Reclamación e/ou Segunda Corrección:PAU
Sobre a cualificación outorgada de cada materia despois da primeira corrección e no prazo de tres días hábiles contados a partir da data de publicación das cualificacións, cada estudante poderá presentar solicitude de:
- Reclamación
- Segunda corrección
As solicitudes de reclamación e segunda corrección poderán presentarse no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) no cal se entregou a solicitude de matrícula para a PAU, empregando os impresos específicos a tal efecto, ou a través da aplicación informática NERTA, non sendo preciso neste caso a entrega das solicitudes nos LERD. Para iso é necesario o código de acceso dos resgardo de matrícula para a PAU.
- 1. Reclamación:
Unha vez publicadas as cualificacións provisionais, o alumnado poderá presentar unha solicitude de reclamación ante a Comisión Organizadora das PAU sobre a cualificación outorgada a cada unha das materias das que se fixese exame naqueles exercicios nos que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección.
Os exercicios sobre os que se solicite reclamación serán revisados co obxecto de verificar que todas as cuestións fosen avaliadas cunha correcta aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección, así como a comprobación de que non existen erros materiais no proceso de cálculo da cualificación outorgada.
A cualificación definitiva da materia ou materias obxecto da reclamación será a que resulte do antedito proceso de revisión, sempre que esta sexa superior á outorgada na primeira corrección, agás nos casos de erros materiais de cálculo da cualificación, no que a cualificación será a que resulte do cálculo correcto.
A presentación de reclamación excluirá a posibilidade de solicitar a dobre corrección.
Convocatoria PAU 2013
Reclamacións
|
XUÑO
|
SETEMBRO
|
Prazo de solicitude
|
22-26 xuño | 30 setembro - 2 outubro |
Resolución
|
28 xuño | 4 outubro |
- 2. Segunda corrección:
Publicadas as cualificacións provisionais, o alumnado poderá presentar, ante o presidente do Tribunal, solicitude dunha segunda corrección [segunda corrección] dos exercicios nos que se considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e/ou específicos de corrección.
Os exercicios sobre os que se presente unha solicitude de segunda corrección serán corrixidos por un profesor ou profesora especialista distinto ao que levou a cabo a primeira corrección.
A cualificación resultará da media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas correccións. No suposto de que existise unha diferenza de 2 ou máis puntos entre as dúas cualificacións, o tribunal efectuará, de oficio, unha terceira corrección. A cualificación final será a media aritmética das tres cualificacións.
Este procedemento efectuarase no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de finalización do prazo establecido anteriormente.
Sobre a cualificación outorgada despois do proceso de segunda corrección, o estudante poderá presentar reclamación ante a Comisión Organizadora, no prazo de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación da resolución da segunda corrección. A cualificación definitiva será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior a outorgada na segunda corrección.
Convocatoria PAU 2013
2ª Corrección
|
XUÑO
|
SETEMBRO
|
Prazo de solicitude
|
22-26 xuño | 30 setembro - 2 outubro |
Resolución
|
28 xuño | 4 outubro |
Solicitude de reclamación
|
1-3 xullo | 7-9 outubro |
Cualificacións definitivas
|
4 xullo | 10 outubro |
3.- Outros recursos: