Secretaría
Publicación de listaxes definitivas de admitidos e excluídos fondo libros e material escolar. (4/4)
O día de hoxe (26/07/24) publicáronse as listaxes definitivas de admitidos e excluídos tanto do vale de material (para todos os cursos de ESO) como do fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de ESO).
As familias implicadas poden consultar os datos tanto no taboleiro interior do centro como na aplicación fondolibros (neste último caso o acceso deberá facerse con DNI electrónico ou certificado dixital válido).
Publicación de listaxes provisionais de admitidos e excluídos fondo libros e material escolar. (3/4)
O día de hoxe (09/07/24) publicáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos tanto do vale de material (para todos os cursos de ESO) como do fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de ESO).
As familias implicadas poden consultar os datos tanto no taboleiro interior do centro como na aplicación fondolibros (neste último caso o acceso deberá facerse con DNI electrónico ou certificado dixital válido).
O prazo de presentación de reclamacións é de dous días hábiles contados a partir do seguinte a esta publicación.
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25. (2/4)
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25. Ver anexo adxunto
Entrega de notas curso 2023/2024
A entrega de notas da avaliación ordinaria para os grupos da ESO e extraordinaria para os grupos de 1º de Bacharelato serán o martes 25 de xuño no seguinte horario:
- 09:30 h.: 1º Bacharelato.
- 10:00 h.: 4º ESO.
- 10:30 h.: 3º ESO.
- 11:00 h.: 2º ESO.
- 11:30 h.: 1º ESO.
O alumnado esperará no hall de entrada onde se lle indicará a aula na que se realizará a entrega de notas.
Matrícula do alumnado de ESO e Bacharelato para o curso 2024-2025
As datas de matrícula do alumnado para o vindeiro curso 2024-2025 serán as seguintes:
- Martes 25/06: 2º Bacharelato.
- Mércores 26/06: 1º Bacahrelato.
- Xoves 27/06: 1º ESO.
- Luns 01/07: 4º ESO.
- Martes 02/07: 3º ESO.
- Mércores 03/07: 2º ESO.
- Xoves 04/07: Incidencias.
Recordamos que a realización da matrícula é obrigatoria para todo o alumnado de ESO e Bacharelato.
Os sobres de matrícula poderán recollerse na Conserxería do Centro a partir do día 25 de xuño. Para que o alumnado poida ir decidindo as materias das que se matriculará adxuntamos arquivos coa imaxe do sobre de matrícula de cada curso.
A documentación que terán que presentar no momento da matrícula, ademáis dos impresos que hai no sobre de matrícula son:
- 1 foto tamaño carné co nome no dorso.
- Orixinal e fotocopia do boletín de cualificacións finais do curso 2023/24.
- Fotocopia do DNI (só o alumnado que se matricula por primeira vez no centro).
- Fotocopia da cartilla ou da tarxeta da Seguridade Social (só o alumnado que se matricula por primeira vez no centro).
- Ademáis o alumnado que curse 3º, 4º de ESO ou Bacharelato deberá aboar o seguro escolar e presentar o xustificante de pago (as instrucción para facelo atoparanse no sobre de matrícula)
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2024-2025. (1/4)
- ALUMADO MATRICULADO EN 1º E 2º DE ESO NO CURSO 2024/25: Só axudas para adquirir material escolar. Este alumnado non poderá solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto xa que o noso centro é un centro EDIXGAL.
- ALUMADO MATRICULADO EN 3º E 4º DE ESO NO CURSO 2024/25: Participación no fondo solidario de libros de texto e/ou axudas para adquirir material escolar.
OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
- Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2023/24.
- Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2024/25 e devolvelos ao rematar este no mes de xuño.
- Destinar o importe do vale para libros a adquirir, única e exclusivamente, os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
- Destinar o importe do vale para material, única e exclusivamente, a adquirir o material escolar que necesite.
- Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PRAZO: As solicitudes poderán presentarse entre o 20 de maio e o 21 de xuño de 2024.
MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.Forma de presentación de solicitudes:
- Electrónica: utilice a aplicación FondoLibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros e presente solicitude na Sede Electrónica https://sede.xunta.gal.
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo.
- Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo (xunto coa documentación complementaria).
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2022:
- Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, resolución administrativa ou xudicial que acredite a situación de acollimiento...).
NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa)
CALENDARIO DE APLICACIÓN
- Presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2024 (incluídos).
- Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 09 de xullo de 2024. (As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días hábiles seguintes ao da publicación da listaxe provisional).
- Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 26 de xullo de 2024. (As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada contra a listaxe definitiva ante o conselleiro de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun (1) mes conmtado a partir do día seguinte ao da súa publicación).
LEXISLACIÓN APLICABLE
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN. Publicado hoxe 15 de maio. (4/4)
Informamos que a partir de hoxe poden consultar as listaxes definitivas de admitidos/non admitidos tanto no taboleiro de anuncios do noso centro como por vía electrónica a través da aplicación admisionalumnado.
As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN. Publicado hoxe 25 de abril. (3/4)
Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro do hall do centro ou ben a través da aplicación informática coa súa conta.
Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva (o día 15 de maio).
ADMISIÓN 2024-2025. Cursos nos que hai que baremar (2/4)
Informamos que no proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025 temos que baremar nos seguintes niveis:
2º ESO
As familias poderán presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.
O prazo de presentación da documentación para a baremación é entre o 21 de marzo e o 5 de abril de 2024 (ámbolos dous incluídos).
PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025 (1/4)
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025
Lémbrase que a admisión e a matriculación nun centro docente público implican respectar o proxecto educativo do mesmo.
Se queres consultar a normativa sobre o proceso de admisión preme AQUÍ
Se queres consultar o manual para as familias preme AQUÍ
Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ
RESERVA DE PRAZA. Desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.
Por parte do alumnado dos centros adscritos.
Centros adscritos na ESO: CEIP Cabanas (Salcedo) / CEIP San Martiño (Salcedo) / CEIP A Carballeira (Lourizán)
Centros adscritos no Bacharelato: CPR plurilingüe Sagrado Corazón de Praceres / CPI de O Toural
Este trámite debe facerse no centro de orixe, é dicir, no centro no que actualmente está matriculado o alumno/a, ou a través da aplicación admisionalumnado.
Feita a reserva de praza, para renunciar á mesma a data límite é o 28 de febreiro (incluído).
CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO.
Informamos que o criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro IES Gonzalo Torrente Ballester con data 29/01/2024 é "residir en zona limítrofe á área de influencia do centro", acreditado mediante volante de convivencia ou certificado de empadroamento.
Pódese consultar o criterio complementario de centro AQUÍ.
ANUNCIO SORTEO PÚBLICO DO NÚMERO PARA RESOLVER OS EMPATES. Ver AQUÍ.
Ver resultado sorteo AQUÍ.
ASIGNACIÓN PRAZAS RESERVADAS ALUMNADO CENTROS ADSCRITOS. 22 de febrero publicarase no taboleiro de anuncios do noso centro.Ver AQUÍ.
VACANTES. Antes do 1 de marzo publicación dos postos vacantes no centro. Premer AQUÍ.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN.Desde o 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive.
Por parte de alumnado que non pertence a un centro adscrito, que pertencendo a centro adscrito non reservara praza ou que se reincorpore ao sistema educativo.
A solicitude será única. De ter presentadas máis de unha perderá os dereitos de prioridade que lle poidan corresponder, a non ser que renuncie á anterior indicándoo expresamente na nova solicitude. Poderanse pedir ata 6 centros por orden de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren.
Presentarase:
- · na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar, ou ben
- · por medios telemáticos no enderezo http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado .
Se quere acceder á aplicación informática do proceso de admisión prema AQUÍ
Se quere consultar a zona de influencia do centro prema AQUÍ (A zona de influencia de bacharelato aínda non está actualizada pola Consellería).
