Skip to Content

Subir vídeos

No meu centro hai varios profesores/as con interese en subir vídeos e mesmo arquivos de son. Cómo subir videos? Por outro lado intentamos ENGADIR FOTOS (non me refiro a "enviar fotos"), pero algo non facemos ben. Subimos as fotos mediante FTP, achámoslas alí pero non podemos adxudicalas a um album nin nada. Moitas grazas desde o IES Sánchez Cantón por vosa inestimable axuda.

Videos en Coppermine

Efectivamente Coppermine tamén pode almacenar video, pero non ten reproducturoes de video. É dicir, vamos depender do reproductor de video que ten no equipo local o usuario.

Se subimos un video Avi-Divx e o usuario non ten os codecs necesario no seu equipo local non o vai ver.

Na nova actualización de Drupal e Moodle, engadimos un módulo que nos vai permitir ver os videos tipo Youtube. Teremos que adxuntar videos en formato FLV e reproduciranse en calquera equipo.

16:9

Estamos empezando a poñer vídeos na nosa Galería. De momento están todos en formato wmv e se reproducen perfectamente. O único problema que atopamos foi subindo vídeos grabados orixinalmente a 16:9, posto que cando se visualizan a través da Galería aparecen a 4:3 coa correspondente deformación (fóra da Galería o Windows Media Player respeta a proporción). Hai algún truco de configuración para evitar isto?

Enviar fotos

Pasos.

1-Entrar por ftp ou net2ftp no noso espazo web.

2-Ir a galeria/albums e crar un directorio ou carpeta con permisos 755 ou 777 (chmod)

3-Subir á carpeta creada os arquivos de imaxes que desexamosincluir en algún albúm da galería

4-En coppermine, primeiro creamos un album se é necesario e logo premer en Enviar fotos.

5-Abrese unha ventá na que nos invitan a seleccionar a carpeta na que estan as imaxes. Alí seleccionamos as imaxes correspondentes e tamén o album no que as queremos puiblicar

6-Aceptamos e as imaxes engadiránse correctamente



forum | by Dr. Radut