Taboleiro

Inicio das actividades lectivas (curso 2013-2014)

Tal como recolle o artigo 5.2 da Orde do 24 de maio de 2013, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013-2014, o inicio das actividades lectivas na educación secundaria obrigatoria (ESO), no Bacharelato e na Formación Profesional terá lugar o día 16 de setembro. En datas previas a ese día de inicio informarase ao alumnado matriculado no centro do horario de incorporación a cada nivel.

Programa Eduemprende Avanza 2013.

A convocatoria deste programa ten como finalidade o fomento do espírito emprendedor e as iniciativas empresariais no sistema educativo de Galicia. Para acadar este obxectivo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza un seminario dirixido ao alumnado con calidades emprendedoras onde se recibe unha formación práctica en distintos talleres de como concretar e deseñar un plan de empresa e se facilita a oportunidade de acceder á rede de viveiros de empresa dos centros educativos de Galicia.

O programa está dirixido a:

  • Alumnado de ciclos formativos de formación profesional, ensinanzas artísticas, ensinanzas deportivas ou bacharelato matriculado nun centro educativo sostido con fondos públicos.
  • Persoas que finalizaron os seus estudios de calquera destas ensinanzas nos derradeiros 4 anos.

- Máis información

- Solicitude de participación

Prazo para solicitudes de participación aberto ata o 17 de setembro de 2013.

http://www.edu.xunta.es/fp/programa-eduemprende-avanza-2013

Listaxes provisionais de seleccionados/as axudas para a realización de actividades en linguas estranxeiras

Ven, 07/06/2013 - 14:10

Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes. Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Ábrese un prazo de 10 días naturais (do 8 de xuño ata o 17 de xuño, ambos incluídos) para que os/as solicitantes, que así o desexen, formulen reclamacións, que deberán ser remitidas, preferentemente por correo (presentando o sobre aberto, para que a reclamación sexa datada e selada por Correos), á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, empregando o modelo de instancia seguinte e xuntando, de selo caso, a documentación xustificativa que corresponda.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013

 NOTA INFORMATIVA DO 7 DE XUÑO:

Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes.
Ábrese un prazo de 10 días naturais (
do 8 de xuño ata o 17 de xuño, ambos incluídos) para que os/as solicitantes, que así o desexen, formulen reclamacións, que deberán ser remitidas, preferentemente por correo (presentando o sobre aberto, para que a reclamación sexa datada e selada por Correos), á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, empregando o modelo de instancia seguinte e xuntando, de selo caso, a documentación xustificativa que corresponda.

Modelo de instancia. Acceso.

Relación de listaxes:

Anexo I: listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes, ordenados por puntuación:

1º ESO. Acceso

2º ESO. Acceso

3º ESO. Acceso

4º ESO. Acceso

1º Bach. Acceso

2º Bach. Acceso

Ciclos Formativos. Acceso

Anexo II: listaxe de solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto especificada no estado “14. Requirimentos pendentes”- Acceso

Anexo III: listaxe de solicitudes excluídas, segundo o artigo 12.2 da Orde de convocatoria. Acceso

Anexo IV: Solicitudes excluídas por fóra de prazo:  Acceso.

Anexo V- Solicitudes excluídas por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3 da Orde de convocatoria. Acceso.

 

Aclaracións sobre as reclamacións:

a) Solicitude validada e non aparece nas listaxes:

No caso de que a solicitude non conste no Anexo I (seleccionados/as ou suplentes) e que o estado da mesma sexa “5 Solicitude validada. Documentación correcta”, comprobándose o seu estado na páxina web do programa (“estado solicitude”), poderán presentar reclamación empregando o modelo de instancia de reclamación e xustificando documentalmente os seus ingresos, segundo consta no artigo 6.1.c) da Orde de convocatoria:

- Certificación individual, expedida pola Axencia de Administración Tributaria, na que consten os ingresos correspondentes ao exercicio de 2011 das persoas que figuran como asinantes do Anexo III (pai, nai, titor, titora, etc.).

b) Non aparece nas listaxes e o seu estado é "14. Requirimentos pendentes":

No caso de que a solicitude non conste no Anexo I (seleccionados/as o suplentes) e que o estado da mesma sexa “14 Requirimentos pendentes”, comprobándose o seu estado na páxina web do programa (“estado solicitude”), deberán facer achega da seguinte documentación:

- Certificación de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, expedida pola Axencia Tributaria de Galicia.