Se quere coñecer os datos do centro, oferta educativa e demais servicios prema AQUÍ
Se quere consultar o manual para as familias prema AQUÍ
Se quere consultar a normativa sobre o proceso de admisión prema AQUÍ
BAREMACIÓN.
Finalizado o prazo de entrega de solicitudes, e sempre que a demanda de prazas sexa superior á oferta de vacantes, será necesario baremar.
As familias poderán presentar, dentro dos 10 días hábiles seguintes ao fin de presentación de solicitudes (do 21 marzo ao 5 abril, ambos incluídos), a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN. Publicaranse o 25 de abril.
Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión.
Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro do hall do centro ou ben a través da sede electrónica coa súa conta.
Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.
LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN. Publicaranse o 15 de maio.
Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión.
Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro do hall do centro ou ben a través da sede electrónica coa súa conta.
Poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (do 16 maio ao 15 xuño).
MATRÍCULA. Entre o 23 de xuño e o 7 de xullo. Para todo o alumnado, sexa novo ou non, que quera cursar estudos no centro.
Mapas da zona de influencia do noso centro
Poden consultar a zona de influencia do noso centro na ESO na seguinte ligazón:
Poden consultar a zona de influencia do noso centro no BACHARELATO o na seguinte ligazón:
Inicio das actividades lectivas curso 2023-2024
O comezo das actividades lectivas do curso 2023-2024 será o luns día 11 de setembro de 2023 co seguinte horario:
- 8:30 - 9:20 - Presentación.
- O alumnado de 1º de ESO e 2º de ESO acudirá ao Salón de Actos.
- O alumnado de Ciclo formativo acudirá á súa aula.
- O alumnado de 3º ESO - 4º ESO - 1º BAC e 2º BAC esperará no patio as instruccións para subir a súa aula.
- 9:20 - 15:00 - Clases normais para todo o alumnado.
Ese día o servizo de transporte escolar funcionará con normalidade.
Bolsas para o alumnado con NEAE curso 23-24
Recordamos que o prazo para pedir as bolsas do alumnado remata o 20 de setembro de 2023.
Poden consultar toda a información necesaria nesta ligazón.
Publicación de listaxes definitivas de admitidos e excluídos fondo libros e material escolar
O día de hoxe publicáronse as listaxes definitivas de admitidos e excluídos tanto do vale de material (para todos os cursos de ESO) como do fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de ESO).
As familias implicadas poden consultar os datos tanto no taboleiro interior do centro como na aplicación fondolibros (neste último caso o acceso deberá facerse con DNI electrónico o certificado dixital válido).
Publicación de listaxes provisionals de admitidos e excluídos fondo libros e material escolar
O día de hoxe publicáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos tanto do vale de material (para todos os cursos de ESO) como do fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de ESO).
As familias implicadas poden consultar os datos tanto no taboleiro interior do centro como na aplicación fondolibros (neste último caso o acceso deberá facerse con DNI electrónico o certificado dixital válido).
O prazo de presentación de reclamacións é de dous días contados a partir do seguinte a esta publicación.
Relación de libros de texto para o curso 2023-2024
A listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024 é a seguinte:
Admisión curso 2023-2024 - Cursos nos que hai que baremar
Informamos que no proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-2024 temos que baremar nos seguintes nivies:
1º ESO
3º ESO
4º ESO
1º BACHARELATO modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais
O prazo de presentación da documentación para a baremación é entre o 21 de marzo e o 3 de abril de 2023 (ámbolos dous incluídos)
Amisión alumnado curso 2023-2024 - Publicación de vacantes ofertadas
Publícanse as vacantes ofertadas no noso centro para a admisión de alumnado do curso 2023-2024.
Admisión de alumnado curso 2023-2024 - Criterio complementario do centro
Pódese consultar o criterio complementario de centro no seguinte ligazón.