Electrónica

Estuda electrónica no Ricardo Mella!

Tes dúbidas sobre o que se fai nos ciclos relacionados coa familia de electrónica no IES Ricardo Mella? Este vídeo axudarache a despexalas.

 

Na actualidade existen tres ciclos da familia de electrónica que se imparten no IES Ricardo Mella e que podedes consultar no menu lateral no apartado de Alumnado/Estudos. 

MeteoLoRa en FP Innova Galicia 2024

O IES Ricardo Mella ven de participar no Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2024, os días 24, 25 e 26 de abril na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).

O IES Ricardo Mella presenta neste evento de difusión da innovación didáctica e tecnolóxica o proxecto "MeteoLoRa", premiado pola Consellería de Educación nos "Premios a proxectos de innovación na FP", Resolución do 12 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

O proxecto "MeteoLoRa" consiste no deseño e construción dunha plataforma baseada no uso de microcontroladores e tecnoloxía de transmisión sen fíos LoRa/LoRaWAN, co obxectivo de proporcionar unha solución avanzada para a monitorización e a xestión de datos meteorolóxicos e ambientais.

  

FP INNOVA

O IES Ricardo Mella de Vigo, participa do 22 ao 24 de marzo no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova 2023), que se celebra na cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Faino a través do Departamento de Electrónica cun proxecto premiado denominado "Telerrobot con realidade virtual". Docentes e alumnos atenden os stands e explican o seu funcionamento aos visitantes.

https://www.edu.xunta.gal/fp/congreso-fp-innova/proxectos/18778

 

Premio de innovación na FP por "Telerrobot con realidade virtual"

O proxecto “Telerrobot con realidade virtual” coordinado dende o noso departamento de Electrónica -xunto co IES Politécnico de Vigo e o IES Escolas Proval- vén de ser recoñecido nos Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na Formación Profesional.

Con este fin, o alumnado de Electrónica recibirá unha ampla formación en tecnoloxía, robótica e programación para deseñar e construír un robot con capacidade de telecomando a base da incorporación dun sistema de realidade virtual. O robot levará unhas cámaras na posición dos ollos e terá un colo articulado que unha persoa poderá manexar a distancia. O manexo da cabeza do robot farase desde un móbil colocado dentro dunhas lentes de Realidade Virtual, de xeito que os movementos da cabeza da persoa serán replicados pola cabeza do robot. Ademais, a imaxe das cámaras do robot transmitirase ata o teléfono móbil, e así a persoa estará vendo o mesmo có robot. 

Así que, ánimo ao alumnado e aos profesores da familia de Electrónica, Carmen Currás, Jorge Domínguez e Javier Darriba, para afrontaren este novo reto!!

   
 

Premios extraordinarios de Bacharelato e FP Superior

A Xunta publicou os premios extraordinarios de Bacharelato e FP superior aos que se lles recoñece os méritos excepcionais polo excelente resultado académico acadado.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/52958/xunta-galardona-39-alumnas-alumnos-con-los-premios-extraordinarios-bachillerato

 

Entre eles atópase Fernando José Criado Rodríguez, alumno do IES Ricardo Mella no Ciclo Superior de Mantemento Electrónico.

 

Moitos parabéns !!!

 

Distribuir contido