Blogues

Premios extraordinarios de ESO

O equipo directivo do IES Gonzalo Torrente Ballester, en nome de toda a súa comunidade educativa, quérelle transmitir á súa alumna Sara Vidal García as súas máis fondas felicitacións despois de obter un premio extraordinario de ESO ó rendemento académico. Actualmente Sara está matriculada no primeiro curso do bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía e acadou unha puntuación total de 41,1 puntos, que lle serviron para gañar o vixésimo destes premios (7,7 na proba de Lingua Galega; 7,3 na de Lingua Castelá; 6,4 na de Matemáticas; 5 na de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia; 7,7 na de Inglés; 7 na de Bioloxía e Xeoloxía). ¡¡¡Parabéns Sara!!!

Saídas didácticas do 21 de decembro

O vindeiro 21 de decembro distintos grupos de alumnos do instituto van participar en dúas saídas didácticas:

  • Visita á exposición de obras de Picasso "El equilibrio y el vértigo" no Centro Cultural Novacaixagalicia-Café Moderno en Pontevedra. A esta actividade asistirán os alumnos de Educación Plástica e Visual de 3º D e 4º A de ESO, e os de Historia da Arte de 2º de Bacharelato.
  • Visita ó belén artesanal en movemento de Valga. Neste caso os alumnos serán os de Relixión de 1º e 2º de ESO.

A ANPA El Pino colaborou, como vén sendo habitual, na organización destas dúas actividades, feito polo cal lles amosamos novamente o noso agradecemento.

Exposición sobre recursos enerxéticos

Na semana do 17 ó 21 de decembro a biblioteca do instituto albergará unha exposición sobre os recursos enerxéticos naturais de Galicia. A mostra foi cedida pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo, á que lle agradecemos a súa dispoñibilidade para cedernos estes materiais. A exposición, que está aberta a todo aquel que desexe visitala, está formada por tres paneis, nos que se dá información sobre os distintos recursos enerxéticos, os principais lugares de Galicia onde se explotan, as súas técnicas de extracción, etc.

DoceNadal12

O instituto está a colaborar con Xuventudes Socialistas de Pontevedra no desenvolvemento da carreira solidaria DoceNadal12, que está a ter lugar tamén noutros centros educativos da cidade. A meta desta é conseguir a maior cantidade posible de doces de Nadal (turrón, mazapán, polvoróns, améndoas, etc.) para repartilos entre as familias máis necesitadas, de xeito que poidamos contribuír á súa ledicia nestas datas tan sinaladas. A campaña desenvolverase entre o luns 10 e o mércores 19 de decembro. Haberá dispoñible unha cesta nas oficinas do centro onde alumnos, familias e traballadores poderemos depositar os alimentos que desexemos doar. Dende o equipo directivo animamos a toda a comunidade educativa a participar nunha actividade de marcado carácter solidario como é esta.


Concurso de reciclaxe de cartuchos de impresión

O instituto participará nun concurso nacional de recollida de cartuchos e tóners de impresión promovido pola empresa moañesa Recoatlántico. Por cada cartucho ou tóner recollido a empresa pagará unha pequena cantidade de cartos que será destinada a financiar a viaxe de fin de estudos para os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Neste enlace poderase atopar toda a información relativa ó concurso. O instituto anima a todos os membros da súa comunidade educativa a participar nesta iniciativa pola conservación do medio.


Concurso de postais de Nadal

Os departamentos de Artes Plásticas e de Relixión, e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocan un ano máis o tradicional concurso de postais de Nadal. A tarxeta elixida será utilizada polo centro como postal de felicitación institucional do Nadal. Nesta ligazón poderedes atopar as bases do concurso. Lembrade que o prazo remata o día 12 de decembro. Animádevos a participar.


Cartas á FANPA e á CEAPA

Despois da proposta feita por distintas familias na última reunión da ANPA, dende esta asociación decidimos enviar unha carta de protesta ó presidente da FANPA e outra ó presidente da CEAPA. Nelas manifestamos o noso malestar con estas dúas entidades, xa que consideramos que non cumpriron coas súas obrigas en relación coas folgas dos días 16, 17 e 18 outubro. Facendo clic nos seguintes enlaces poderanse consultar as dúas cartas remitidas: carta ó presidente da FANPA e carta ó presidente da CEAPA.

Blogs de Música

Facendo clic nos seguintes enlaces poderedes acceder ós blogs da materia Música por cursos:
     .- 2º de ESO
     .- 3º de ESO
     .- 4º de ESO
     .- 1º de Bacharelato
 

O noso catálogo

Sigue este enlace para consultar o noso fondo bibliográfico


Distribuir contido