Taboleiro
Comezo das actividades lectivas curso 2024/2025
O comezo das actividades lectivas do curso 2024-2025 será o mércores día 11 de setembro de 2024 co seguinte horario:
- 8:30 - 9:20 - Presentación.
- O alumnado de 1º de ESO e 2º de ESO acudirá ao Salón de Actos.
- O alumnado de Ciclo formativo acudirá á súa aula.
- O alumnado de 3º ESO - 4º ESO - 1º BAC e 2º BAC esperará no patio as instruccións para subir a súa aula.
- 9:20 - 14:10 - Clases normais para todo o alumnado.
Ese día o servizo de transporte escolar funcionará con normalidade.
Entrega de notas curso 2023/2024
A entrega de notas da avaliación ordinaria para os grupos da ESO e extraordinaria para os grupos de 1º de Bacharelato serán o martes 25 de xuño no seguinte horario:
- 09:30 h.: 1º Bacharelato.
- 10:00 h.: 4º ESO.
- 10:30 h.: 3º ESO.
- 11:00 h.: 2º ESO.
- 11:30 h.: 1º ESO.
O alumnado esperará no hall de entrada onde se lle indicará a aula na que se realizará a entrega de notas.
Entrega de notas convocatoria extraordinaria 2º BAC
Informamos que a entrega de notas da avaliación extraordinaria de 2º de Bacharelato se realizará o venres 14 de xuño de 2024 ás 10:10 horas.
Matrícula do alumnado de ESO e Bacharelato para o curso 2024-2025
As datas de matrícula do alumnado para o vindeiro curso 2024-2025 serán as seguintes:
- Martes 25/06: 2º Bacharelato.
- Mércores 26/06: 1º Bacahrelato.
- Xoves 27/06: 1º ESO.
- Luns 01/07: 4º ESO.
- Martes 02/07: 3º ESO.
- Mércores 03/07: 2º ESO.
- Xoves 04/07: Incidencias.
Recordamos que a realización da matrícula é obrigatoria para todo o alumnado de ESO e Bacharelato.
Os sobres de matrícula poderán recollerse na Conserxería do Centro a partir do día 25 de xuño. Para que o alumnado poida ir decidindo as materias das que se matriculará adxuntamos arquivos coa imaxe do sobre de matrícula de cada curso.
A documentación que terán que presentar no momento da matrícula, ademáis dos impresos que hai no sobre de matrícula son:
- 1 foto tamaño carné co nome no dorso.
- Orixinal e fotocopia do boletín de cualificacións finais do curso 2023/24.
- Fotocopia do DNI (só o alumnado que se matricula por primeira vez no centro).
- Fotocopia da cartilla ou da tarxeta da Seguridade Social (só o alumnado que se matricula por primeira vez no centro).
- Ademáis o alumnado que curse 3º, 4º de ESO ou Bacharelato deberá aboar o seguro escolar e presentar o xustificante de pago (as instrucción para facelo atoparanse no sobre de matrícula)
Recordatorio das bolsas do MECD para a realización de estudos postobrigatorios
Recordamos que está aberto o prazo para solicitar as bolsas do MECD para cursar no ano académico 2024-2025 .As persoas que poden solicitar esta axuda económica do Ministerio son tanto para estudos universitarios como non universitarios ( bacharelato, ciclos de Formación Profesional , estudos universitarios).
Ata o 10/05/2024 ás 15:00 horas, pódense solicitar as axudas e bolsas ao estudo de niveis postobrigatorios, as cuales serán outorgadas a aquelas persoas que cumpran cos requisitos establecidos.
Non é necesario coñecer os estudos que se van a cursar o ano que vén nin onde se vai a vivir xa que estes datos poderán ser modificados ou engadidos nun prazo posterior que abre en setembro de 2024.
Unha vez solicitada, é recomendable estar pendente do correo para comprobar se hai algunha notificación do Ministerio.
As bolsas tramítanse on line a través do enlace
Probas específicas para acreditación das competencias dixitais do alumnado
- Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24:
- PDF resumo
- Máis información:
https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado
Listado libros de préstamo de 2º de ESO
No taboleiro interior do centro está exposto o listado de libros de préstamo que ten o centro para 2º de ESO para o curso 2022-2023.
Pregamos póñanse en contacto con nós ante calquer erro no listado ou calquera dúbida ou aclaración.
Apertura do prazo de matrícula para o curso 2022/2023 para o Ciclo Superior de proxectos de edificación
Enlaces:
Enlaces a las empresas colaboradoras:
Entrega de notas curso 2021/2022
A entrega de notas da avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato realizarase:
- Día 23 de xuño, ás 13:30 horas na aula de referencia entregaremos as cualificacións en papel.
- Dís 23 de xuño, a partir das 14 horas estarán dispoñibles as notas en Abalar.
A entrega de notas da avaliación ordinaria de ESO realizarase:
- Día 27 de xuño, a partir das 21-22 horas estarán dispoñibles as notas en Abalar.
- Día 28 de xuño, ás 11 horas na aula de referencia entregaremos as cualificacións en papel.
Exames convocatoria extraordinaria 1º e 2º Bacharelato
As datas e horarios dos exámes da convocatoria extraordinariade bacharelato do curso 2021/22 son as
Calendario de matrícula para o curso 2022/23
O periódo de matrícula para o curso 2022/23 realizarese en horario de 9:30 a 13:30 nas fiestras de administración segundo o seguinte calendario:
Día | Curso |
29 xuño | 1º de ESO |
1 xullo | 1º de Bacharelato |
4 xullo | 2º de Bacharelato |
5 xullo | 2º de ESO |
6 xullo | 3º de ESO |
7 xullo | 4º de ESO |
8 de xullo | Incidencias |