Taboleiro

Entrega de notas da terceira avaliación en ESO e da avaliación ordinaria en 1º de Bacharelato

A entrega de notas da terceira avaliación nos grupos da ESO realizarase do seguinte xeito:

  1. O luns, 6 de xuño, entre as 21 e as 22 horas estarán dispoñibles as notas na aplicación Abalarmóbil.
  2. O martes, 7 de xuño, no horario lectivo, o titor/a entregará boletín de notas asinadas xunto cos informes específicos asinados por cada profesor/a das materias que teñen que recuperar cara á avaliación ordinaria. As actividades de recuperación e ampliación de cada materia realizaranse ata o 22 de xuño incluído.

A entrega de notas da avaliación ordinaria nos grupos 1º de Bacharelato realizarase do seguinte xeito:

  1. O mércores, 8 de xuño, entre as 21 e as 22 horas estarán dispoñibles as notas na aplicación Abalarmóbil.
  2. O xoves, 9 de xuño, no horario lectivo, o titor/a entregará boletín de notas asinadas. As actividades de preparación das materisa para a avaliación extraordinaria e de ampliación realizaranse ata o 22 de xuño incluído.
  3. O periodo de reclamacións contra as calificación da avaliación ordinaria será o 9 e o 10 de xuño.

 

O Clube de Ciencias en Ponteciencia 2022

O noso clube de ciencias participa en Ponteciencia 2022.con 3 proxectos chulísimos sobre a aplicación da tecnoloxía a resolver problemas da vida cotiá para invidentes e daltónicos, sobre o aproveitamento da auga para regar plantas e sobre sobre a producción de bioelectricidade con plantas.

 

Todos os proxectos se poderán visitar no horario de visita libre:

  • O venres 27 de maio de 2022 de 18;30 a 19:30.
  • O sábado 28 de maio de 2022 de 11:00 a 13:30

O Programa é o seguinte:

Entrega de notas e reclamacións alumnado 2º Bacharelato

A entrega de notas da terceira avaliación e avaliación ordinaria do alumnado de 2º de Bacharlelato será:

  • Mércores 18 de maio entre as 20 e as 21 h. por Abalar. A partir desta comunicación electrónica comezará a contar o prazo para realizar reclamacións ás calificacións.
  • Xoves 19 de maio ás 11 h. en papel na súa aula de referencia.

O prazo de presentación de reclamacións será ata o venres 20 de maio ás 14h. na oficina do centro.

Charlas informativas para familias e profesorado

O equipo directivo do instituto e a ANPA El Pino estamos a organizar para as familias dos alumnos e o profesorado dúas charlas informativas que terán lugar a vindeira semana:

     .- Martes 27 de xaneiro (de 20.15 a 21.30 horas): charla sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal

        dos menores. Será impartida por colaboradores da Asociación Arela de Vigo.

     .- Xoves 29 de xaneiro (de 20.30 a 22.00 horas): charla sobre a comunicación cos fillos adolescentes.

        Será impartida por un psicólogo colaborador de Cruz Vermella.

Estas actividades terán lugar na Aula 22 do instituto. Para que ambas charlas se poidan confirmar, é preciso contar cun mínimo de vinte ou vinte e cinco asistentes. Así, aquelas persoas que estean interesadas en participar nestas actividades poderán comunicárnolo a través do enderezo de correo electrónico do instituto: ies.torrente.ballester@edu.xunta.es. O último día para facelo será o luns 26 de xaneiro.

 

CONCURSO DE FRANCÉS

Con motivo do fin do curso o departamento de francés convoca un concurso para esta semana "Questions pour un champion" desde o luns 8 até o venres 12. Para máis detalles ver a imaxe. Moita sorte aos participantes

Listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto. Curso 2018-2019

Faise pública a listaxe definitiva do fondo solidario de libros de texto. Nesta listaxe hai que ter en conta que:

  • Só aparece o alumnado que entregou a solicitude no noso centro antes do verán. Polo tanto non aparecen nin o alumnado repetidor de 4º que o solicitase en setembro nin o alumnado que trasladou a súa solicitude ao noso centro ao matricularse en setembro. Este alumnado será comunicado á maior brevidade posible dos libros asignados.
  • O alumnado de 1º de ESO non ten dereito ao préstamo deste fondo xa que o noso centro é centro e-dixgal nese nivel. Os fondos que aparecen na listaxe son os das materias que non teñen libro dixital e que ata o ano pasado prestáronse neste fondo solidario.