 Neste caso, así mesmo, pode constar a necesidade de achega da Certificación da Axencia de Administración Tributaria, aparte da correspondente a non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia.

 

As adxudicacións indicadas nestas listaxes provisionais atópanse condicionadas á información sobre débedas que facilite a Tesourería Xeral da Seguridade Social.

 https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Probas de acceso a ciclos de grao medio 2013: Listaxe provisional de cualificacións

Listaxe das cualificacións provisorias das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

- Listaxe provisoria
Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 6 ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
Nota. Para a elaboración da listaxe provisional de cualificacións, o tribunal único tivo en conta e resolveu a posibilidade de confusión dos participantes ao cubrir as columnas correspondentes ás materias de lingua galega e lingua castelá na folla de respostas, debido a que tiñan unha ordenación distinta a establecida nos cuestionarios de exame.

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes2013

Orde do 3 de maio de 2013 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2013/14.

  • O prazo de presentación das solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Ademais, establécese un prazo extraordinario de presentación de solicitudes durante a primeira quincena do mes de setembro, para o suposto de ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde.
  • Así mesmo, poderá presentar solicitudes durante este prazo extraordinario o alumnado que realice ciclos formativos e, excepcionalmente no curso académico 2013/14, o de bacharelato.
  • Excepcionalmente e con respecto aos estudos universitarios, solicitarán praza só para o curso 2013/14, tendo en conta que o curso escolar durará o que se especifique no calendario escolar que esta consellería publicará no DOG no seu momento e que, en todo caso, os centros residenciais docentes pecharán as súas portas antes do 30 de xuño de 2014.
Será necesario que os estudos para os cales solicita a praza de residencia non os poida cursar na localidade de residencia da unidade familiar por non existir un
centro sostido con fondos públicos que os imparta, nin nunha localidade próxima, ou porque a distancia entre este e o domicilio familiar e os medios de comunicación dispoñibles
impidan un acceso diario con facilidade.
As solicitudes faranse no modelo do anexo II desta orde, irán dirixidas á dirección do centro residencial docente e poderán presentarse directamente neste ou en calquera dos
lugares indicados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
1. Certificado do padrón municipal en que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel, e no cal deberá constar o número de habitantes da entidade de
poboación.
2. Certificación dos servizos sociais que xustifique ou acredite que na localidade de residencia da unidade familiar concorren as circunstancias a que se refire o último parágrafo
do artigo 3.2 desta orde ou as situacións excepcionais reflectidas no segundo parágrafo do mesmo artigo.
3. Documentación necesaria para xustificar que a renda da unidade familiar reúne os requisitos exixidos no artigo 3 desta orde.
4. Certificado oficial das notas obtidas no curso escolar 2011/12.
5. As persoas interesadas autorizarán expresamente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para solicitar ante o Sistema de verificación de datos de
identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a información de identidade
persoal necesaria para o procedemento de adxudicación de prazas.
A resolución de adxudicación provisional, a relación de suplentes e a relación de excluídos por non acadaren a puntuación mínima publicarase na páxina web da consellería
de educación antes do 15 de xuño de 2013, e indicará o centro asignado e se a praza é totalmente gratuíta ou, de ser o caso, o importe que tería que aboar o adxudicatario provisional,
e, así mesmo, que contra ela as persoas interesadas poderán formular reclamación ante a propia comisión no prazo de 10 días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Orde do 3 de maio de 2013: Convocatoria de prazas nos CRDs da Coruña, Ourense e Vigo (DOG)

CONVOCADAS 3 PRAZAS DE DELINEANTE NO CONCELLO DE LUGO

O concello de Lugo convoca 3 prazas de delineante polo sistema de oposición.O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE do 7 de maio de 2013.

