MeteoLoRa en FP Innova Galicia 2024
O IES Ricardo Mella ven de participar no Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2024, os días 24, 25 e 26 de abril na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).
O IES Ricardo Mella presenta neste evento de difusión da innovación didáctica e tecnolóxica o proxecto "MeteoLoRa", premiado pola Consellería de Educación nos "Premios a proxectos de innovación na FP", Resolución do 12 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.
O proxecto "MeteoLoRa" consiste no deseño e construción dunha plataforma baseada no uso de microcontroladores e tecnoloxía de transmisión sen fíos LoRa/LoRaWAN, co obxectivo de proporcionar unha solución avanzada para a monitorización e a xestión de datos meteorolóxicos e ambientais.