Saídas didácticas do 21 de decembro
O vindeiro 21 de decembro distintos grupos de alumnos do instituto van participar en dúas saídas didácticas:
- Visita á exposición de obras de Picasso "El equilibrio y el vértigo" no Centro Cultural Novacaixagalicia-Café Moderno en Pontevedra. A esta actividade asistirán os alumnos de Educación Plástica e Visual de 3º D e 4º A de ESO, e os de Historia da Arte de 2º de Bacharelato.
- Visita ó belén artesanal en movemento de Valga. Neste caso os alumnos serán os de Relixión de 1º e 2º de ESO.
A ANPA El Pino colaborou, como vén sendo habitual, na organización destas dúas actividades, feito polo cal lles amosamos novamente o noso agradecemento.