Premios e innovación educativa
MeteoLoRa en FP Innova Galicia 2024
Enviado por carmenc o Mar, 30/04/2024 - 11:34O IES Ricardo Mella ven de participar no Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2024, os días 24, 25 e 26 de abril na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).
O IES Ricardo Mella presenta neste evento de difusión da innovación didáctica e tecnolóxica o proxecto "MeteoLoRa", premiado pola Consellería de Educación nos "Premios a proxectos de innovación na FP", Resolución do 12 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.
O proxecto "MeteoLoRa" consiste no deseño e construción dunha plataforma baseada no uso de microcontroladores e tecnoloxía de transmisión sen fíos LoRa/LoRaWAN, co obxectivo de proporcionar unha solución avanzada para a monitorización e a xestión de datos meteorolóxicos e ambientais.
Recollida de premios do concurso de podcasts "O vello dos contos"
Enviado por kikestevez o Sáb, 10/06/2023 - 09:26
O pasado martes 6 de xuño, o grupo de 1º ESO do IES Ricardo Mella viaxou ata Santiago de Compostela para recoller o seu trofeo e os seus agasallos por seren finalistas da V edición dos premios internacionais de podcasts "O vello dos contos" co seu podcast enviado a concurso e titulado "Don Paco, eterno". A cerimonia de entrega, celebrada no IES Rosalía de Castro e conducida por Aser Álvarez, director da produtora Arraianos, contou tamén coa presenza de Anxo Angueira (mestre, poeta e presidente da Fundación Rosalía), Valentín García (secretario Xunta) ou mesmo coa propia Lola Mosquera, filla do homenxeado con este concurso, Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos. Ademais, a xornada foi completa, pois o alumnado que se desprazou ata Compostela gozou cunha marabillosa mañá de sol, na que puideron visitar emprazamentos como a Catedral de Santiago ou o Pazo de Fonseca... Viva a radio escolar! Viva o vello dos contos! Viva don Paco Eterno!! #NaondadoMella #EdlgMella #DonPacoEterno
FP INNOVA
Enviado por admin o Xov, 23/03/2023 - 09:58O IES Ricardo Mella de Vigo, participa do 22 ao 24 de marzo no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova 2023), que se celebra na cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Faino a través do Departamento de Electrónica cun proxecto premiado denominado "Telerrobot con realidade virtual". Docentes e alumnos atenden os stands e explican o seu funcionamento aos visitantes.
https://www.edu.xunta.gal/fp/congreso-fp-innova/proxectos/18778
Premio extraordinario de grao superior para un alumno do IES Ricardo Mella
Enviado por admin o Lun, 25/10/2021 - 17:08A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 21 titulados da Formación Profesional cos premios extraordinarios de grao superio. O obxectivo destes galardóns é poñer en valor o traballo do alumnado que cursa estas ensinanzas con resultados excelentes. De feito, para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.
Entre todos eles, o alumno do IES Ricardo Mella da familia profesional de Electricidade e Electrónica, David Quiroga Blanco, tamén foi premiado. Moitos parabéns!!!
1º Premio Xente que fai Historia. Como ensinas Xeografía e Historia. Universidade de Vigo
Enviado por admin o Sáb, 24/07/2021 - 19:48O proxecto “Cartas dende a miña trincheira” da profesora Leonor Giménez Fernández do IES Ricardo Mella recibe o 1º Premio “Xente que fai Historia” da Universidade de Vigo.
O pasado 29 de xuño, a facultade de Historia do campus de Ourense, da Universidade de Vigo entregou o Premio # XenteQueFaiHistoria: Como ensinas Xeografía e Historia?
O proxecto educativo “Cartas dende a miña trincheira” é unha actividade que se levou a cabo durante a explicación do tema da 1º Guerra Mundial, que se imparte na materia de Historia en 4º da ESO. O alumnado tiña que escribir unha carta poñéndose no papel dun soldado ou dunha enfermeira que participou na Gran Guerra. Para ambientar mellor a súa carta, visionáronse vídeos e consultouse a web Canadian Letters, onde se recollen cartas, postais, fotos e obxectos persoais dos soldados e enfermeiras canadienses que participaron na guerra. Para conseguir maior realismo, as cartas deberían presentarse cun aspecto avellentado, o que se consigue mollando o papel en café ou te.
Máis información: http://historia.uvigo.es/es/cartas-dende-a-mina-trincheira-gana-o-premio-ao-proxecto-mais-innovador-de-ensino-de-xeografia-e-historia/