A listaxe pode consultarse no seguinte ENLACE.

 

Premios Extraordinarios de Bacharelato

Pódese acceder a toda a información dos premios extraordinarios de Bacharelato no seguinte enlace:

Premios extraordianrios de bacharelato 

 

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º BACHARELATO

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, vén de ditar unha circular pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións finais outorgadas no 2º curso de Bacharelato.

Toda a información relativa a este procedemento estará exposta nos taboleiros de todas as aulas de 2º BAC e no vestíbulo do noso centro a partir de mañá mesmo, mércores 3 de Maio de 2017, coa finalidade de que todos os alumnos poidan ter acceso á mesma. Igualmente, a circular mencionada anteriormente pode ser consultada e/ou descargada premendo na seguinte ligazón:

CIRCULAR nº 2/2017

BEN VEÑAS MAIO 2017

Cartel do concello "Maio, mes da lingua"

Din que as boas novas son contaxiosas, e así debe de ser, porque ultimamente o noso alumnado está a pisar forte e a conseguir que o nome do IES Gonzalo Torrente Ballester se escoite con forza en toda a cidade e, tamén, fóra dela.

Pois ben, nesta ocasión comprácenos poder felicitar a tres estudantes do noso centro que acadaron cadanseu premio na presente edición do certame literario, musical e audiovisual “Ben Veñas Maio” que, como cada ano, organiza a Coordinadora dos Equipos de Normalización da Lingua Galega dos institutos e colexios públicos de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello.

Os alumnos e alumna premiados son:

ROI VARELA BERNÁRDEZ  (1º ESO A):                 2º Premio na Categoría A de Narrativa

GONZALO VALIÑAS BAÑOS  (2º ESO D):            2º Premio na Categoría A de Narrativa

PABLO BOLEAS FRANCISCO  (3º ESO C):             1º Premio na Categoría B de Narrativa

NOEMIA VEIGA GONÇALVES  (2º BAC A):          1º Premio na Categoría B de Poesía

 

Cómpre sinalar que, en realidade, Noemia presentara dúas composicións, “Altea” e “Sombras”, sendo ambas, respectivamente, a primeira e segunda poesías máis votadas polo xurado, pero dado que as bases do concurso impiden conceder ambos premios a unha mesma persoa, soamente lle foi adxudicado o primeiro deles.

Como xa sabedes, a entrega dos galardóns a todos os premiados realízase nun acto público que este ano terá lugar o Sábado 13 de Maio ás 18:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Animádevos e asistide para aplaudir a rabiar aos vosos compañeiros! Pero, ademais, se o preferides, dende as 17:00 horas poderedes gozar das actuacións dos grupos musicais participantes neste “Ben Veñas Maio”.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL

Sorriso. Optimismo. Ánimo. Son as palabras que me veñen á cabeza cando penso en Antón. E, por suposto, "GENIAL!", porque seguramente é a palabra que máis veces lle escoitei pronunciar.

-  Que tal o curso, Antón?

GENIAL!

-  Que tal o verán, Antón?

GENIAL!

- E o grupo deste ano, Antón?

GENIAL!

 

E ti sabes que un día por semana Antón ten que ir a un hospital fóra de Pontevedra. E sabes que Antón ten que pasar por operacións e por fisioterapia. Pero sabes que Antón volverá entrar no instituto co seu sorriso. E volverá contestar "GENIAL!!" cando lle preguntes. E Antón participará no Samaín e no Entroido, disfrazándose, pasándoo ben e facéndollo pasar ben aos demais.

E agora, ademais de sabelo nós, os que con el compartimos o Torrente, sábeo máis xente, porque a Consellería recoñeceulle o seu traballo e o seu esforzo cun premio.

O que igual os demais non saben e que, ANTÓN, TI SI QUE ES "GENIAL" !!

 

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2016/2017

 

Premendo sobre cada nivel, accédese á información relativa aos libros de texto correspondentes ao mesmo para o vindeiro curso académico 2016/2017.

 

1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO 1º BAC 2º BAC

PRAZOS PARA AS RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS (ESO e 1º BAC)

 

O vindeiro luns 27 de Xuño de 2016, ás 10:00 horas, serán entregados os boletíns das cualificacións finais a todo o alumnado de ESO e 1º Bacharelato.