Publicación das listaxes : estado das solicitudes axudasle,Inmersión lingüística

Mar, 14/05/2013 - 13:05

Segundo o disposto no artigo 12.1 da Orde de convocatoria, publícanse as listaxes correspondentes ao estado das solicitudes: solicitudes admitidas; solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto e solicitudes excluídas, facendo constar as causas de exclusión.

Consultar a nota informativa do 14 de maio da páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2012/2013

Reclamacións no centro. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: 28 e 29 de maio de 2013 (ata as 14 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2013 (ata as 14 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 3 de xuño de 2013.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 19 horas do día 9 de setembro de 2013.

Recepción do expediente na comisión de supervisión. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14 horas do día 4 de xuño de 2013.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14 horas do día 10 de setembro de 2013.

 

PAU: Sistema de Cualificación e Nota de Admisión

1. Cualificación da Fase Xeral

Cada un dos exercicios da Fase Xeral cualificarase entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais.

A cualificación da Fase Xeral será a media aritmética de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, redondeada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

A cualificación da FaseXeral terá validez indefinida, sempre que se teña superada a PAU.

2. Cualificación das materias da Fase Específica

Cada unha das materias da Fase Específica das que se examine o estudante será cualificada entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais.

Considerarase superada cada unha das materias da Fase Específica das que se examine o estudante cando se obteña unha cualificación igual ou superior a cinco (≥ 5) puntos.

Non se ponderará a cualificación obtida nunha materia cando non se acade nesta unha puntuación igual ou superior a cinco (≥ 5) puntos.

Aos efectos do acceso á universidade, a cualificación das materias da fase específica terá validez durante os dous cursos académicos seguintes a súa superación; así, por exemplo, para alguén que superase a Fase Específica da PAU nalgunha das convocatorias do ano 2011, a validez desta será para o acceso no curso 2011-2012 e 2012-2013.

3.- Superación da PAU

O acceso á universidade española, tanto pública como privada, para cursar as ensinanzas conducentes á obtención dos distintos títulos das ensinanzas universitarias oficiais de grao, con validez en todo o territorio nacional, requirirá, con carácter xeral, a superación da proba, sen prexuízo dos outros supostos previstos no artigo 3 do RD 1892/2008, do 14 de novembro, polo que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas.

Considerarase superada a Proba de Acceso á Universidade cando o estudante obtivese unha nota igual ou superior a cinco (≥ 5) puntos como resultado da media ponderada do 60 por 100 da nota media do bacharelato e o 40 por 100 da cualificación da Fase Xeral, sempre que se obtivese un mínimo de 4 puntos na cualificación da Fase Xeral.

A nota media do bacharelato será a media aritmética das cualificacións de todas as materias, (agás a cualificación obtida nas ensinanzas de relixión), expresada con dúas cifras decimais e redondeada á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

1. Para estudantes de bacharelato que superen a PAU regulada polo
RD 1892/2008, do 14 de novembro:

Nota de admisión = 0,6 * NMB + 0,4 * CFX + a * M1 + b * M2
NMB =

Nota media do bacharelato

CFX =

Cualificación da Fase Xeral da PAU

M1, M2 =
Cualificacións dun máximo de dúas das materias da Fase Específica das que se examinase o alumno/a que proporcionen mellor nota de acceso.
a, b =

Parámetros de ponderación das materias da Fase Específica

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias da Fase Específica no caso de que as devanditas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se queira ser admitido, de acordo cos parámetros de ponderación establecidos polas tres universidades do SUG para o acceso aos cursos académicos 2011-2012, que fixo públicos a CiUG e están recollidos no Anexo I da ORDE do 25 de marzo de 2011, pola que nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da Fase Específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia no curso 2011-2012 (DOG do 10 de maio).

2.- Para estudantes de Formación Profesional:

Aqueles que estean en posesión dos títulos de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño, ou técnico deportivo superior a que se refiren os artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio de Educación, ou títulos equivalentes, poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, sen necesidade de proba.

