3º ESO. Coñece as túas institucións. Xunta de Galicia e Parlamento de Galicia
24.01.2024
O 24 de xaneiro o noso alumnado de 3º ESO acompañado das profesoras Rocío López, Cristina Ouro e Nerea Iglesias visitaron Compostela dentro do Programa "Coñece as túas institucións" onde visitaron a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galica. Foi unha xornada ben entretida e chea de coñecementos!
Plan Proxecta: Cóntame un conto. Formación profesorado
20.01.2024
As profesoras do IES Río Cabe, Sara Porrit, Noelia Besteiro e Pilar López participaron nos cursos de formación do Plan Proxecta Cóntame un conto no que están a traballar co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.
O día 18 de novembro e o 20 de xaneiro tiveron ocasión de coñecer o Museo do Pobo Galego e participaron nos obradoiros para coñecer a literatura de tradición oral de Galicia, así como o de gravar a arte de contar. Alén disto tiveron a fortuna de escoitar a dous grandes contadores de contos como son María da Pontragha e Celso F. Sanmartín.
Deixámosvos algunha fotografía.
FÚTBOL SALA
Cuarto partido do Equipo de Fútbol Sala Infantil do IES Río Cabe da Tempada 2023-24. Celebrouse o venres 19-1-24 ás 16.15h no Pavillón do IES Río Cabe, os rivais foron o equipo do Saviñao.
O noso equipo segue a mellorar.
Parabéns e a seguir adestrando, xogando e disfrutando!
- APIs de Blogue
- Calendario
1º ESO. Club de lectura
17.01.2024
Na mañá do mércores, 17 de xaneiro de 2024, o alumnado de 1º ESO A xunto coa súa profesora de Lingua Castelá, Nuria Mariño, xuntáronse na biblioteca do centro educativo para pór en común a lectura do libro de Iria Misa Mamá, quero ser Ziggy Stardust e degustaron un biscoito de noces.
Compartiron a vida dunha nena que non se identifica co sexo co que naceu e sente unha admiración especial pola figura de Ziggy Stardust. Na reunión analizaron todos os problemas que lle acarrexou esta situación: problemas familiares, rexeitamento dunha parte da sociedade, conflitos escolares, actitude ben diferentes de persoas moi achegadas... Con esta obra a rapazada achegouse ao mundo da diversidade dun xeito natural.
A historia está narrada por un amigo invisible de Anie, a protagonista, co que fala e comparte as súas confidencias, xoga, canta, maquíllase...
Gañadoras e gañadores sorteo cestas Nadal_Pro viaxe fin de curso 2023-2024_4º ESO
15.01.2024
Todas as cestas foron entregadas. Moitos parabéns ás persoas gañadoras e a todas e todos as e os que colaborastes para axudar a financiar a excursión de fin de curso 2023/2024 do alumnado de 4º ESO do IES Río Cabe.
3º ESO_4º ESO_EduReferentes
15.01.2024
O 15 de xaneiro tivemos o pracer de contar no noso centro co Proxecto EduReferentes que ten como finalidade achegar ao noso alumnado, información e acompañamento para facilitar o seu coñecemento sobre o mundo laboral, dende unha perspectiva de xénero.
Con tal motivo tivemos a visita da Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa; Judith Fernández Novoa e a Xefa Territorial de Lugo Sagrario Sánchez Ramil, acompañando a Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia e a Susana Pérez Crespo coordinadora do programa.
Nesta ocasión tivemos o pracer contar cos testemuños de grandes referentes nos seus respectivos ámbitos laborais, mil grazas e unha forte aperta para Isabel Aguirre e Marivi Iglesias.
O alumnado que acudiu aos relatorios foi o de 3º ESO e 4º ESO, o cal gozou moito da experiencia. Unha vez rematados os relatorios, o alumnado de 3º ESO participou nun taller do proxecto.
O 1 de marzo tiveron lugar as sesións de mentoría individualizada co alumnado seleccionado de 3ºESO da man de Mariví.
Pica AQUÍ para ler a notica na web do Portal Educativo - Xunta de Galicia.
1º Bacharelato_2º Bacharelato_A Ponte entre o ensino medio e a USC_ABAU_Relatorio Maite Flores
12.01.2024
O venres 12 de xaneiro a catedrática de Física da USC e vicepresidenta da CiUGA, Maite Flores, ofreceu un relatorio sobre a ABAU e sobre a USC ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Foi moi interesante e aclarou moitas das dúbidas que o alumnado ten en relación ao seu futuro académico.
Moitas grazas ao programa A Ponte da USC e a Maite Flores por ofrecer este tipo de actividades aos centros educativos.
Convocatoria probas obtención título graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos
Publicada a Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.
Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:
Para a primeira convocatoria: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
Para a segunda convocatoria: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.
Mais información no seguinte enlace
Calendario exames finais niveis 1 e 3 ensino secundario para persoas adultas e comezo das clases niveis 2 e 4
Os exames finais dos niveis 1 e 3 do ensino secundario para persoas adultas celebraranse os días 29 30 e 31 de xaneiro. A avaliación final ordinaria realizarase o día 1 de febreiro.
Toda a información está no seguinte enlace
As clases dos niveis 2 e 4 comenzarán o día 5 de febreiro. Pódense descargar os horarios:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »