Formación e Orientación Laboral
QUEN SOMOS?
Enviado por Anónimo o Mar, 10/11/2020 - 19:19No curso 2020-21, o departamento está formado por:
- Juan Guerra Castro (xefe do departamento)
- Fina Teijeiro Méndez
- Raquel Martínez Rivas
- Cristina Montenegro Moldes
- Irene Sánchez Huete
PRECARIEDADE LABORAL E MULLER
Enviado por mariaraquel.martinez o Dom, 29/10/2023 - 15:36
FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL é un módulo trasversal que se atopa en todos os ciclos formativos tanto de grao medio como superior. A través do mesmo pretendemos que o noso alumnado adquira destrezas e coñeza ferramentas que faciliten o seu acceso ao mundo laboral, coñeza os seus dereitos e obrigas como traballadoras e traballadores, identifique situacións de risco cando desenvolven o seu traballo e saiba como actuar ante os mesmos e coñeza as coberturas e prestacións económicas que garante a Seguridade Social.
Pero tamén preténdese concienciar ao alumnado sobre as desigualdades que existen en moitos eidos laborais, identificando a orixe desas diferencias e desenvolvendo un expírito crítico e de intolerancia cara esas discriminacións e desigualdades.
Unha das actividades a través das cales preténdese sensibilizar ao alumnado sobre a existencia de colectivos vulnerables e de como eses colectivos son suxeito máis habitual de discriminación e precariedade é a que se propón aquí, e que neste caso centrarase no colectivo de mulleres.
Pretendemos facer unha análise de diferentes eidos ou sectores económicos onde o traballo feminino desenvólvese en condicións de prepariedade. Os traballos incluirán unha parte de investigación e tamén unha parte de testemuñas. Para isto queremos darlle visibilidade a este Proxecto dentro da Comunidade Educativa, e tamén
- Convidar ao resto de profesorado a participar neste proxecto co seu alumnado. Pode ser de calquera materia ou módulo, sen restriccións.
- Convidar ao profesorado a título individual a participar a través dos seus testemuños, colaborando co alumnado de FOL que está a realizar este traballo.
- Pedir ao profesorado a difusión do proxecto entre o seu alumnado, convidándoos a participar cos seus testemuños ou cos de familiares seus.
As persoas interesadas podedes apuntarvos a través deste FORMULARIO
Grazas pola colaboración
Novas ferramentas dixitais para a procura de emprego
Enviado por mariaraquel.martinez o Ven, 27/05/2022 - 00:57Un ano máis (e xa van 5) Xosé Alberte Cea, o orientador laboral do Concello de Vigo, estivo con centro impartindo uns obradoiros ao alumnado de Ciclos Formativos sobre procura de emprego. Recomendacións para elaborar un currículum adecuado, as redes de contactos, o perfil profesional dixital, redes sociais profesionales e unha chea de cuestións máis relacionadas coa procura de emprego que resultoulles de moito interesese ao alumnado. Grazas novamente a Alberte polo seu compromiso e pola súa xenerosidade por compartir coñecementos i experiencias.
Obradoiros de Primeiros Auxilios para o alumnado de Ciclos Formativos
Enviado por mariaraquel.martinez o Xov, 26/05/2022 - 23:07
Despois do parón da pandemia, volvemos a recuperar o Obradoiro de Primeiros Auxilios para o alumnado de Ciclos Formativos. Con este xa son 4 anos nos que a asociación Vodea desenvolve co alumnado de FOL unha formación práctica para actuar en caso de emerxencias.
XORNADAS DE EDUCAR EN XUSTIZA.
Enviado por admin o Sáb, 09/04/2022 - 10:36O alumnado dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (grupo A) e Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos visitaron os Xulgados do Social de Vigo, en concreto o Xulgado nº 2, do que é titular o xuíz decano D. Germán Serrano. Alí durante unha xornada completa asistiron como oíntes aos xuízos sobre asuntos laborais e de Seguridade Social que se celebraron e puideron consultar as dúbidas que foron xurdindo tanto cos/coas letrados/as das partes como co Xuíz. |
Pinchar na imaxe para ver todas as fotos