Tal e como se establece no Real Decreto 558/2010, de 7 de maio, a partir da admisión para o curso 2011-2012 os estudantes que estean en posesión dos títulos de Técnico Superior, Técnico Superior Deportivo ou Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño que desexen solicitar a admisión a ensinanzas universitarias nas que se produza un procedemento de concorrencia competitiva (é dicir, que haxa máis solicitudes ca prazas ofertadas), poderán presentarse á fase específica para mellorar a nota de admisión. Neste caso, as universidades públicas utilizarán para a adxudicación de prazas a nota de admisión que corresponda, que se calculará coa seguinte formula:

Nota de admisión = NMC + a * M1 + b * M2
NMC =

Nota media do Ciclo Formativo de Grao Superior

M1, M2 =
Cualificacións dun máximo de dúas das materias da Fase Específica das que se examinase o alumno/a que proporcionen mellor nota de acceso.
a, b =

Parámetros de ponderación das materias da Fase Específica

De conformidade co artigo 54.2 do Real Decreto 1892/2008, a adxudicación de prazas farase en función da nota de admisión ás ensinanzas universitarias obtidas polo estudante conforme ó disposto no artigo 26. En todo caso, cando se produza empate para a adxudicación de prazas, terán opción preferente os estudantes cuxos títulos estean adscritos ás ramas de coñecemento nas que se atopen as ensinanzas de grao que desexen cursar.

3.- Para estudantes que teñan superada a PAU segundo normativas
anteriores á establecida pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio:

A nota de admisión será a cualificación definitiva para o acceso á universidade que obtivesen no seu momento. Non obstante o anterior, poderán presentarse á fase específica da PAU establecida polo RD 1892/2008, do 14 de novembro, e a nota de admisión calcularase do seguinte xeito:

Nota de admisión = CDA + a * M1 + b * M2
CDA =
Cualificación definitiva de acceso acadada con anterioridade.
M1, M2 =
Cualificacións dun máximo de dúas das materias da Fase Específica das que se examinase o alumno/a que proporcionen mellor nota de acceso.
a, b =

Parámetros de ponderación das materias da Fase Específica

A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias da Fase Específica no caso de que estas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título ao que se queira seren admitido, de acordo cos parámetros de ponderación establecidos polas tres universidades do SUG para o acceso aos cursos académicos 2011-2012, que fixo públicos a CiUG e están recollidos no Anexo I da ORDE do 25 de marzo de 2011, pola que nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da Fase Específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia no curso 2011-2012 (DOG do 10 de maio).

4.- Outros colectivos

Para outros colectivos aplicarase o establecido na lexislación vixente.

 

Procedemento para matricularse na universidade

1.- PRIMEIRA CONVOCATORIA DE MATRÍCULA

Se o solicitante aparece convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberase matricular no prazo establecido, do contrario perderá todos os seus dereitos.

Se o solicitante aparece convocado/a para matricularse nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia, poderá esperar a matricularse nela en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. No caso de matricularse nela ou en calquera outra titulación sen límite de prazas, decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con límite de prazas.

2.- SUCESIVAS CONVOCATORIAS DE MATRÍCULA

Despois da primeira convocatoria de matrícula poden quedar prazas vacantes como consecuencia de que algún dos alumnos convocados non formalice a súa matrícula. Neste caso, sobre as prazas vacantes realizarase unha reasignación automática de acordo cos mesmos criterios cos que se fixo a primeira convocatoria e convocaranse aos alumnos para formalizar a matrícula, nos sucesivos prazos sinalados no calendario de matrícula.

As sucesivas convocatorias de matrícula anunciaranse nos LERD, na CiUG e na páxina web da CiUG.

Nestas convocatorias sucesivas o alumnado pódese atopar nos seguintes supostos:

* Se o alumno/a é convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá todos os seus dereitos.

Nota: Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumno/a solicitou no primeiro lugar ou en lugares sucesivos no caso de se esgotaren as prazas ("peche") das titulacións solicitadas nas primeiras preferencias.

* Se o alumno/a é convocado/a para matricularse nunha titulación de menor preferencia, poderá facer a matrícula ou non.

De facela, a matrícula considerarase firme e non terá a oportunidade de cambiarse a outra titulación.
De non facela, poderá esperar a matricularse nunha titulación de maior preferencia ata o peche da matrícula nestas, o que se anunciará coa publicación dos sucesivos listados de admitidos e de espera.

