Blogues

Proclamación das candidaturas polos distintos sectores ao Consello Escolar

SECTOR - Nais, pais e titores/as legais do alumnado:

1.- Dª Alejandra Garrido Aguete

2.- Dª Mª Begoña Díaz Fernández

 

SECTOR - Profesorado:

1.- Dª Ana Martín Fernández

2.- Dª Cristina Cobas Paz

3.- Dª Nuria Isabel Fernández García

4.- Dª Saray Fernández Iglesias

5.- D. Juan Carlos Vinagre Torres

6.- Mª Mercedes Suárez Albares

7.- Ana Blanco Esteban

 

SECTOR - Alumnado:

 

1.- Alexandre Garrido Roca

Apertura do prazo de reclamación á proclamación das candidaturas: diás 22 e 23 de novembro.

Premios no II Concurso de drons na aula

O pasado xoves 10 de novembro o alumnado de 3º de Educación Dixital e de 4º da ESO de Tecnoloxía do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra participou no XIII Edición do Obradoiro e concurso galego de Robótica e drons titulado “A maxia da Robótica e dos drons” organizado por Igaciencia coa colaboración do Concello da Coruña.
Neste concurso participaron máis de 800 alumnos galegos da ESO, Bacharelato e FP cuio obxetivo é formar ao alumnado no eido da Robótica e a programación.
Os gañadores do “II Concurso de drons na aula” na categoría de 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional foron Ángel Rey Cores, María Argibay Pastoriza e Pablo Álvarez Méndez, alumnos de 4º da ESO do noso centro, acompañados pola profesora Elena Vázquez.
A entrega de premios tivo lugar o venres 11 de novembro ás 17,30 no Centro Sociocultural Ágora na Coruña polo responsable de Igaciencia e polo Conselleiro de Educación, Memoria histórica, Innovación, Industria e e Emprego Jesús Celemín quen destacou o enxeño e imaxinación do alumnado participante.

Recomendacións para reducir o peso das mochilas

O peso das mochilas do alumnado é un problema que pode chegar a afectar a súa sacude. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións acordadas polo claustro de profesorado.

Eleccións ao Consello Escolar

Poden consultar toda a información relativa ao proceso electoral ao Consello Escolar no seguinte cronograma.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar presentando a candidatura polo correspondente sector: responsables, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. Nos arquivos adxuntos teñen o formulario que deben presentar por rexistro na administración do centro ata o 18 de novembro, inclusive.

 

Premios OPEN Science

Hoxe estamos de celebración. Os alumnos do Club de Ciencias Pedro Sánchez Rodríguez, Iván Mariño Soage y Manuel Alejandro Franco Garrido, titorizados polos profesores Elena Vázquez e Miguel Casado obtiveron os premios na categoría de Secundaria e de ODS 10 Reducción de desigualdades da #oscambre2022 co proxecto "A linguaxe Arduino axuda ás persoas invidentes ou daltónicas".
Parabéns!!!

Admisión de alumnado 2022-2023: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 As familias solicitantes de praza no proceso de admisión para o curso 2022-2023 poden consultar a resolución provisional de admitidos e non admitidos no taboleiro do centro e na aplicación de admisión (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) con certificado dixital ou Chave365 (Menú Solicitudes > As miñas solicitudes). Ábrese dende hoxe un prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións.

   As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.

VIII Certame de Fotografía Matemática

Chegado o último trimestre do curso académico, o Departamento de Matemáticas do IES Gonzalo Torrente Ballester organiza o xa tradicional Concurso de Fotografía Matemática, o cal este ano ten como título "Series e Padróns".

Escaneando o código QR incluído no seguinte cartel, poderedes ler as bases do concurso.

Un ano máis, a entrega de fotografías realizarase a través dun formulario ao que accederedes empregando a vosa dirección de correo electrónico do dominio do instituto. Despois do cartel atoparedes outro código QR que vos levará directamente a ese cuestionario.

 

 

ACCESO AO FORMULARIO PARA A ENTREGA DE FOTOGRAFÍAS:

Publicación de candidaturas aos distintos sectores do Consello Escolar

Informámoslles que na sesión da Xunta Electoral do centro celebrada con data de 17 de novembro, esta procedeu a:

  • Proclamación das candidaturas presentadas polos distintos sectores segundo se indica seguidamente:


SECTOR DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO

1.- D./Dª Pablo Ramos Tetilla      

SECTOR DO ALUMNADO

1.- D./Dª Elena Garnelo González 

  • Aprobación e publicación definitiva dos distintos censos electorais que poden consultar no taboleiro de anuncios do centro.

  • Designación mediante sorteo dos catro membros, tanto titulares como suplentes, que formarán parte das mesas electorais correspondentes.

Aportación complementaria para a adquisición de máscaras para o alumnado

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG n° 218 do 12 de novembro) que anuncia unha aportación complementaria aos centros para a adquisición de máscaras para o alumnado.
As devanditas máscaras distribuiranse entre o alumnado pertencente a familias cuxa renta per cápita non supere o limiar dos 6000 €.
Asignaranse directamente ao alumnado beneficiario de axudas para material escolar (cheque 50 €).
Con todo, tamén pode recibilas o resto do alumnado que non foi beneficiario destas axudas por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito e presente a solicitude presencialmente no centro antes do 26 de novembro de 2021.

Presentación de candidaturas ás eleccións ao Consello Escolar 2021-2022

Informamos que o vindeiro martes 9 de novembro ábrese o prazo para presentar as candidaturas polos distintos sectores ás eleccións ao Consello Escolar do IES Gonzalo Torrente Ballester. Dito prazo rematará o martes 16 de novembro.

Podedes cubrir o formulario de presentación de candidaturas:

  • Premendo nesta ligazón.
  • Descargando o arquivo adxunto.
  • Solicitándoo nas oficinas de administración do centro.

Dito formulario poderá presentarse ata o martes 16 de novembro na administración do instituto.

Animámosvos a participar no órgano colexiado máis importante do centro.

Distribuir contido