Secretaría

Información importante

         

  

Calendario de Matrícula. Datas recomendadas. 2024/25

 

DATAS DE MATRÍCULA RECOMENDADAS 2024/25

  • Para evitar esperas e axilizar o proceso de matrícula, recoméndase seguir este calendario:
  ENSINANZAS   DATAS
  ESO E BACHARELATO   26, 27 e 28 de xuño

  CICLOS ORDINARIO CON PRAZA GARANTIDA

  Paso de 1º a 2º   e   Repetidores de 2º

  25 de xuño (titorías) e 28 de xuño
  FCT (Formación en centros de traballo)

  Do 8 ao 12 de xullo

  Exencións e non matriculados en xullo:

  a partir do 1 de setembro

 

  • Pódese recoller o sobre de matrícula o mesmo día de entrega de notas: 25 de xuño
  • Datas oficiais de formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: 24 de xuño ao 7 de xullo
  • Datas oficiaos de matrícula de Ciclos Ordinario con praza garantida (1º a 2º, e repetidores de 2º): 24 de xuño ao 4 ao 4 de xullo

 

Libros de texto 2024/25

Libros de texto curso 2024/25

Nos enlaces pódense consultar os libros de texto de ESO e BACHARELATO para o curso 24/25

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

No DOG do Luns, 20 maio 2024 (Nº 96), Publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar   do curso 24/25.(1,2º, 3º, 4º ESO).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica  a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou presencialmente no centro, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, imprimindo o formulario.

 

 PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES

 DATA INICIO:  21/05/2024

 DATA FIN:  21/06/2024

Procedemento de reclamación contra as cualificacións finais de BACHARELATO

O vindeiro 15 de maio terá lugar a sesión de avaliación final ordinaria de 2º de bacharelato. As cualificacións serán notificadas por Abalar o mesmo 15 de maio. O alumnado, e no seu caso as súas familias, que logo das aclaracións co profesorado persista no desacordo coa cualificación final obtida nunha materia, poderá solicitar por escrito a revisión no centro os días 20 e 21 de maio a través dos modelos establecidos ao efecto.

Modelo de reclamación no centro

Se tras a comunicación da resolución por parte da dirección aos interesados persiste o desacordo, pódese realizar unha reclamación por escrito ante a Xefatura Territorial.

Modelo de reclamación ante Xefatura Territorial

 

 

Distribuir contido