Admisión 2018

1.- CALENDARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

 

Publicación de postos escolares antes do 1 de marzo
Presentación de solicitudes de admisión para novo alumnado do 1 ao 20 de marzo
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión no caso de non haber vacantes suficientes para todas as peticións 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos antes do 25 de abril
Prazo de reclamación ante o Consello Escolar do centro 5 días hábiles desde a publicación das listaxes. As reclamacións resolveránse en 5 días hábiles
Públicación das listexas definitivas antes do 15 de maio
Prazo de interposición de recurso de alzada ante o titular da Xefatura Territorial un mes a partir do día seguinte á publicación das listaxes definitivas

 

 

2.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

 PRAZO: O alumnado novo que queira presentar solicitude de admisión neste centro terá que facelo do 1 ao 20 de marzo.

LUGAR: As solicitudes poderán facerse:

Lémbrase que só se pode presentar unha única solicitude de admisión (no centro que se solicita praza en primeiro lugar). O non cumprimento deste feito determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Tamén deberán renunciar á praza no centro onde teñan reserva automática.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

DOCUMENTACIÓN: O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso 

 

3.- NÚMERO DE VACANTES POR CURSO

Curso Nº de vacantes
1º ESO 13 + 9 (*)
2º ESO 9
3º ESO 0
4º ESO 0
1º BACHARELATO 42 (**)
2º BACHARELATO 0 (**)

 

(*) En 1º de ESO poránse a disposición da Administración educativa tres postos escolares por unidade para alumnado con NEAE que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización/Servizo Territorial de Inspección Educativa, segundo corresponda. Se estas prazas non se cubrisen sumaríanse ao resto das vacantes.

 

(**) En Bacharelato non hai distinción de vacantes por especialidade.

 

4.- BAREMACIÓN (SÓ APLICABLE EN CASO DE QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES SUPERE AO NÚMERO DE VACANTES)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes

 

BAREMO APLICABLE

Criterios por orde de prioridade:

a.- Valoración da existencia de irmáns matriculados no centro.

          1) Por unha irmá ou un irmán matriculado no centro: 8 puntos.

          2) Polo segundo e seguintes irmáns matriculados no centro: 2 puntos por cada un.

No caso de irmás ou irmáns que nacesen dun parto múltiple, outorgaráselle a cada unha/un delas/deles a puntuación prevista para unha irmá ou un irmán matriculados no centro, sempre que soliciten o mesmo centro e o domicilio familiar estea na mesma área de influencia do centro.

b.- Valoración por ser traballador do propio centro.

Por nai, pai, titoras ou titores que traballen no centro: 3 puntos

c.- Valoración da proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dalgún dos pais ou titores legais. A valoración terá carácter excluínte.

          1) Proximidade do domicilio familiar:

                    a) Se o domicilio familiar se encontra na área de influencia do centro: 6 puntos.

                    b) Se o domicilio familiar se encontra nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.

          2) Proximidade do lugar de traballo:

                    a) Se o lugar de traballo do pai, nai ou titor legal está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.

                    b) Se o lugar de traballo do pai, nai ou titor legal está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.

d.- Valoración da renda per cápita da unidade familiar.

Por renda per cápita da unidade familiar, valorada por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM = 6390,13 €)

          1) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.

          2) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.

          3) Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto.

          4) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos

e.- Por condición de familia numerosa:

          1) Por familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.

          2) Por familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.

f.- Por condición de familia monoparental: 2 puntos

g.- Por concorrencia de discapacidade na alumna, no alumno ou nalgún dos seus proxenitores ou irmáns:

          1) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.

          2) Por discapacidade dunha/un das/os proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.

          3) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.

h.- Por expediente académico, no caso de acceso ás ensinanzas de bacharelato:

          1) Nota media de sobresaliente: 2 puntos.

          2) Nota media de notable: 1 puntos.

          3) Por nota media de ben: 0,50 puntos.

i.- Por criterio complementario, consistente en residir na zona limítrofe: 1 punto.

 

No caso de empate na puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos referidos criterios atendendo a seguinte orde de prelación: a), b), c), d), e), f), g), h), i),

Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado dun sorteo público, que realizará anualmente esta consellería a última semana do mes de febreiro sobre as letras dos apelidos do alumnado solicitente. Este sorteo aínda non se realizou neste curso. 

 

5.- SEGUIMENTO E CONSULTA DO ESTADO DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES

O centro publicará as listaxes de admitidos/non admitidos:

  • Listados provisionais: antes do 25 de abril (Reclamación: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación das listaxes)
  • Listados definitivos: antes do 15 de maio

O alumnado e as súas familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado,  utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante. 

 

6. PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Todos os alumnos deberán formalizar a súa matrícula nos prazos sinalados a continuación. De non facelo así perderán o seu dereito á praza.

  • Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo (*)
  • Prazo extraordinario de matrícula (para os alumnos con materias pendentes en xuño): do 1 ao 10 de setembro (*)

(*) sen prexuízo de que o centro fixe un día concreto para a matrícula de cada nivel educativo.

 

7.- CENTROS ADSCRITOS

CEIP Carballeira, CEIP San Martiño, CEIP Cabanas

 

8.- ÁREA DE INFLUENCIA DO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER

ESO

BACHARELATO

  • Mapa: é a zona marcada como B

 

9.- SERVICIOS COMPLEMENTARIOS - TRANSPORTE

O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar distinto ao que lle corresponda segundo a distribución das áreas de influencia, non terá dereito a ningún dos servizos complementarios establecidos pola consellería.

Rutas de transporte

 Bikoka - Pte. do Couto

  1. Bikoka
  2. Robleda
  3. O Rozo
  4. As Nogueira
  5. Regueiriño
  6. Carballeira
  7. Grupo Escolar
  8. P. Celulosas - Colx. Suances
  9. Ponte do Couto

 

Súper Claudio - Pte. Muiños

  1. Super Claudio
  2. Lonxa
  3. Relleno
  4. Estribela
  5. Praceres
  6. Comboa (Gasolinera)
  7. Lourizán

Desguaces 2000- Alfa Romeo

  1. Desguaces 2000
  2. Rosales
  3. Nissan
  4. Avda. de Vigo (Alfa Romeo)

Campodaporta - San Blas

  1. Campodaporta
  2. Navalexo
  3. Armada
  4. Esculca
  5. Antes do cruce de Figueirido
  6. Birrete
  7. Birrete (Ponte Batán)
  8. Carramal (Perruquería)
  9. Carrabal (Lavadoiro)
  10. O Cruceiro (Farmacia)
  11. San Blas (Lavadoiro Carrefour)
  12. San Blas Xoan XXIII

San Blas - r/Fernández Ladreda (N. FIDE)

  1. A Ruibal (Ponte da autopista)
  2. A Ruibal (parada bus antes da curva)
  3. Mollabao cruce da Chamusca
  4. Mollabao (parada bus Malvar)
  5. r. Fernández Ladreda (Neumáticos FIDE)

 

10.- NORMATIVA APLICABLE