Secretaría

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar curso 2018-2019

Publícase a listaxe provisonal de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2018-2019

Listaxe de solicitudes admitidas

Listaxe de solicitudes excluídas

Contra estas listaxes poderase presentar reclamación ata o día 16 de xullo de 2018 incluído.

 

Os cheques de material estarán dispoñibles para a súa recollida na administración do centro nas seguintes datas:

  • Alumnado matriculado en xuño: a partir do 20 de xullo de 2018.
  • Alumnado matriculado en setembro: a partir do 17 de setembro de 2018.

Lembramos que os cheques deben recollelos as persoas solicitantes en persoa e que en caso de non poder facelo deberán autorizar por escrito a outra persoa maior de idade a recollelo no seu nome,

 

Lembramos tamén que o alumnado que solicitou o fondo de libros e xa teña algún libro seu (por repteición, telo dalgún irmán/a ou calquera outro motivo) deberá indicalo na administración do centro antes do día 10 de setembro de 2018 para intentar que os libros asignados do fondo sexan outros dos que xa se teñen.

Calendario de matrícula - xuño 2018

O periódo de matrícula de xuño de 2018 realizarese en horario de 9:30 a 13:30 nas fiestras de administración segundo o seguinte calendario:

 

Día Curso
2 xullo 1º de ESO
3 xullo 2º e 3º de ESO
4 xullo 4º de ESO
5 xullo 1º de Bacharelato
6 xullo 2º de Bacharelato
9 de xullo Incidencias

Relación de libros de texto - Curso 2018/2019

Relación de libros de texto para todos os cursos de ESO e Bacharelato para o curso 2018-1019

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2018-2019

1.- NORMAS XERAIS

Dirixida ao alumnado do centro, que pode solicitar:

  • Participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de ESO.
  • Axudas para adquirir material escolar para o alumnado de ESO.

 

2.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2017/2018. 
  • Conservar en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso escolar 2018/2019.
  • Destinar o importe do vale de material a adquirir o material escolar que necesite.

 

3.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO: As solicitudes poderán facerse entre o 22 de maio e o 22 de xuño de 2018.

MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.

  • Presentación electrónica: unha solicitude por fillo/a.
  • Presentación non electrónica: unha solicitude única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente

LUGAR: As solicitudes poderán facerse:

  • Preferiblemente por vía electrónica nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electróncia da Xunta de Galicia.https://sede.xunta.gal.
  • Presencialmente no centro docente no que estea admitido o alumno para o curso 2018-2019.
  • Calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

FORMULARIO: (Anexo I) dispoñible:

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2016:

  • Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbitofamiliar, resolución administrativa o xudicical que acredite a situación de acollimiento...).

 

4.- CALENDARIO DE APLICACIÓN

  • Presentación de solicitudes: do 22 de maio ao 22 de xuño (incluídos).
  • Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 12 de xullo de 2018.
  • Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 14 de setembro de 2018.
  • Entrega de vales de material: unha vez formalizada a matrícula para o curso 2018-2019 (publicaránse as listaxes segundo estean dispoñibles).
  • Entrega de libros do fondo: do 17 ao 27 de setembro.

 

5.- LEXISLACIÓN APLICABLE

Admisión 2018: Publicación das listaxes definitivas de alumnado

Listaxes definitivas de admitidos e non admitidos:

 1º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC CIENCIAS

1º BAC HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

 

Segundo a normativa vixente, poderase formular recurso de alzada diante do titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes, contados ao partir do seguinte ao da publicación das listaxes.

Admisión 2018: Publicación das listaxes provisionais de alumnado

Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos:

 1º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC CIENCIAS

1º BAC HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

 

 

Segundo a normativa vixente, poderase formular reclamación a estas listaxes ante o Consello Escolar do Centro nun prazo de 5 días hábiles, contados ao partir do seguinte ao da publicación das listaxes, polo que o prazo de reclamación será do 25 de abril de 2018 ao 2 de maio de 2018 (ambos incluídos)

 

Admisión 2018: Cursos nos que hai que baremar

Nos seguintes cursos hai máis solicitudes que prazas ofertadas, polo que temos que proceder a baremar as solicitudes:

 

1º ESO

3º ESO

4º ESO

 

O prazo de presentación de documentación xustificativas dos criterios do baremo é dende o 23 de marzo ao 9 de abril de 2018 (ambos incluídos).

 

Axudasle

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 1.400 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos de ESO e Bacharelato.

Acceso ao texto da Orde de convocatoria

Acceso ao cartel informativo

Acceso á guía para cubrir a solicitude 

Acceso á informacion sobre a presentación electrónica

 

Prazo aberto dende o 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)

 

CONSULTAS

Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es

Atención telefónica:  981957296 - 981546503

LISTAXE DE ALUMNADO CON RESERVA PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS - ANO 2018

Publicamos a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos que fixo a reserva de praza en 1º de ESO no noso centro. 

Listaxe

Admisión 2018

1.- CALENDARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

 

Publicación de postos escolares antes do 1 de marzo
Presentación de solicitudes de admisión para novo alumnado do 1 ao 20 de marzo
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión no caso de non haber vacantes suficientes para todas as peticións 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos antes do 25 de abril
Prazo de reclamación ante o Consello Escolar do centro 5 días hábiles desde a publicación das listaxes. As reclamacións resolveránse en 5 días hábiles
Públicación das listexas definitivas antes do 15 de maio
Prazo de interposición de recurso de alzada ante o titular da Xefatura Territorial un mes a partir do día seguinte á publicación das listaxes definitivas

 

 

2.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

 PRAZO: O alumnado novo que queira presentar solicitude de admisión neste centro terá que facelo do 1 ao 20 de marzo.

LUGAR: As solicitudes poderán facerse:

Lémbrase que só se pode presentar unha única solicitude de admisión (no centro que se solicita praza en primeiro lugar). O non cumprimento deste feito determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Tamén deberán renunciar á praza no centro onde teñan reserva automática.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

DOCUMENTACIÓN: O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso 

 

3.- NÚMERO DE VACANTES POR CURSO

Curso Nº de vacantes
1º ESO 13 + 9 (*)
2º ESO 9
3º ESO 0
4º ESO 0
1º BACHARELATO 42 (**)
2º BACHARELATO 0 (**)

 

(*) En 1º de ESO poránse a disposición da Administración educativa tres postos escolares por unidade para alumnado con NEAE que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización/Servizo Territorial de Inspección Educativa, segundo corresponda. Se estas prazas non se cubrisen sumaríanse ao resto das vacantes.

 

(**) En Bacharelato non hai distinción de vacantes por especialidade.

 

4.- BAREMACIÓN (SÓ APLICABLE EN CASO DE QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES SUPERE AO NÚMERO DE VACANTES)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes

 

BAREMO APLICABLE

Criterios por orde de prioridade:

a.- Valoración da existencia de irmáns matriculados no centro.

          1) Por unha irmá ou un irmán matriculado no centro: 8 puntos.

          2) Polo segundo e seguintes irmáns matriculados no centro: 2 puntos por cada un.

No caso de irmás ou irmáns que nacesen dun parto múltiple, outorgaráselle a cada unha/un delas/deles a puntuación prevista para unha irmá ou un irmán matriculados no centro, sempre que soliciten o mesmo centro e o domicilio familiar estea na mesma área de influencia do centro.

b.- Valoración por ser traballador do propio centro.

Por nai, pai, titoras ou titores que traballen no centro: 3 puntos

c.- Valoración da proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dalgún dos pais ou titores legais. A valoración terá carácter excluínte.

          1) Proximidade do domicilio familiar:

                    a) Se o domicilio familiar se encontra na área de influencia do centro: 6 puntos.

                    b) Se o domicilio familiar se encontra nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.

          2) Proximidade do lugar de traballo:

                    a) Se o lugar de traballo do pai, nai ou titor legal está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.

                    b) Se o lugar de traballo do pai, nai ou titor legal está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.

d.- Valoración da renda per cápita da unidade familiar.

Por renda per cápita da unidade familiar, valorada por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM = 6390,13 €)

          1) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.

          2) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.

          3) Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto.

          4) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos

e.- Por condición de familia numerosa:

          1) Por familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.

          2) Por familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.

f.- Por condición de familia monoparental: 2 puntos

g.- Por concorrencia de discapacidade na alumna, no alumno ou nalgún dos seus proxenitores ou irmáns:

          1) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.

          2) Por discapacidade dunha/un das/os proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.

          3) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.

h.- Por expediente académico, no caso de acceso ás ensinanzas de bacharelato:

          1) Nota media de sobresaliente: 2 puntos.

          2) Nota media de notable: 1 puntos.

          3) Por nota media de ben: 0,50 puntos.

i.- Por criterio complementario, consistente en residir na zona limítrofe: 1 punto.

 

No caso de empate na puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos referidos criterios atendendo a seguinte orde de prelación: a), b), c), d), e), f), g), h), i),

Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado dun sorteo público, que realizará anualmente esta consellería a última semana do mes de febreiro sobre as letras dos apelidos do alumnado solicitente. Este sorteo aínda non se realizou neste curso. 

 

5.- SEGUIMENTO E CONSULTA DO ESTADO DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES

O centro publicará as listaxes de admitidos/non admitidos:

  • Listados provisionais: antes do 25 de abril (Reclamación: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación das listaxes)
  • Listados definitivos: antes do 15 de maio

O alumnado e as súas familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado,  utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante. 

 

6. PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Todos os alumnos deberán formalizar a súa matrícula nos prazos sinalados a continuación. De non facelo así perderán o seu dereito á praza.

  • Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo (*)
  • Prazo extraordinario de matrícula (para os alumnos con materias pendentes en xuño): do 1 ao 10 de setembro (*)

(*) sen prexuízo de que o centro fixe un día concreto para a matrícula de cada nivel educativo.

