Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes2013

Orde do 3 de maio de 2013 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2013/14.

  • O prazo de presentación das solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Ademais, establécese un prazo extraordinario de presentación de solicitudes durante a primeira quincena do mes de setembro, para o suposto de ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde.
  • Así mesmo, poderá presentar solicitudes durante este prazo extraordinario o alumnado que realice ciclos formativos e, excepcionalmente no curso académico 2013/14, o de bacharelato.
  • Excepcionalmente e con respecto aos estudos universitarios, solicitarán praza só para o curso 2013/14, tendo en conta que o curso escolar durará o que se especifique no calendario escolar que esta consellería publicará no DOG no seu momento e que, en todo caso, os centros residenciais docentes pecharán as súas portas antes do 30 de xuño de 2014.
Será necesario que os estudos para os cales solicita a praza de residencia non os poida cursar na localidade de residencia da unidade familiar por non existir un
centro sostido con fondos públicos que os imparta, nin nunha localidade próxima, ou porque a distancia entre este e o domicilio familiar e os medios de comunicación dispoñibles
impidan un acceso diario con facilidade.
As solicitudes faranse no modelo do anexo II desta orde, irán dirixidas á dirección do centro residencial docente e poderán presentarse directamente neste ou en calquera dos
lugares indicados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
1. Certificado do padrón municipal en que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel, e no cal deberá constar o número de habitantes da entidade de
poboación.
2. Certificación dos servizos sociais que xustifique ou acredite que na localidade de residencia da unidade familiar concorren as circunstancias a que se refire o último parágrafo
do artigo 3.2 desta orde ou as situacións excepcionais reflectidas no segundo parágrafo do mesmo artigo.
3. Documentación necesaria para xustificar que a renda da unidade familiar reúne os requisitos exixidos no artigo 3 desta orde.
4. Certificado oficial das notas obtidas no curso escolar 2011/12.
5. As persoas interesadas autorizarán expresamente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para solicitar ante o Sistema de verificación de datos de
identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a información de identidade
persoal necesaria para o procedemento de adxudicación de prazas.
A resolución de adxudicación provisional, a relación de suplentes e a relación de excluídos por non acadaren a puntuación mínima publicarase na páxina web da consellería
de educación antes do 15 de xuño de 2013, e indicará o centro asignado e se a praza é totalmente gratuíta ou, de ser o caso, o importe que tería que aboar o adxudicatario provisional,
e, así mesmo, que contra ela as persoas interesadas poderán formular reclamación ante a propia comisión no prazo de 10 días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Orde do 3 de maio de 2013: Convocatoria de prazas nos CRDs da Coruña, Ourense e Vigo (DOG)

AdxuntoTamaño
20130514_prazas_cdr.txt32.12 KB