Novas

Viaxe de fin de curso á Ribeira Sacra

Aqui podedes ver unha pequena mostra da interesante e divertida visita á Ribeira Sacra que o centro organizou como despedida do curso académico 2016-2017.

Agradecementos a todo o alunado e profesorado participante e que fixo posible esta actividade.

 

Xurxo Collazo, xefe de estudos de diurno, pagando na cafetería!!!

Despois dun intenso e complicado ano resistindo os impulsos de convidar a todo mundo na cafetería do instituto, o noso xefe de estudos non puido resistirse neste fin de curso a pagar unha ronda de cafe. A pesares deste despiste, seguiremos apoiando a Xurxo para que poida facer fronte aos seus impulsos naturais de xenerosidade desmedida. 

Aqui tedes a proba:

XA ESTÁ AQUÍ A NOSA REVISTA: O REXOUBEIRO

Pequena mostra da interesante visita dos ciclos de electrónica ao repetidor do Xaxán en Domaio

Na seguinte ligazón pódese ver unha mostra da interesante visita dos ciclos de electrónica ao repetidor do Xaxán en Domaio o pasado martes 13 de xuño.

Correlingua 2017!

Unha vez máis o noso IES participou co alunado no correlingua pola defensa do galego que percorre as principais vilas do país. Este ano unidos baixo a mensaxe "En galego sen cancelas". Aqui podedes ver alguhas imaxes da parada en Vigo.

 

 

Distribuir contido