Normalización Lingüística

Charla 2 do Proxecto Mámoas

O vindeiro xoves 16 de febreiro realizarase a segunda das charlas organizadas para o Proxecto Mámoas, proxecto coordinado polo EDLG do IES Ricardo Mella. Nesta primeira ocasión contaremos coa presenza de Gonzalo Navaza, escritor e profesor de Literatura na Universidade de Vigo, que nos virá a falar sobre as pegadas que deixaron na toponimia o megalitismo e mais arte rupestre.

Avante co Proxecto Mámoas!!

Xa se pode ver a charla en: https://youtu.be/1Z64-J_C2Ws

Participa nos Concursos de Entroido !!

 

Desde o EDLG do centro deseñamos a programación do Entroido 2023 para a semana do 13 ao 17 de febreiro coas seguintes actividades:

  • Meco 2023: Ordes diarias (13-16 febreiro)

O Meco deixará a partir do venres 9 de febreiro as ordes para os primeiros catro días da semana de Entroido (luns a xoves)... Quen se atreverá a incumprir estes mandados do Meco?

  • Concurso de Coplas de Entroido (todo a C.E.)

Organízase un concurso de Coplas de Entroido para toda a Comunidade Educativa. En documentos adxuntos podedes ver as bases. O prazo de entrega rematará o xoves 16 de febreiro de 2023.

  • Concurso de Máscaras de Entroido (1º - 4º ESO)

Organízase un concurso de Máscaras de Entroido para o alumnado de ESO. En documentos adxuntos podedes ver as bases. O prazo de entrega rematará o xoves 16 de febreiro de 2023.

  • Concurso de Doces de Entroido (Bach e Ciclos)

Organízase un concurso de Doces de Entroido para o alumnado de BACHARELATO e CICLOS. En documentos adxuntos podedes ver as bases do antedito concurso. A entrega dos traballos realizarase o venres 17 de febreiro de 2023.

  • Gran Festa do Entroido (17 de febreiro):

A partir do mediodía do venres 17 de febreiro comezará a Gran Festa do Entroido, na que se realizarán as seguintes actividades:

  • Festa de Disfraces 
  • Entrega dos premios dos Concursos do Entroido (Doces, Máscaras e Coplas)
  • Xogos populares galegos
  • Actuacións musicais

Na Festa do Entroido non faltará a música e a troula.  Dende o EDLG anímase a participar nesta celebración a toda a Comunidade Educativa do IES Ricardo Mella.

Viva o Entroido no IES Ricardo Mella!!

Ligazón á páxina de Facebook: https://bit.ly/3XavGU6

E vén chegando o Entroido 2023 !!!

E vén chegando o Entroido  ‼️

Xa non queda nada para o Entroido, e este ano temos unha festa preparada para o venres 17 de febreiro de 2022. Concursos de coplas, de máscaras e de doces amenizarán a Festa de Entroido, na que non faltará música, disfraces e diversión. Desde o EDLG animamos a disfrazarse a toda a Comunidade Educativa do IES Ricardo Mella para esta xornada entroideira. Nos vindeiros días anunciaranse as bases dos concursos e os horarios exactos da xornada festiva do 17 de febreiro, que comezará ao meiodía... Viva o Entroido no Ricardo Mella !!

 #EDLGMella #entroido

Charla 1 para o Proxecto Mámoas

O pasado xoves 2 de febreiro realizouse a primeira das charlas organizadas para o Proxecto Mámoas. Nesta primeira ocasión contamos coa presenza de Elisa Pereira, arqueóloga e profesora na Universidade de Vigo; e mais con Xosé Couñago, escritor, docente e divulgador do patrimonio cultural de Vigo. O tema dos relatorios foi a arte rupestre e o megalitismo no Concello de Vigo. Tamén podedes ver un vídeo do acto en: https://www.youtube.com/watch?v=XkqLRurFQvc&t=122s

Avante co Proxecto Mámoas ‼️  #edlgmella #proxectomámoas

Charla - faladoiro para o "Proxecto Mámoas"

O vindeiro xoves 2 de febreiro realizarase a primeira das charlas organizadas para o Proxecto Mámoas, proxecto interdisciplinar coordinado polo EDLG do IES Ricardo Mella. Nesta primeira ocasión contaremos coa presenza de Elisa Pereira, arqueóloga e profesora na Universidade de Vigo; e mais con Xosé Couñago, escritor, docente e divulgador do patrimonio cultural de Vigo. O tema dos relatorios será a arte rupestre e o megalitismo no Concello de Vigo. Avante co Proxecto Mámoas!!

Distribuir contido