Skip to Content

Artículos

Profundizando - Sub Categories

Acochar bloques 1

Pode que desexemos acochar bloques cando entramos nun determinado menú, tipo de contido ou documento. Unha maneira moi sinxela de acochalos é ir á ruta Administrar » Construcción da páxina  » Bloques e alí engadir o nome das rutas nas que quero que un determinado bloque se acoche ou se mostre.
Observemos a imaxe:

taxonomy_menu/8/41 é a ruta dun determinado menú.
node/173 é a ruta dun documento ou páxina.
<front> é a páxina principal.

Neste caso, o menú ao que lle estou dando esas propiedades, cando selecciones ditas páxinas non se verá. Desaparecerá da pantalla.

Control de acceso: ver, editar, crear

É necesario crear ROLES, dar PERMISOS e CATEGORIZAR PERMISOS

Na ruta Administrar » Mantenemento de usuarios » Roles creamos os roles que consideramos necesarios para o centro. Os menos posible. Máis de 6 xa sería difícil de controlar

Na ruta Administrar » Mantenemento de usuarios » Control de acceso dámoslle a cada rol a potencialidade e posibilidade de traballar con centros módulos: crear páxinas, foros, imaxes

Na ruta Administrar » Mantenemento de usuarios » Taxonomy access: permissións vamos a controlar o acceso dos roles as dintintas partes dos menús para poder publicar, modificar ou borrar,

Crear páxinas, libros, artículos.... pode estar permitido a usuarios autenticados pero temos que limitarlle onde publicalos.

Ver-Actualizar-Borrar - Create- Lista

Os tres primeiros vanlle a permitir ao usuario realizar esas funcións cun determinado contido.

Os dous últimos - Create e Lista - vanlle a permitir ou non a un usuario crear contidos para un menu ou ver (listar) un menú.

A-I-D
A=confirma o permiso
I=espera que se de ou non permiso, pero se non se cambia denega o permiso.
D=permido denegado

Cousas e cousiñas:

Se a un usuario non lle permito LISTAR un menú, non vou a ver nin o menú nin os contidos anque estes teñan o permido de ver.

Se a un usuario lle permito LISTAR un menú pero non ver os contidos, verei os menús pero non accedo aos documento

TAXONOMY ACCESS: PERMISSIONS regula o acceso a menús creados en base a categorías.

Con CONTROL DE ACCESO e TAXONOMY ACCESS podemos regular e controlar o acceso dos usuarios a todos os contidos e menús do espazo web sen necesidade de máis barreiras, sempre e cando sigamos o modelo de construccións de menús baseados en categorias como propoñemos

Uncategorized nodes

Son os contidos que non publicamos en ningunha categoría e que promocionamos na páxina principal. Podemos regular o acceso de cada rol par ver-actualizar-borrar

MOI IMPORTANTE

Sempre que creemos unha categoría nova, cos seus termos e logo publiquemos o bloque, por defecto os roles usuario-anónimo e usuario_atenticado collen os permisos de listar-crear e ver. polo que todos os usuarios adquiren ditos permisos.

Polo tanto, é fundamentar editar os permisos dos roles anonimous_user e autenticates_user

MÁIS IMPORTANTE AÍNDA:

Sempre que estableza permisos en TAXOM¡NOMY ACCES, logo teño que pasar por CONTROL DE ACCESO  e confirmar os permisos simplemente abrindo e gardando, só así se actualizarán. 

Comentarios con e sin

Para poder emitir comentarios a un contido, ten que estar o módulo  comment activado.

Ademais teñen que estar nos tipos de contido tamén habilitados con lectura e escritura.

Igualmente, en control de acceso-permisos o rol do usuario correspondente tamén estará marcado.

Debemos observar ademais que poderemos habilitar para comentarios con e sin aprobación.

Os comentarios sen aprobación veránse inmediatamente, pero os comentarios que necesitan validación pasan á cola de aprobación.

Para examinar a cola, os usuarios que teñan permiso de administración de comentarios irán á ruta :

administrar-comentarios, e alí verán tódolos comentarios que precisan ser avaliados e que unha vez chequeados e aprobados pasaran a ser publicados.

Menús basados en categorías

Propoñemos crear menús basándonos nas taxonomías. Facémolo así porque Drupal dispón de uns módulos que nos van a permitir crear eses menús e controlar o acceso a eles tanto para publicar como para ver ou editar os seus contidos.

O proceso é un tanto laborioso pero sinxelo unha vez entendido.

