FÚTBOL SALA INFANTIL

15/12/2023 22:47
Europe/Madrid

Terceiro partido do Equipo de Fútbol Sala Infantil do IES Río Cabe da Tempada 2023-24. Celebrouse o venres 01-12-23 ás 18.30 h. no Pavillón do Concello de Bóveda, os rivais foron o equipo das escolas deportivas municipais de Quiroga. O noso equipo segue a mellorar pero a falta de efectivos non lles axudou.

Parabéns e a seguir adestrando, xogando e desfrutando!

 

 

1º Bacharelato e 2º Bacharelato. Relatorio do exalumno Adrián Otero Vila

11.12.2023

 

O 11 de decembro recibimos no IES Río Cabe a Adrián Otero, antigo alumno e fillo da nosa excompañeira María Xesús Vila, acompañado da súa parella Rachel, Adrián explicoulle ao alumnado de 1º Bacharelato e 2º Bacharelato a súa experiencia estudantil e laboral. Adrián estudou Enxeñería Informática e traballo en varias empresas como informático e programador, entre elas INDITEX mais, tal e como explicou, non era un traballo que o apaixoase e por iso decidiu deixalo todo e dedicarse de cheo á fotografía, a súa gran paixón e a que converteu no seu traballo. Viaxa polo mundo captando as mellores paisaxes e mostrando o seu traballo nas redes sociais e na súa páxina web www.aows.co 

Alumnado e profesorado gozaron escoitándoo e facéndolle múltiples e interesantes preguntas a Adrián.

Desexámoslle moita sorte e agradecemos o seu paso polo noso centro educativo, sempre é un pracer recibir a exalumnado e que nos conten a súa experiencia anos despois de saír da que tamén foi a súa casa, o IES Río Cabe.

 

Álbum: Escolares -> 2023_12_11_1ª AVA_1º BACH_2º BACH_Relatorio exalumno Adrián Otero Vila

Todos os cursos. Decoración de Nadal

11.12.2023

 

No IES Río Cabe xa estamos cos preparativos e coa decoración do Nadal, por iso, o noso alumnado estivo colocando na entrada do centro a árbore de Nadal cos seus adornos feitos polo alumnado e profesorado do instituto.

A comunidade educativa do IES Río Cabe deséxavos Bo Nadal!

 

 

1º Bacharelato. BioXeo e F&Q. MUNCYT e Casa das Ciencias. A Coruña

05.12.2023

 

 O alumando de 1º Bacharelato ven de participar nunha actividade organizada polos departamentos de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía, que se desenvolveu o pasado martes día 5 de decembro na cidada da Coruña.

 

A xornada comezou cunha visita á Casa das Ciencias para continuar cunha interesante experiencia no MUNCYT (Museo de Ciencia e Tecnoloxía) onde o alumnado tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de electricidade e electrónica. Resultou unha xornada de convivencia moi interesante!

 

Queremos destacar de xeito moi positivo a felicitación por parte dos responsables dos museos visitados polo bo comportamento e actitude do alumnado durante o desenvolvemento das actividades.

 

            

Álbum: Escolares -> 2023_12_05_1ª AVA_1º BACH_MUNCYT_Casa das Ciencias_BioXeo_F&Q

3º ESO. Museo Arte Sacro de Monforte de Lemos

30.11.2023

01.12.2023

 

O xoves 30 de novembro e o venres 1 de decembro os alumnos de 3º de ESO A+PDC e B de Relixión e Historia , acompañados das súas profesoras Ángeles e Fina, fixeron unha visita ao Museo de Arte Sacro das Clarisas de Monforte de Lemos, o segundo máis importante de España.

Foi fundado no S.XVII polo VII Conde de Lemos e a súa muller Catalina de la Cerda, filla do duque de Lerma, tras regresar de Nápoles, onde Pedro Frenández de Castro foi Virrei

A visita foi do máis proveitosa, alí poidemos ver toda unha colección de relicarios, a maior parte do S.XVII (un dos cravos da cruz de Cristo, unha espiña da coroa, un fragmento de madeira da cruz...), así como obxectos litúrxicos (custodias, cálices, casullas, estolas, etc...), dous Ecce Homo, etc.