 

7.- CENTROS ADSCRITOS

CEIP Carballeira, CEIP San Martiño, CEIP Cabanas

 

8.- ÁREA DE INFLUENCIA DO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER

ESO

BACHARELATO

  • Mapa: é a zona marcada como B

 

9.- SERVICIOS COMPLEMENTARIOS - TRANSPORTE

O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar distinto ao que lle corresponda segundo a distribución das áreas de influencia, non terá dereito a ningún dos servizos complementarios establecidos pola consellería.

Rutas de transporte

 Bikoka - Pte. do Couto

  1. Bikoka
  2. Robleda
  3. O Rozo
  4. As Nogueira
  5. Regueiriño
  6. Carballeira
  7. Grupo Escolar
  8. P. Celulosas - Colx. Suances
  9. Ponte do Couto

 

Súper Claudio - Pte. Muiños

  1. Super Claudio
  2. Lonxa
  3. Relleno
  4. Estribela
  5. Praceres
  6. Comboa (Gasolinera)
  7. Lourizán

Desguaces 2000- Alfa Romeo

  1. Desguaces 2000
  2. Rosales
  3. Nissan
  4. Avda. de Vigo (Alfa Romeo)

Campodaporta - San Blas

  1. Campodaporta
  2. Navalexo
  3. Armada
  4. Esculca
  5. Antes do cruce de Figueirido
  6. Birrete
  7. Birrete (Ponte Batán)
  8. Carramal (Perruquería)
  9. Carrabal (Lavadoiro)
  10. O Cruceiro (Farmacia)
  11. San Blas (Lavadoiro Carrefour)
  12. San Blas Xoan XXIII

San Blas - r/Fernández Ladreda (N. FIDE)

  1. A Ruibal (Ponte da autopista)
  2. A Ruibal (parada bus antes da curva)
  3. Mollabao cruce da Chamusca
  4. Mollabao (parada bus Malvar)
  5. r. Fernández Ladreda (Neumáticos FIDE)

 

10.- NORMATIVA APLICABLE

 

 

 

3ª Listaxe de admitidos e excluídos das axudas para a adquisición de material escolar de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO

3ª publicación de listaxes de admitidos das axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2017-2018 para os alumnos/as de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO que xa formalizaron a súa matrícula:

 

 

 

Os vales poderánse recoller na secretaía do centro a partir do luns 18 de setembro de 2017 en horario de 09:00 a 14:00 horas pola persoa que presentou a solicitude presentando o DNI. Poderá recollelo tamén calquera outra persoa autorizada presentando a autoización e a fotociopia do DNI da persoa que presentou a solicitude.

 

Autorización para a recollida do vale por outra persoa da solicitante

Listaxe definitiva dos libros que recibe cada alumno/a do fondo solidario de libros de texto

Esta é a listaxe definitiva dos lobros que vai recibir no centro cada alumno/a do fondo solidario.

O reparto dos libros que xa teñamos no centro realizarase o vindeiro luns 18 de setembro.

Faremos a entrega dos libros que ten que adquirir o centro á maior brevidade posible.


 

A listaxe definitiva de alumnado excluído do fondo solidario e a causa da súa exclusión é a seguinte:

 


Calquera dúbida ou necesidade de aclaración atenderémola na secretaría do centro.

Becas e axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo

Os alumnos/as que desexen solicitar as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo deberán entrar no seguinte enlace

 http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha/050140-2017.html

cubrir todo o que lles corresponda, imprimir e levalo ao profesional ao que van. Posteriormente deberán traelo ao centro.

Fondo solidario de libros - listas provisionais de admitidos e excluidos

Nos arquivos adxuntos podedes consultar a listaxe provisionsl de solicitudes admitidas e excluídas do fondo solidario de libros de texto, listaxes que tamén se encontran expostas na entrada do centro.

Adxudicación da cafetería do centro

Para dar cumprimento á INSTRUCCIÓN 7/2017 de 30 de maio de 2017, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da consellería, ábrese un prazo de para que calquera persoa física ou xurídica, con capacidade de obrar, poidan presentar as ofertas oportunas.

O procedemento a seguir, as condicións esixidas e os criterios para a valoración das ofertas veñen reguladas na citada instrucción.

Prazo de presentación das ofertas: DO 4 Ó 12 DE XULLO DE 2017 (O prazo remata ás 14:00 horas do día 12 de xullo de 2017).

Lugar de presentación: OFICINA ADMINISTRATIVA DO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER.

Datos de contacto:

Para máis INFORMACIÓN, consultar os arquivos que se achegan.

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º BACHARELATO

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, vén de ditar unha circular pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións finais outorgadas no 2º curso de Bacharelato.

Toda a información relativa a este procedemento estará exposta nos taboleiros de todas as aulas de 2º BAC e no vestíbulo do noso centro a partir de mañá mesmo, mércores 3 de Maio de 2017, coa finalidade de que todos os alumnos poidan ter acceso á mesma. Igualmente, a circular mencionada anteriormente pode ser consultada e/ou descargada premendo na seguinte ligazón:

CIRCULAR nº 2/2017

LICITACIÓN CAFETERÍA

Premendo aquí pódese consultar a listaxe provisional das propostas de licitación do servizo de cafetería do IES para o curso académico 2016/2017.

Distribuir contido