Exames e probas de acceso
Probas libres para a obtención de títulos FP LOE/LOXSE. Curso 23/24
Enviado por admin o Mar, 09/04/2024 - 10:32
Publicado o calendario e a actualización da información das probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE/LOXSE). Convocatoria curso 2023/24
Toda a información sobre as probas libres
Acceso ás instrucións: solicitude e proceso de admisión.
PRAZOS
Presentación de solicitudes: do 17 de abril ás 9:00h ata o 30 de abril ás 13:00h.
Matrícula: do 14 de maio ás 14:00h ata o 21 de maio ás 13:00h
Liberados e adxudicación continuada: do 23 de maio ás 9:00h ata o 31 de maio ás 13:00h
CALENDARIOS E PROGRAMACIÓNS PROBAS LIBRES CURSO 2023/24 (prema nos enlaces)
CALENDARIOS | PROGRAMACIÓNS | |
* Nas programacións de FOL figura que a duración do exame é de 100 minutos, por exixencias de calendario a súa duración será de 60 minutos
** A sesión de presentación será o día 3 de xuño ás 8:45h no salón de actos do centro (para todos os ciclos)
*** Lembre que de non asistir inxustificadamente á sesión de presentación ou a calquera das partes das probas será excluído do proceso
Aviso. Lembre que segundo a normativa vixente (D.A. 2ª Orde 5/4/13, DOG Nº73, 2013), o centro realizará a baixa de oficio da matricula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional. As persoas ás cales se lles aplique a baixa de oficio perderán a condición de persoa matriculada na proba, polo que non se terá en conta ninguna cualificación e non poderán presentar unha solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte, e só poderán presentarse a esa convocatoria no caso de que haxa vacantes despois de resolto o proceso de admisión.
PUBLICACIÓN DAS NOTAS DA PRIMEIRA PARTE DA PROBA: 6 DE XUÑO DE 2024 ÁS 13:00H NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO
REVISIÓN DE EXAMES PRIMEIRA PARTE DA PROBA: 6 DE XUÑO DE 1014 DE 13:00H A 14:00H
PUBLICACIÓN NOTAS FINAIS DA PROBA: VENRES 14 DE XUÑO DE 2024 ÁS 13:00H NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO
RECLAMACIÓN CONTRA AS NOTAS FINAIS DA PROBA: LUNS 17 E MARTES 18 DE XUÑO DE 2024
Procedemento e prazos de reclamación das cualificacións dos 2º cursos de Ciclos Formativos
Enviado por admin o Xov, 29/02/2024 - 19:03
Procedemento e prazos de reclamación das cualificacións dos 2º cursos de Ciclos Formativos
No caso de ciclos formativos de 2.000 horas de duración, o dereito de reclamación será extensivo a aquelas avaliacións parciais en que se propoña o acceso á realización do módulo de FCT en período ordinario.
Tras a comunicación da cualificación por Abalar o 7 de marzo para 2º curso de Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear, e o 12 de marzo para o resto dos 2º cursos de Ciclos Formativos, o alumnado, e no seu caso as súas familias, poderán solicitar, por escrito, a reclamación ante a dirección do centro, logo das aclaracións co profesorado, no prazo máximo de dous días lectivos contados desde o día seguinte a aquel en que produza a comunicación.
Revisión no centro |
Prazo |
2º curso Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
8 e 11 de marzo 2024 |
2º curso resto ciclos formativos |
13 e 14 marzo 2024 |
O modelo a presentar na Secretaría do Centro en horario de 09:00 h-13:00 h, e a información adicional sobre o proceso pódense atopar nos seguintes enlaces:
Impreso para formalizar a reclamación
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior
Enviado por admin o Ven, 26/01/2024 - 12:16
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2024
Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Prazo de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.