O peche de matrícula dunha determinada titulación implica a desaparición automática das listas de espera, de xeito que non se volverá a abrir de novo a matrícula desa titulación.

Subir nota:PAU

1.- Estudantes españois ou estranxeiros asimilables:

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.

Os estudantes poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación de calquera das materias da fase específica. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior, e tendo en conta o período de validez de superación das materias de modalidade da fase específica establecido no número 2 do artigo 11º da Orde do 24.03.2011 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Nas sucesivas convocatorias a proba de acceso realizarase na universidade pública á que estea adscrito, ós indicados efectos, o centro de educación secundaria no que superasen o segundo curso de bacharelato ou na universidade á que estea adscrito o instituto de educación secundaria máis próximo ao seu lugar de residencia.

2.- Estudantes non nacionais procedentes de sistemas educativos estranxeiros con estudios homologables ao título de bacharelato español:

Os estudantes procedentes de sistemas educativos estranxeiros con estudios homologables ó título de bacharelato español poderán presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral ou de calquera das materias da fase específica. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior. Nas sucesivas convocatorias a proba de acceso realizarase nalgún centro de exame da UNED, conforme ao descrito no artigo 3.2. da Orde EDU/473/2010, de 26 de febreiro, pola que se establece o procedemento de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao, para os estudantes procedentes de sistemas educativos estranxeiros con estudios homologables ó título de bacharelato español.

 

Reclamación e/ou Segunda Corrección:PAU

Sobre a cualificación outorgada de cada materia despois da primeira corrección e no prazo de tres días hábiles contados a partir da data de publicación das cualificacións, cada estudante poderá presentar solicitude de:

  • Reclamación
  • Segunda corrección

As solicitudes de reclamación e segunda corrección poderán presentarse no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) no cal se entregou a solicitude de matrícula para a PAU, empregando os impresos específicos a tal efecto, ou a través da aplicación informática NERTA, non sendo preciso neste caso a entrega das solicitudes nos LERD. Para iso é necesario o código de acceso dos resgardo de matrícula para a PAU.

  • 1. Reclamación:

Unha vez publicadas as cualificacións provisionais, o alumnado poderá presentar unha solicitude de reclamación ante a Comisión Organizadora das PAU sobre a cualificación outorgada a cada unha das materias das que se fixese exame naqueles exercicios nos que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección.

Os exercicios sobre os que se solicite reclamación serán revisados co obxecto de verificar que todas as cuestións fosen avaliadas cunha correcta aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección, así como a comprobación de que non existen erros materiais no proceso de cálculo da cualificación outorgada.

A cualificación definitiva da materia ou materias obxecto da reclamación será a que resulte do antedito proceso de revisión, sempre que esta sexa superior á outorgada na primeira corrección, agás nos casos de erros materiais de cálculo da cualificación, no que a cualificación será a que resulte do cálculo correcto.

A presentación de reclamación excluirá a posibilidade de solicitar a dobre corrección.

Convocatoria PAU 2013

Reclamacións
XUÑO
SETEMBRO
Prazo de solicitude
22-26 xuño 30 setembro - 2 outubro
Resolución
28 xuño 4 outubro
  1. 2. Segunda corrección:

Publicadas as cualificacións provisionais, o alumnado poderá presentar, ante o presidente do Tribunal, solicitude dunha segunda corrección [segunda corrección] dos exercicios nos que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección.

Os exercicios sobre os que se presente unha solicitude de segunda corrección serán corrixidos por un profesor ou profesora especialista distinto ao que levou a cabo a primeira corrección.

A cualificación resultará da media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas correccións. No suposto de que existise unha diferenza de 2 ou máis puntos entre as dúas cualificacións, o tribunal efectuará, de oficio, unha terceira corrección. A cualificación final será a media aritmética das tres cualificacións.

Este procedemento efectuarase no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de finalización do prazo establecido anteriormente.

Sobre a cualificación outorgada despois do proceso de segunda corrección, o estudante poderá presentar reclamación ante a Comisión Organizadora, no prazo de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación da resolución da segunda corrección. A cualificación definitiva será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior a outorgada na segunda corrección.