1 - Creamos categorías:

Administrar » Administración do contido » Categorías: Engadímos vocabulario e indicamos:

tipos de contido que van a poder publicarse dentro dese vocabulario (normalmente todos menos foros)

Xerarquía simple: vainos a permitir facer menús dentro de menú

Etiquetado libre: se o marcase non serían necesario termos nese vocabulario. Cando crease o contido poría o nome do termo ou menú.

Selección múltiple: se o marcamos permitenos que un mesmo contido figure en varios apartados dese menú. Normalmente non se marca.

Requerido: implicaría que sería un lugar obligatorio de publicación de calquera contido. Non se debería marcar normalmente

2 - Ao vocabulario engadido creámoslle termos. Os termos son os distintos apartados do menú. Damoslle un nome e un peso para que conserven unha orde. Os termos de menos peso estarán máis arriba.

3 - Unha vez creada a categoría, co seu vocabulario e os seus termos, teremos que realizar unha acción que nos vai a permitir empregar ou converter esta categoría nun menú.

Accedemos á opción Administrar » Configuración da páxina » Taxonomías - Menús. Añí veremos que todas as categorías creadas previamente teñen seleccionada a opción Normal, mentres que a da categoría recén creada ten seleccionada por defecto a opción Non. Debemos, pois, marcar a opción Normal para que esta Taxonomía se converta nun Menú.

4 - Na ruta Administrar » Construcción da páxina » Menús » Engadir menús engadimos menú.

Fixarse que dito menú aparece ao final da páxina de menús

5 - Nesa mesma páxina de menús, buscamos dentro do menú de Navegación a categoría creada cos seus termos.

Ahí mesmo, prememos en editar ese vocabulario, ábrirase unha ventá na que temos que ir ao desplegable elemento pai (Navegación) e asignámoslle o nome do menú que fixemos.

Se fixemos ben as cousas veremos que o vocabulario e os termos agora están dentro do menú creado.

Menú

  • Vocabulario (Categoría)

Termo1
Termo2
Termo3

Normalmente desactivamos o vocabulario dentro do menú para que se vexan so os termos salvo no caso de que ditos termos non estén expandidos. Se están expandidos non soe ter sentido que esté activo o vocabulario.

Se desactivamos a categoría os termos expándense automaticamente.

5 - Bloques.

Se fixemos todo correctamente vamos á ruta Administrar » Construcción da páxina » Bloques e apareceranos un bloque co mesmo nome que o menú creado, coa categoría dentro se non está desactivada e os termos correspondente.

Agora so nos queda marcar dito bloque endicar onde o queremos: arriba, abaixo, dreira ou esquerda.

Resumindo:

Creamos unha Categoría cos seus termos. Marcanos na opción de Taxonomías-Menús a opción Normal para que a cetegoría actúe como Menú. Logo creamos un menú no que facemos que navegue a categoría (Metemos a categoría cos termos dentro do menú). Con elo xa temos un bloque, que teremos que activar para que se vexa.

O aspecto da web

Os temas son os que van a determinar básicamente os aspecto da nosa web.

A cor, o encabezado, a forma dos bloques, o tipo de letra virá determinado polo tema elexido.

Nos temas nos poderemos incluir un encabezado ou logo personalizado.

Tamén podemos intervir na situación dos bloques e por suposto na configuración dos menús.

Nas actualizacións os temas non valen dunhas versións para outras. Así os da 4.xx non funcionan na 5.xx. Esto provoca que algúns espazos webs non poidan conservar o aspecto cando se actualiza a novas versións.

Temas incorporados na versión 5.1:

Andreas01-2Col-a, Andreas01-2Col-b, Andreas01-3Col, B7, B7 Brown, B7 Green, Pleroma, Amadou, andreas01, andreas09, aquasoft, barrón, barróness, bluebreeze, bluebreeze-fixed, bluemarine, box_cleanslate, box_grey, chameleon, channel_nine, garland, golden_hour, interlaced, marvin, minnelli, newsportal, pushbutton, slash, slash_black, slash_blue, slash_green, slash_laran, slash_special

Para elixir un tema teremos que seguir a ruta:

administrar-contrucción da páxina-Plantillas (temas)

Agora podemos seleccionr os temas e que a nosa web teña ese por defecto.

É importante tamén ir a opción configurar e sobre todo determinar a opcións globais xa que aquí poderemos Activa o desactiva o texto "enviado por Usuario en data" cando se amosan os envíos do tipo seguinte.

Deste xeito os envios poderán levar ou non a data e o nome de quen os creou

Tamén aquí se cargará o logo personalizado para cada tema.



by Dr. Radut