Blogues
INICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS
Esta mañá, 11 de setembro, o conselleiro de educación confirmou que o inicio das actividades lectivas se adia desde os días 16, 17 e 18 previstos, até os días 23,24 e 25 de setembro.
A falta de espazo para acomodar o alumnado coa distancia de 1'5 mts, modificada o pasado 28 de agosto, obriga a ampliar o número de profesores habitual do centro e ainda está por confirmar cantos se conceden. Sen ese dato, é imposible organizar o ensino secundario e o de bacharelato. Ademais provoca o aumento de grupos e esta circunstancia está dificultando a organización e pode que os niveis de bacharelato e ciclo teñan ensino semipresencial, sempre que a consellería o considere oportuno.
Por todo isto pedimos paciencia ás familias dos nosos alumnos. En canto teñamos inofrmación veraz comunicarémola por este medio.
Entrega de NOTAS e MATRÍCULA curso 2020-2021
AS NOTAS do alumnado con materias non superadas para a convocatoria de setembro entregaranse o próximo VENRES, 4 de setembro segundo o seguinte horario
09'00 horas 2º bach
09'30 horas 1º bach
10'00 horas 4º ESO
11'00 horas 3º ESO
12'00 horas 2º ESO
13'00 horas 1º ESO
A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA farase o mesmo día 4, VENRES segundo o seguinte horario
- de 09'30 a 11'00 horas 1º e 2º de BACH
- de 11'30 a 14'00 horas 4º, 3º, 2º e 1º da ESO
Lembramos que o alumnado que se matriculen en 3º e 4º da ESO e Bacharelato deben pagar antes de formalizar a matrícula o seguro escolar obrigatorio e traer o resgardo orixinal do pagamento do seguro no banco.
EXAMES DE SETEMBRO 2020: CALENDARIO POR NIVEIS
As probas extraordinarias de setembro realizaranse os días 1, 2 e 3 de setembro, martes, mércores e xoves, en horario de mañá e tarde os dous primeiros días e en horario de mañá o xoves. Para mais detalle véxase o arquivo adxunto, co calendario por niveis. En todos os casos o alumnado con materias pendentes farán as probas no mesmo dia e hora que os alumnos do nivel que teñan pendente.
ORIENTACIÓN SOBRE ESTUDOS
Na aula Virtual do centro están "colgados" diversos videos e outras informacións para que o alumnado e as súas familias coñezan as posibeis escollas académicas e os diversos itinerarios educativos e de formación profesional. Tamén poden consultarse estas informacións no Blog de Orientación (accesíbel desde a páxina do centro, onde figura unha ligazón na columna da dereita con este nome).
Para acceder á información na aula virtual debemos entrar nela primeiro para seleccionar "organización e funcionamento do centro" e unha vez dentro deste "curso" seleccionar ORIENTACIÓN.
Espero que a información sexa útil a todos. En caso de dúbida sempre se pode contactar coa orientadora ou co Xefe de Estudos.
Aviso sobre matrícula
Os alumnos con 1 ou 2 materias non superadas na presente convocatoria de xuño poderán MATRICULARSE PROVISIONALMENTE do nivel superior para o curso 2020-2021 no día que lle corresponda segundo o calendario publicado.
CALENDARIO FIN DE CURSO
Calendario fin de curso
Fin das clases: 19 de xuño
|
Avaliacións |
Entrega de notas |
Reclamacións |
||||||
1º e 2º ESO, 1º e 2º Ciclos |
22 de xuño |
25 de xuño |
26 e 29 de xuño |
||||||
|
|||||||||
3º, 4º da ESO e 1º Bach |
23 de xuño |
26 de xuño |
29 e 30 de xuño |
||||||
|
|||||||||
Entrega de notas e devolución de libros de texto e equipos electrónicos (de aprobar todo) segundo o horario que segue |
25 ou 26 de xuño |
||||||||
Hora de inicio |
Día 25 |
|
Hora de inicio |
Día 26 |
|||||
9’30 |
1º ESO A 1 |
|
9’30 |
3º ESO A+PMAR |
|||||
9’45 |
1º ESO A 2 |
|
9’45 |
3º ESO B |
|||||
10’00 |
1º ESO B 1 |
|
10’00 |
3º ESO C |
|||||
10’15 |
1º ESO B 2 |
|
10’15 |
3º ESO D |
|||||
10’30 |
1º ESO C 1 |
|
10’30 |
4º ESO A |
|||||
10’45 |
1º ESO C 2 |
|
10’45 |
4º ESO B |
|||||
11’00 |
2º ESO A |
Nota |
11’00 |
4º ESO C |
|||||
12’00 |
2º ESO B |
Nota |
12’00 |
1º Bach A |
|||||
13’00 |
2º ESO C |
Nota |
12’15 |
1º Bach B |
|||||
|
|
|
12’30 |
1º Bach C |
|||||
|
|
|
12’45 |
1º Bach D |
|||||
NOTA: - Os alumnos de 2º ESO deben vir acompañados dun proxenitor (pai/nai) ou persoa responsábel para asinar o recibín da entrega do computador. - Para comprobar o seu correcto funcionamento deberán acendelo antes de chegar ao lugar de entrega.
|
|||||||||
MATRÍCULA |
1º ESO |
1 de xullo |
|||||||
2º ESO |
2 de xullo |
||||||||
3º ESO |
3 de xullo |
||||||||
4º ESO |
6 de xullo |
||||||||
1º e 2º Bacharelato |
7 de xullo |
||||||||
PUBLICACIÓN DE LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS
Hoxe, de conformidade coa normativa vixente, publicouse a lista PROVISIONAL de admitidos e non admitidos no centro. En aplicación da lei de protección de datos a lista estará disponíble unicamente de forma física no interior do centro, no taboleiro correspondente, e por teléfono en horario de atención ao público.
As rclamacións por motivo de non admisión serán os tres días seguintes ao da publicación, isto é os días 9,10 e 11.
CALENDARIO DE FIN DE CURSO PARA 2º BAC
CALENDARIO FIN DE CURSO PARA 2º BACHARELATO |
||
|
AVALIACIÓN |
8 de xuño |
|
Entrega de notas |
9 de xuño * |
|
Datas de matrícula ABAU (na secretaría do centro) |
De 10 a 12 de xuño |
|
Clases voluntaria preparatorias das ABAU |
Do 15 o 19 de xuño |
NOTA: todo o alumnado que aprobe todas as materias de 2º de Bach deberá pasar esa mesma mañá do 9 de xuño, tras recibir as notas, pola secretaría do centro para formalizar a solicitude de título de bacharelato.
Ademais subimos diversa documentación para informar sobre as probas ABAU e as reclamacións
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »