Premio extraordinario de grao superior para un alumno do IES Ricardo Mella
Enviado por admin o Lun, 25/10/2021 - 17:08
A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 21 titulados da Formación Profesional cos premios extraordinarios de grao superio. O obxectivo destes galardóns é poñer en valor o traballo do alumnado que cursa estas ensinanzas con resultados excelentes. De feito, para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.
Entre todos eles, o alumno do IES Ricardo Mella da familia profesional de Electricidade e Electrónica, David Quiroga Blanco, tamén foi premiado. Moitos parabéns!!!