Taboleiro
CAMPUS DE LUGO.OFERTA EDUCATIVA
Os estudos universitarios que ofrece a Facultade de Ciencias do Campus de
Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) son os correspondentes aos
Graos e Máster que se relacionan a continuación e que podedes consultar
pinchando nos seus respectivos enlaces:
*
<http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/graoennutricionhumanaedietetica.html>
Grado en Nutrición Humana y Dietética. Titulación que capacita para ejercer
la profesión regulada de <http://agalegadn.es/> Dietista-Nutricionista.
* <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/graoenepqi.html> Grado en
Ingeniería de Procesos Químicos Industriales. Titulación que capacita para
ejercer la profesión regulada de
<http://www.cogiti.es/Paginas/Ficha.aspx?IdMenu=a2238bd0-3048-4d9d-ab8c-c91c
6fdfd475> Ingeniero Técnico Industrial.
* <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/masterunivprevrislab.html>
Máster en Prevención de Riesgos Laborales y Salud Medioambiental. Titulación
que capacita para ejercer como Técnico Especialista en Prevención de Riesgos
Laborales en sus tres especialidades.
* <http://www.usc.es/gl/centros/ciencias/masterunivenxind.html> Máster
en Ingeniería Industrial. Titulación que capacita para ejercer la profesión
regulada de <http://www.icoiig.es/el-ingeniero-industrial.htm> Ingeniero
Industrial.
EURES
O teu primeiro traballo Eures:
http://xuventude.xunta.es/201206047863/o-teu-primeiro-traballo-eures.html
Axudas para empresas da rede Eures:
http://xuventude.xunta.es/201212179289/subvencions-a-pequenas-e-medianas-empresas-para-facilitar-a-integracion-de-mozos-traballadores.html
Saídas didácticas do 21 de decembro
O vindeiro 21 de decembro distintos grupos de alumnos do instituto van participar en dúas saídas didácticas:
- Visita á exposición de obras de Picasso "El equilibrio y el vértigo" no Centro Cultural Novacaixagalicia-Café Moderno en Pontevedra. A esta actividade asistirán os alumnos de Educación Plástica e Visual de 3º D e 4º A de ESO, e os de Historia da Arte de 2º de Bacharelato.
- Visita ó belén artesanal en movemento de Valga. Neste caso os alumnos serán os de Relixión de 1º e 2º de ESO.
A ANPA El Pino colaborou, como vén sendo habitual, na organización destas dúas actividades, feito polo cal lles amosamos novamente o noso agradecemento.
Exposición sobre recursos enerxéticos
Na semana do 17 ó 21 de decembro a biblioteca do instituto albergará unha exposición sobre os recursos enerxéticos naturais de Galicia. A mostra foi cedida pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo, á que lle agradecemos a súa dispoñibilidade para cedernos estes materiais. A exposición, que está aberta a todo aquel que desexe visitala, está formada por tres paneis, nos que se dá información sobre os distintos recursos enerxéticos, os principais lugares de Galicia onde se explotan, as súas técnicas de extracción, etc.
DoceNadal12
O instituto está a colaborar con Xuventudes Socialistas de Pontevedra no desenvolvemento da carreira solidaria DoceNadal12, que está a ter lugar tamén noutros centros educativos da cidade. A meta desta é conseguir a maior cantidade posible de doces de Nadal (turrón, mazapán, polvoróns, améndoas, etc.) para repartilos entre as familias máis necesitadas, de xeito que poidamos contribuír á súa ledicia nestas datas tan sinaladas. A campaña desenvolverase entre o luns 10 e o mércores 19 de decembro. Haberá dispoñible unha cesta nas oficinas do centro onde alumnos, familias e traballadores poderemos depositar os alimentos que desexemos doar. Dende o equipo directivo animamos a toda a comunidade educativa a participar nunha actividade de marcado carácter solidario como é esta.
PRESENTACIÓN NA BIBLIOTECA : SIDA
O día 3 de decembro (luns) no 2º recreo, na biblioteca, haberá unha presentación en power point sobre o SIDA, con música de Queen (Who Wants To Live Forever).
Concurso de reciclaxe de cartuchos de impresión
O instituto participará nun concurso nacional de recollida de cartuchos e tóners de impresión promovido pola empresa moañesa Recoatlántico. Por cada cartucho ou tóner recollido a empresa pagará unha pequena cantidade de cartos que será destinada a financiar a viaxe de fin de estudos para os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Neste enlace poderase atopar toda a información relativa ó concurso. O instituto anima a todos os membros da súa comunidade educativa a participar nesta iniciativa pola conservación do medio.
Concurso de postais de Nadal
Os departamentos de Artes Plásticas e de Relixión, e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocan un ano máis o tradicional concurso de postais de Nadal. A tarxeta elixida será utilizada polo centro como postal de felicitación institucional do Nadal. Nesta ligazón poderedes atopar as bases do concurso. Lembrade que o prazo remata o día 12 de decembro. Animádevos a participar.
CULTURGAL.FEIRAS DAS INDUSTRIAS CULTURAIS.PAZO DA CULTURA.PONTEVEDRA
LUGAR: Pazo da Cultura de Pontevedra
Días: 30 de novembro, 1 e 2 de decembro 2012
Acceso gratuíto
Habrá música, literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo,maxia, novas tecnoloxías.Programas en direto da TVG e da RG,Redelibros que emitirá en streaming a programación literaria da feira.
Conta coa participación dun nutrido grupo de asociacións sectoriais que se instalarán na casa da cultura galega, a súa casa, e aproveitarán a oportunidade para achegarse ao público: Aaag (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Agpi (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración),Agpti (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación), Agpxc (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural), Afearte (Asociación de Festivais das Artes Escénicas), Asociación de Gaiteiros, Asociación Músicos Ao Vivo, Asociación Oral de Galicia, APCG (Asociación de Profesionais do Circo de Galicia), Cgendl (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística), Crea (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia), Ctnl (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua), Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Gatea,Danesga e Unima Galicia.
DELINEANTE
EMPRESA: Aplicanor
LOCALIDADE: A Coruña
DESCRICIÓN:Interpretación de planos e modificación dos mesmos.Trato directo cos provedores. Francés: realización de pedidos,resolución de incidencias.
REQUISITOS: Nivel alto de francés,manexo do programa AUTOCAD 2D e 3D.
CONDICIÓNS: Incorporación inmediata.
CONTACTO:www.construyendoempleo.com
PONTEemprego 2012
A Feira de emprego PONTEemprego, celebrarase os días 21 e 22 de novembro no Pazo de Congresos.Busca ser un punto de encontro e reflexión para a búsqueda de emprego e ou autoemprego.Está orientada aos demandantes de emprego e estudantes dos derradeiros cursos. A apertura da Feira dará comezo o día 21 de novembro de 2012 ás 10:00 horas no salón de actos.Desenvolveranse distintas charlas en horario de mañá e tarde, nos distintos espazos habilitados: Salón de actos,Auditorio+Ideas,Workshops.
Inscricións: Envía teus datos ao email inscricions@feiraemprego.es
OFERTA DE EMPREGO:DELINEANTE INDUSTRIAL
Empresa: Eulen Flexiplan selecciona para empresa do sector do metal
Localidade: Porriño
Requisistos: FP de Delineación,Mecanizado ou Titulación equivalente.Nivel alto en autocad e solidworks.Imprescindible nivel alto falado e escrito en francés.
Enviar C.V a aares.flexiplan@eulen.com
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8