CONFIRMADA - Charla sobre comunicación cos nosos fillos adolescentes
CONFÍRMASE QUE FINALMENTE A CHARLA TERÁ LUGAR O VINDEIRO MARTES 28 DE MAIO DE 20.30 A 21.30 HORAS NA AULA 27 (2º ANDAR DO INSTITUTO).
O instituto e a ANPA El Pino están a organizar para as familias dos alumnos unha charla informativa sobre comunicación cos nosos fillos adolescentes. Esta actividade será desenvolvida por colaboradores de Cruz Vermella e terá lugar no Salón de Actos do centro o vindeiro martes 28 de maio entre as 20.30 e as 21.30 horas, aínda que se podería estender un pouco máis en función do grao de participación dos asistentes. Para que esta actividade quede organizada de xeito definitivo é preciso que se inscriban un mínimo de vinte e cinco persoas. Polo tanto, co fin de saber se contamos cun número de persoas o suficientemente numeroso, dende o equipo directivo pedímoslles ás familias interesadas en participar nesta charla que nolo confirmen a través dos seguintes medios:
.- devolución da carta entregada polo centro ós alumnos;
.- teléfono do centro: 986863612 (preguntar por Óscar Pedrido, vicedirector);
.- correo electrónico: ies.torrente.ballester@edu.xunta.es
.- correo electrónico: ies.torrente.ballester@edu.xunta.es
A data límite para comunicar o interese en participar na charla é o vindeiro luns 20 de maio.