Blogues

Recollida Solidaria de Xoguetes - Nadal 2023

Coma todos os anos, comezamos a Recollida Solidaria de Xoguetes a prol da asociación Boa Vida - Inclusión Activa. Podedes facer as vosas aportacións ata o vindeiro 15 de decembro.

Lembrade que os xoguetes deben estar en bo estado e non deben ser sexistas nin bélicos.

   

Materias por curso

Mostra dos sobres de matrícula onde figuran as materias de cada nivel educativo. Só teñen validez a título informativo. Os sobres de matrícula deberán recollerse na conserxaría do centro.

Entrega de boletíns de cualificacións

O prazo de reclamacións contra as calificacións finais é de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte da data de entrega de boletíns.

Acto de graduación de 2º de bacharelato

Por fin. Despois dunha semana da súa celebración, xa podemos compartir con vós o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato.
Agardamos que vos guste.

Gañadores do concurso de fotografia "Doce matemática"

Xa temos os gañadores do IX Certame de Fotografía Matemática "Doce Matemático". Este ano, por primeira vez, produciuse un empate nunha das categorías. Parabéns a todos os galardonados e moitas grazas a todo o alumnado pola súa participación, así como a todas aquelas persoas que votaron para elixir a fotografía máis popular.

Listaxes definitivas de admisión

Estimadas familias:

Informámoslles que a partir de hoxe poden consultar as listaxes definitivas de admitidos tanto no taboleiro de anuncios do noso centro como por vía electrónica a través da aplicación.

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

IX Certame Fotografía Matemática IES Gonzalo Torrente Ballester

Aquí tedes o vídeo con todas as fotografías participantes no IX Certame de Fotografía Matemática que un ano máis organizou o Departamento de Matemáticas do noso centro. A vindeira semana poderedes votar para elixir a "fotografía máis popular", para o cal se habilitará un formulario que tamén publicaremos. Coma sempre, animamos a todo o mundo a que valore o traballo dos nosos alumnos, xa que veredes que entre eles e elas temos a varios artistas

 

Exposición "Matemáticas é nome de muller"

O Departamento de Matemáticas leva xa varios anos traballando co alumnado para procurar dar visibilidade ás mulleres matemáticas ao longo da Historia, as cales, por desgraza, non adoitan aparecer habitualmente nos libros de texto e ás que non se lles teñen recoñecido as súas importantes achegas científicas ata hai ben pouco.
Durante estes días podedes visitar no vestíbulo do centro a exposición titulada “MATEMÁTICAS É NOME DE MULLER”. Consta dun total de 21 infografías de matemáticas de todos os tempos (tamén do século XXI), nas que se amosa o resultado dos proxectos de investigación levados a cabo por varios alumnos e alumnas de 2º Bacharelato dentro da área Matemáticas II.
O seguinte vídeo é un adianto do que atoparedes nesta exposición. Vinde descubrir canto lles debemos a todas esas mulleres científicas e matemáticas.

Exposición CineMath

Exposición elaborada por el alumnado de 1º de bachillerato de Matemáticas I sobre la presencia de las Matemáticas en el mundo del séptimo arte.

 

Distribuir contido