Organigrama, Consello escolar, Profesorado

Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar

Dacordo coa Resolución do 10 de setembreo de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18 do 09), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar nos distintos sectores:

  • Sector de alumnado - elixiranse 3 representantes.
  • Sector de nais, pais e responsables do alumnado - elixirase 1 representante.
  • Sector de persoal de administración e servizos - elixirase 1 representante.
  • Sector de profesroado - elixiranse 3 representantes.

As convocatorias das eleccións de cada sector poden consultarse nos arquivos adxuntos a esta publicación.

 

 

O Censo correspondente a cada sector estará exposto no taboleiro de anuncios do Centro a partir do día 29 de outubro de 2024. As reclamacións ao referido Censo realizarase mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral ata as 14 horas do día 8 de novembro de 2024.

 

 

As persoas que desexen presentar a súa candidatura oficial deberán segundo o modelo que se facilitará na Administración do Centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14 horas do luns 11 de novembro de 2024.

 

O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público o día 12 de novembro de 2024 ás 12:05 horas na secretaría do Centro.

 

As votacións realizaranse no Centro o día 20 de novembro de 2024 nos horarios indicados nas convocatorias adxuntas.

Distribuir contido