Convocatoria PAU 2013

2ª Corrección
XUÑO
SETEMBRO
Prazo de solicitude
22-26 xuño 30 setembro - 2 outubro
Resolución
28 xuño 4 outubro
Solicitude de reclamación
1-3 xullo 7-9 outubro
Cualificacións definitivas
4 xullo 10 outubro

3.- Outros recursos:

Contra a resolucións adoptadas pola Comisión Organizadora, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, no prazo dun mes, recurso potestativo de reposición perante a propia comisión. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición.

FP DUAL

El conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, y el presidente de la empresa Unidad de Vehículos Industriales S.A. (UNVI), Emilio Pérez Nieto, han firmado  un convenio para avanzar en la implantación de la Formación Profesional (FP) dual en Galicia con un ciclo de técnico de carrocería.

La Xunta ha informado  en un comunicado del proyecto, el segundo de estas características en la comunidad, que supondrá la creación de 15 nuevas plazas para cursar esta modalidad remunerada el ciclo medio correspondiente al título de técnico en carrocería en el IES Universidade Laboral de Ourense desde el próximo curso.

Con anterioridad, la Consellería, Coremain y el CIFP Politécnico de Santiago abordaron el primer proyecto de este tipo para otros 15 estudiantes y el título de técnico superior de sistemas de telecomunicaciones e informáticos.

La FP dual combina la formación curricular con el trabajo remunerado en una empresa, en la que además los alumnos reciben formación complementaria a la establecida en el currículo formativo correspondiente, con el fin de reforzar su preparación y mejorar su empleabilidad.

Esta experiencia pionera de FP dual en Ourense tendrá una duración de 5.280 horas en tres cursos, de las que 1.989 serán de formación, 1.590 corresponderán a formación curricular para obtener el título de formación profesional y 399 de formación complementaria propia da empresa.

Además, los alumnos realizarán 3.291 horas de trabajo efectivo y, ese tiempo, lo harán al amparo de un contrato para la formación y el aprendizaje.

FP EMPRESA

Servicios para los ALUMN@S O TITULAD@S EN FP.http://www.fpempresa.com/Servicios

(10/05/2013) Probas de acceso grao superior. Listaxe provisional de cualificacións

enlace: www.edu.xunta.es/fp

Listaxe provisoria
Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 13 ao 15 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Información xeral das probas de acceso a grao superior

Modelo de reclamación ás cualificacións das probas de acceso a grao superior

CONFIRMADA - Charla sobre comunicación cos nosos fillos adolescentes

CONFÍRMASE QUE FINALMENTE A CHARLA TERÁ LUGAR O VINDEIRO MARTES 28 DE MAIO DE 20.30 A 21.30 HORAS NA AULA 27 (2º ANDAR DO INSTITUTO).

 O instituto e a ANPA El Pino están a organizar para as familias dos alumnos unha charla informativa sobre comunicación cos nosos fillos adolescentes. Esta actividade será desenvolvida por colaboradores de Cruz Vermella e terá lugar no Salón de Actos do centro o vindeiro martes 28 de maio entre as 20.30 e as 21.30 horas, aínda que se podería estender un pouco máis en función do grao de participación dos asistentes. Para que esta actividade quede organizada de xeito definitivo é preciso que se inscriban un mínimo de vinte e cinco persoas. Polo tanto, co fin de saber se contamos cun número de persoas o suficientemente numeroso, dende o equipo directivo pedímoslles ás familias interesadas en participar nesta charla que nolo confirmen a través dos seguintes medios: 

       .- devolución da carta entregada polo centro ós alumnos;

       .- teléfono do centro: 986863612 (preguntar por Óscar Pedrido, vicedirector);
       .- correo electrónico: ies.torrente.ballester@edu.xunta.es 

A data límite para comunicar o interese en participar na charla é o vindeiro luns 20 de maio.

Visita ó IES de Montecelo

Hai uns días un grupo de alumnos do instituto visitou o IES de Montecelo, co fin de coñecer os títulos de PCPI que alí se ofrecen e as instalacións onde se imparten. Aquí queda unha imaxe desta actividade.

Distribuir contido