Libros de texto

Libros de texto 2024/25

Libros de texto curso 2024/25

Nos enlaces pódense consultar os libros de texto de ESO e BACHARELATO para o curso 24/25

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

No DOG do Luns, 20 maio 2024 (Nº 96), Publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar   do curso 24/25.(1,2º, 3º, 4º ESO).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica  a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou presencialmente no centro, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, imprimindo o formulario.

 

 PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES

 DATA INICIO:  21/05/2024

 DATA FIN:  21/06/2024

 

Publicación de listaxes definitivas  de persoas beneficiarias e solicitudes excluídas (24/07/2024)

Están publicadas, no taboleiro da entrada ao centro, as listaxes definitivas de persoas beneficiarias e solicitudes excluidas  de libros de texto do fondo solidario, e as solicitudes de axuda de  libros ou de material excluídas para o alumnado da ESO. Calquera dúbida ou aclaración, poñédevos en contacto coa Vicedirección do centro.

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024

 

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

 

No DOG do 19 de maio 2023 (Nº94), publícase a Orde do 10 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario libros de texto e axuda para material escolar do curso 23/24 (1º, 2º, 3º e 4º ESO).

O prazo de presentación das solicitudes remata o 21 de xuño, podéndose facer vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou presencialmente no centro, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, imprimindo o formulario.

 

Máis información no adxunto e nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 23/24

 

Nos enlaces pódense consultar os libros de texto de ESO e BACHARELATO para o curso 23/24

 

 

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado da ESO, curso 2022-2023

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado da ESO, curso 2022-2023.

Xa están publicadas as listaxes definitivas do Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o alumnado da ESO no taboleiro da entrada ao centro. Calquera dúbida ou aclaración, poñédevos en contacto coa Vicedirección do centro.

Listaxe Libros de Texto Curso 2022-2023.

Listaxe Libros de Texto Curso 2022-2023.

Pódese consultar as listaxes de libros de texto para ESO e BACHARELATO no IES RICARDO MELLA, nos arquivos adxuntos.

Distribuir contido