Parece que a cousa segue mal.
Xa vin que está solucionado o tema de subir arquivos, pero hai outras cousas por arranxar:
Non aparecen os albumes. Só se pode acceder ás fotos a través da opción "últimos envíos". Como usuario autenticado podo editar os álbumes, e xa comprobei que son álbumes públicos. Necesitabamos arranxalo pronto. A ver que se pode facer.
En calquera caso, sería de agradecer unha resposta pola vosa parte, aínda que só fose "estamos trabajando en ello..."
Graciñas
- APIs de Blogue
A ver se agora...
Creo que agora xa quedaron os albumes de novo creados, cada un coas súas imaxes.
Comprobade a ver se agora se ven.
Houbo que volver a instalar a galería, co cal se perderon as contas dos usuarios creados, pero as imaxes e os seus albums creo que quedaron restablecidos.
Un saúdo.