O que máis nos chamou a atención foron, entre outras cousas, unha réplica da cabeza de San Xoán Bautista e, sobre todo, a escultura do Cristo Xacente, feita en madeira policromada e obra do artista galego barroco Gregorio Fernández (Sarria) .

 

Nesta ocasión os alumnos/as realizaron actividades para coñecer mellor as obras de arte.

 

Álbum: Escolares -> 2023_11_30_01_1ª AVA_3º ESO_Museo Arte Sacro_Clarisas

FÚTBOL SALA

01/12/2023 23:40
Europe/Madrid

Segundo partido do Equipo de Fútbol Sala Infantil do IES Río Cabe da Tempada 2023-24. Celebrouse o venres 1-12-23 ás 18.30h no Pavillón do Concello de Bóveda, os rivais foron o equipo das escolas deportivas municipais de Quiroga. O noso equipo segue a mellorar os poucos.

Parabéns e a seguir adestrando, xogando e desfrutando!

 

 

4º ESO. Rifas sorteo de 8 cestas con produtos variados

O alumnado de 4º ESO xa está inmerso na recadación de fondos para a súa excursión de Fin de Curso.  Para iso, elaboraron oito cestas con produtos doados polos comercios de Monforte de Lemos. Se che gustaría ser o/a afortunado/a de levar unha delas, só terás que mercar rifas (como as que aparecen na imaxe) ao alumnado de 4º ESO do IES Río Cabe.

Queremos agradecer a ANPA a súa colaboración no pagamento íntegro das rifas a todo o alumnado deste curso.

Moita sorte a todas e a todos!

O sorteo realizarase o 15 de xaneiro de 2024 na entrada do IES Río Cabe e publicaranse os números gañadores e a cesta asociada a cada níumero na web e nun cartel informativo na porta do IES. No ca so de non aparecer os gañadores/as repetiríase o sorteo o 1 de febreiro de 2024.

 

 

Tamén queremos dar as grazas a todos os comercios que achegaron os seus produtos para que se puidesen elaborar as cestas. Os comercios de Monforte de Lemos son os seguintes:

 

 

25N. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

29.11.2023

 

Coma todos os anos, alumnado, profesorado e persoal non docente conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Este curso, dende o IES Río Cabe, tivemos varias actividades na Biblioteca: lectura dun manifesto por parte do alumno Demetrio Álvarez de 1º Bacharelato, coreografía do tema ""Reina" de Ruth Lorenzo e Tanxugueiras por parte do alumnado de 2º ESO e a continuación actuación do grupo musical de Bibliocabe "Os Furanchos". 

Para rematar esta xornada entregóuselle a toda a comunida deducativa do IES Río Cabe unha chapa impresa con debuxos feitos polo alumnado en relación ao 25N.

Dende o IES Río Cabe dicimos NON á violencia contra as mulleres e a calquera tipo de violencia. 

Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.

 

 

3º ESO. Club de Ciencias. Proxecto Eratóstenes

27.09.2023

 

O día 27 de setembro baixamos á pista de deportes exterior con alumnos/as de 3º ESO, para recoller os datos que logo empregaremos na realización dos cálculos do perímetro terrestre tal e como o mediu por primeira vez hai dous mil douscentos anos Eratóstenes. Os alumnos/as por grupos fixeron distintas tomas de datos, soportando un forte sol.

Eratóstenes é coñecido por ser a primeira persoa en calcular o diámetro e a circunferencia da Terra comparando a altitude do Sol ao mediodía, en dous lugares que se atopan separados unha distancia coñecida.

Trátase de describir cando é mediodía no lugar onde se vive, e determinar o raio terrestre a través da inclinación dos raios solares. Tamén se potencia o traballo en equipo, xa que estes datos serán compartidos con diferentes centros de todo o mundo para determinar o raio da Terra e o seu perímetro, mostrando así a importancia do traballo en equipo na ciencia.

Álbum: Escolares -> 2023_09_27_1ª AVA_3º ESO_ Club de Ciencias_Proxecto Eratóstenes
Distribuir contido