Novas
Conmemoración do Día da Discapacidade
Enviado por admin o Dom, 14/01/2024 - 11:45Obradoiro sobre iniciativa emprendedora
Enviado por admin o Mér, 04/04/2018 - 17:13A emprendedora viguesa Sandra Touza estará no noso IES falando da súa experiencia dentro do programa EduMotivaCon. Así o recolle o xornal Atlántico Diario:
Esposición "Exodus" na entrada do centro
Enviado por admin o Lun, 29/01/2018 - 19:35Unha mostra que reflicte a ollada dos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago. As fotografías, realizadas entre setembro e outubro de 2015, documentan as vivencias das persoas refuxiadas que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa.
Exposición cedida temporalmente pola Deputación de Pontevedra.
1000 Grous para o día da da NON VIOLENCIA e da PAZ
Enviado por admin o Lun, 29/01/2018 - 19:26Este ano propúxose dende o centro a iniciativa de decoralo con mil Grous (Grullas) de papel motivados pola fermosa historia de Sadako que podedes ler aqui. Dar as grazas a todo o alumnado e profesorado pola sua participación.
Xadrez no IES Ricardo Mella
Enviado por admin o Lun, 29/01/2018 - 18:19Dentro das "Xornadas de promoción do xadrez educativo", estamos tendo a sorte de poder desfrutar do xadrez durante os recreos da man de Xadrez Galego. Non deixedes pasar a oportunidade de achegarvos a esta fascinante actividade como xa están facendo moitos compañeiros e compañeiras.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »