha longa lista ordeada alfabeticamente. O único atallo e premer a tecla da inicial do álbum que nos interesa, pero pode haber moitos con esa inicial. Haberá algún módulo extra de Coppermine que permita navegar polos álbumes con máis facilidade, ou ben subir un grupo de imaxes a un mesmo álbum de golpe?

Parece que a cousa segue mal.

Xa vin que está solucionado o tema de subir arquivos, pero hai outras cousas por arranxar: Non aparecen os albumes. Só se pode acceder ás fotos a través da opción "últimos envíos". Como usuario autenticado podo editar os álbumes, e xa comprobei que son álbumes públicos. Necesitabamos arranxalo pronto. A ver que se pode facer. En calquera caso, sería de agradecer unha resposta pola vosa parte, aínda que só fose "estamos trabajando en ello..." Graciñas

Só o administrador pode crear álbumes?

Na nosa galería temos creada unha serie de categorías, de xeito que dentro de cada unha de elas se vaian publicando en álbumes as imaxes. Como administrador non hai ningún problema en crear os álbumes que sexan necesarios, sen embargo calquera outro grupo (por exemplo profesorado) non é quen de crear un álbum dentro da categorías creadas, senon que as crea pero sen asignar a ningunha categoría creada, salvo a de albumes persoais. O citado grupo si pode subir sen problemas imaxes os álbumes creados, co cal o administrador se vería obligado a estar creando tantos álbumes como os mestres precisasen en cada momento de xeito que fosen accesibles, ou ben dar acceso como administrador a todos (o cal obviamente sería un alto risco de seguiridade para o sistema). Como alternativa cabería a opcción de que os usuarios do grupo profesorado, puideran crear os seus álbumes como persoais, e logo un administrador se encargara de "movelos" á categoría que correspondese, sen embargo tampouco fomos capaces facelo. ¿Coñecedes algunha solución para o que plantexamos? ¿como estades a enfocar o mantemento da galería de imaxes de existir as limitacións que acabo de comentar? Gracias

Non podo subir fotos

Non sei por que, per ao tratarmos de sibir fotos á galería non deixa. Da sempre mensaxe de erro e non as sube. O caso é que antes de nadal, (en novembro) a cousa funcionaba ben. A ver se nos podedes solucionar o tema. Graciñas

Problema para ver os albums

Restaurei a configuración por defecto e agora non son quen de ver os albúms na páxina principal nin na lista de albums. Eu imaxino que o erro o teño na configuración, parametros xerais. Eu puxen URL del fólder de tu galería coppermine (no 'index.php' o similar al final) http://centros.edu.xunta.es/iesfranciscoaguiar/galeria/ URL de tu pagina de inicio index.php Non cambiei nada máis. As fotografías súbeas, máis non son quén de visualizalos albumes. Gracias de antemán.

Problemas para subir fotos

No mesmo senso que mensaxes anteriores tamén temos problemas para subir imaxes aos álbumes. Poño os pasos dados e envío a imaxe de proba que estamos intentando subir 1) Creamos categoría Curso 2008-2009 2) Creamos dentro dela as seguintes categorías: - infantil 3 anos - infantil 4 anos - infantil 5 anos - primeiro ciclo - segundo ciclo - terceiro ciclo - Actividades do Centro 3) Entramos como admin en infantil 5 anos e creamos un álbum chamado pintando 4) Aplicamos modificaciones y aceptamos 5) Entramos no álbum creado e prememos en "Añadir fichero" 6) En examinar seleccionamos imaxecopermine(a mandamos por email)400x300 e 53,7 kb 7) Clic en cotinuar 8)Mensaxe de resposta 0 archivos subido exitosamente Imposible mover ¿HAi algo mal ou se trata doutro tipo de problema? Grazas anticipadas Envío a imaxe mencionada

Nós tampouco podemos subir fotos a Coppermine

Ocórrenos o mesmo que ó IES de Allariz, ó tentar subir as fotos a Coppermine sempre dí que é imposible mover. Creamos o album e subimos as fotos co mesmo usuario, de feito o admin. ¿Algunha axuda para arranxalo? Gracias de antemán.

Subir vídeos

No meu centro hai varios profesores/as con interese en subir vídeos e mesmo arquivos de son. Cómo subir videos? Por outro lado intentamos ENGADIR FOTOS (non me refiro a "enviar fotos"), pero algo non facemos ben. Subimos as fotos mediante FTP, achámoslas alí pero non podemos adxudicalas a um album nin nada. Moitas grazas desde o IES Sánchez Cantón por vosa inestimable axuda.


by Dr. Radut