Normalización Lingüística

Memorias do EDLG e dos Clubs de Lectura 2022-2023

 

  • Nos ficheiros adxuntos atópanse os seguintes documentos:

          

 

 

 

           1. Memoria descritiva das actividades realizadas polo EDLG durante o curso 2022-2023 no IES Ricardo Mella

 

 

 

 

 

 

       2. Memoria descritiva das actividades dos Clubs de Lectura do IES Rircardo Mella durante o curso 2022-2023

 

 

 

 

 

Xa está no aire "Proxecto Mámoas. Episodio final" (16/6/2023)

Neste traballo radiofónico, alumnado participante no proxecto fai un percorrido pola Ruta Arqueolóxica das Mámoas de Candeán, á que se achegaron nas dúas saídas programadas; actualizando o estado de cada un dos monumentos megalíticos visitados. 

Por outra parte, neste programa tamén poderedes escoitar as persoas especialistas que nos acompañaron no Proxecto, como Elisa Pereira, Xosé Couñago ou Gonzalo Navaza; que nos contaron cousas moi interesantes sobre as artes megalítica e rupestre, tanto nas charlas coma nas saídas nas que estiveron presentes. 

Ademais, este episodio vén cargado de sorpresas, pois o alumnado de 1º ESO preparou algunhas lendas marabillosas para algún dos dolmens visitados nas saídas.

Para rematar, os condutores do programa, Andrea, Efraín e Nico fan un pequeno resumo dalgunhas das actividades levadas ao cabo polo alumnado do Proxecto Mámoas durante este curso...

Non perdades este episodio!! E avante co Proxecto Mámoas!!

Escoitar en: https://www.ivoox.com/proxecto-mamoas-episodio-final-16-6-2023-audios-mp3_rf_110584122_1.html

#proxectomámoas #edlgmella #naondadomella

Xa está no aire "Proxecto Lagares. Episodio final" (16/6/2023)

Neste podcast de Na Onda do Mella , poderedes coñecer como se desenvolveu o devandito Proxecto Lagares durante este curso 2022-2023 no IES Ricardo Mella, grazas a alumnado de 3º e de 1º ESO, que vos porá ao día sobre as características do tramo do río Lagares visitado nas diferentes saídas didácticas.

Por outra parte, durante o programa tamén poderedes escoitar as persoas especialistas que acompañaron o alumnado nas saídas, como Xosé Couñago Ribeira, profesor e divulgador cultural;  ou Paco Bañobre, membro da Asociación Ecoloxista ADEGA.

Ademais, na derradeira parte, o alumnado condutor do programa repasará algunhas das actividades feitas para este proxecto; como o xogo da descuberta ou a creación de herbarios...

Avante co Proxecto Ríos!! Hai vida no Lagares!!  #proxectolagares #proxectoríos #edlgmella

Escoitar en: https://www.ivoox.com/episodio-final-proxecto-lagares-16-6-2023-audios-mp3_rf_110652271_1.html

Chega "As Mariñeiras ", novo programa de Na Onda do Mella

Xa están no aire os catro episodios de "As Mariñeiras", programa especial de Na Onda do Mella dedicado ás imaxes do patrimonio cultural, gravados esta pasada semana polo alumnado do IES Ricardo Mella e que serán presentados ao 6º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués de Ponte nas Ondas.

Episodio 1no que alumnado de 1º ESO e de 1º FPBA nos presenta unha foto enviada ao concurso por Marta, alumna de 2º BACH, na que se pode ver ao seu bisavó...Non perdades este programa, pois ademais escoitaremos a propia avoa de Marta, contando datos moi interesantes sobre a fotografía... Ligazón en: https://www.ivoox.com/as-marineiras-1-os-maquis-15-6-23-audios-mp3_rf_110494397_1.html

Episodio 2: no que alumnado de1º ESO e de 1º FPBA nos presenta unha foto enviada ao concurso por Sila, alumna de 2º BACH, na que se pode ver ao seu avó na emigración en Alemaña. Non perdades este programa, pois ademais escoitaremos a propia Syla e o seu avó, contando datos moi interesantes sobre a fotografía... Ligazón en: https://www.ivoox.com/as-marineiras-2-a-emigracion-15-6-23-audios-mp3_rf_110497476_1.html

Episodio 3: no que alumnado de 3º ESO nos presenta unha foto enviada ao concurso por Julio, alumno tamén de 3º ESO, na que se pode ver a súa avoa na romaría das Candeas, en Castrelos (Vigo). Non perdades este programa, pois ademais escoitaremos o propio Julio e o seu pai, contando datos moi interesantes sobre a fotografía... Ligazón en: https://www.ivoox.com/as-marineiras-3-a-romaria-das-candeas-15-6-23-audios-mp3_rf_110499354_1.html

Episodio 4: nesta ocasión, o alumnado de 1º ESO preséntanos unha foto enviada ao concurso por Alexandre, tamén alumno de 1º ESO, na que se pode ver a súa tataravoa nun fiadeiro de liño. Non perdades este programa, pois ademais poderedes escoitar as voces de Alexandre e da súa propia avoa, contando datos moi interesantes sobre a fotografía... Ligazón ao programa en: https://shorturl.at/ghoP9

Así que xa sabedes! Escoitade As Mariñeiras!! #asmariñeiras #osmaquis #aemigración #ascandeas #osfiadeiros

Charla 3 Proxecto Mámoas

 

O pasado xoves 8 de xuño o alumnado participante (1º ESO, 4ºESO, 1ºBACH, 1º FPB) no Proxecto Mámoas, proxecto ao abeiro dos Plans Proxecta 2022-2023 desenvolvidos no IES Ricardo Mella, puido gozar coa charla realizada polo especialista en técnicas fotogramétricas, Manuel García Ávila. Nesta interesante sesión, o relator explicou o proceso para a a aplicación da fotogrametría en elementos megalíticos ou rupestres, como dolmens ou petróglifos. Alén das explicacións sobre o proceso de realización, tamén puidemos ver parte do seu traballo aloxado en Sketchfab (https://sketchfab.com/3d-models/mamoa-de-casa-dos-mouros-445d2589441d43a9b53a9fd48e32cf54) ou coñecer outras aplicacións da fotogrametría, como o modelado 3d, que poderá ser dunha grande utilidade no ámbito megalítico-rupestre que aborda este proxecto. Ademais, foi para nós un orgullo ter a Manuel G. Ávila novamente no noso IES, pois non hai moito tempo formou parte do mesmo como alumno...

Adiante co Proxecto Mámoas! #edlgmella

 

Distribuir contido