No caso de que exista algún desacordo coa cualficación final outorgada nalgunha materia, estas son as normas e os prazos a ter en conta para realizar algunha reclamación:

  • Despois das aclaracións oportunas co/a profesor/a, se procede, o/a alumno/a (nos casos de maiores de 18 anos) ou o seu representante legal, pai/nai (nos casos de menores de 18 anos), poderán solicitar por escrito (existe un modelo de impreso nas oficinas do centro) a revisión da cualificación no prazo de 2 días lectivos a partir daquel no que se produciu a súa comunicación. Polo tanto, dita solicitude poderá ser presentada ata as 14:00 horas do día 29 de Xuño de 2016.
  • O Departamento correspondente resolverá a reclamación nun prazo máximo de 2 días lectivos, sendo comunicada a resolución ao/á alumno/a ou á súa familia pola Xefatura de Estudos do centro.
  • No caso de persistir o desacordo, o/a alumno/a (nos casos de maiores de 18 anos) ou o seu representante legal, pai/nai (nos casos de menores de 18 anos) poderán solicitar por escrito ao Director do centro (existe un modelo de impreso nas oficinas do centro), no prazo de 2 días lectivos a partir da última comunicación do centro, que eleve a reclamación á Xefatura Territorial.
  • O tempo máximo para a resposta da Xefatura Territorial ás reclamacións de ESO e Bacharelato será de 15 días lectivos.

 

PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 2016-17

No vindeiro mes de Marzo comeza o proceso de admisión e matrícula do alumnado para o curso 2016-17.

Tanto no taboleiro do centro, como nos arquivos  que van xunto a esta entrada, podedes atopar os segunites documentos:

Proceso de Admisión e Matriculacion 2016-17.

Calendario Orientativo de Admisión e Matrícula.

Criterio de Baremación complementaria do Centro

Listaxes de Admitidos e Existencia de Libros para o Fondo Solidario de Libros de Texto

Xa está á vosa disposición a Listaxe Provisional de Admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto , premendo aquí, a podedes  ver e descargar.

Por outra banda, se premedes aquí, poderedes  ver e descargar  as Existencias de Libros do devandito Fondo solidario dispoñibles no Instituto.

ATENCIÓN: A lista de ADMITIDOS é PROVISIONAL e, por problemas do programa informático, non se actualizará ata SETEMBRO. Os erros que podades ver nos documentos publicados, xa están emendados e non é necesario que pasedes polo centro ata SETEMBRO.

Calendarios Probas Extraordinarias - Setembro 2015

 Se premedes nestas imaxes dos calendarios, poderedes descargar e imprimir cada unha delas.

 

 

 

 

 

Libros de texto para o curso 2015-2016

Facendo clic nos enlaces que tedes máis abaixo poderedes acceder ós libros de texto de cada curso para o ano académico 2015-2016. Fixádevos ben en que nalgunhas materias non se usará libro de texto, en que noutras haberá que agardar ata os primeiros días de clase para mercalo e en que noutras quizais volo poida prestar o centro.

1º ESO        2º ESO        3º ESO        4º ESO        1º BACH.        2º BACH.

Obradoiro de prensa - A voz do Quinto

O pasado venres día 19 tivemos a ocasión de presentar no Salón de Actos do instituto "A voz do Quinto", o xornal solidario resultante do obradoiro de prensa que este curso organizamos no centro. A el asistiron sete alumnos/as, aínda que inicialmente eran trece, e tiveron a ocasión de aprender cuestións relacionadas co xénero xornalístico e coa educación en valores e para o desenvolvemento. Como monitora desta actividade actuou Carmen Novas, responsable de comunicación para o desenvolvemento de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), organización que xunto con Asemblea de Cooperación pola Paz leva xa varios cursos colaborando co noso centro. "A voz do Quinto" é un pequeno xornal cuxa intención é a de promover valores solidarios e concienciar fronte ás inxustizas. Esta edición inclúe artigos sobre igualdade entre homes e mulleres, a protección animal e ambiental, o comercio xusto, o desenvolvemento dos países do Sur... Os que queirades ler a versión completa do xornal, podedes facelo a través desta ligazón.

 

Distribuir contido