Equipo de Dinamización da Lingua Galega

BEN VEÑAS MAIO 2017

Cartel do concello "Maio, mes da lingua"

Din que as boas novas son contaxiosas, e así debe de ser, porque ultimamente o noso alumnado está a pisar forte e a conseguir que o nome do IES Gonzalo Torrente Ballester se escoite con forza en toda a cidade e, tamén, fóra dela.

Pois ben, nesta ocasión comprácenos poder felicitar a tres estudantes do noso centro que acadaron cadanseu premio na presente edición do certame literario, musical e audiovisual “Ben Veñas Maio” que, como cada ano, organiza a Coordinadora dos Equipos de Normalización da Lingua Galega dos institutos e colexios públicos de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello.

Os alumnos e alumna premiados son:

ROI VARELA BERNÁRDEZ  (1º ESO A):                 2º Premio na Categoría A de Narrativa

GONZALO VALIÑAS BAÑOS  (2º ESO D):            2º Premio na Categoría A de Narrativa

PABLO BOLEAS FRANCISCO  (3º ESO C):             1º Premio na Categoría B de Narrativa

NOEMIA VEIGA GONÇALVES  (2º BAC A):          1º Premio na Categoría B de Poesía

 

Cómpre sinalar que, en realidade, Noemia presentara dúas composicións, “Altea” e “Sombras”, sendo ambas, respectivamente, a primeira e segunda poesías máis votadas polo xurado, pero dado que as bases do concurso impiden conceder ambos premios a unha mesma persoa, soamente lle foi adxudicado o primeiro deles.

Como xa sabedes, a entrega dos galardóns a todos os premiados realízase nun acto público que este ano terá lugar o Sábado 13 de Maio ás 18:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Animádevos e asistide para aplaudir a rabiar aos vosos compañeiros! Pero, ademais, se o preferides, dende as 17:00 horas poderedes gozar das actuacións dos grupos musicais participantes neste “Ben Veñas Maio”.

 

Programación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

As programacións do Equipo de Dinamización da Lingua Galega pódense consultar premendo nos arquivos adxuntos

BLOGUE DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN

Empregando o seguinte enlace pódese acceder ao Blogue do Equipo de Dinamización de Lingua Galega:

"ARRANQUE DE PALABRAS"

Distribuir contido