PRECARIEDADE LABORAL E MULLER
FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL é un módulo trasversal que se atopa en todos os ciclos formativos tanto de grao medio como superior. A través do mesmo pretendemos que o noso alumnado adquira destrezas e coñeza ferramentas que faciliten o seu acceso ao mundo laboral, coñeza os seus dereitos e obrigas como traballadoras e traballadores, identifique situacións de risco cando desenvolven o seu traballo e saiba como actuar ante os mesmos e coñeza as coberturas e prestacións económicas que garante a Seguridade Social.
Pero tamén preténdese concienciar ao alumnado sobre as desigualdades que existen en moitos eidos laborais, identificando a orixe desas diferencias e desenvolvendo un expírito crítico e de intolerancia cara esas discriminacións e desigualdades.
Unha das actividades a través das cales preténdese sensibilizar ao alumnado sobre a existencia de colectivos vulnerables e de como eses colectivos son suxeito máis habitual de discriminación e precariedade é a que se propón aquí, e que neste caso centrarase no colectivo de mulleres.
Pretendemos facer unha análise de diferentes eidos ou sectores económicos onde o traballo feminino desenvólvese en condicións de prepariedade. Os traballos incluirán unha parte de investigación e tamén unha parte de testemuñas. Para isto queremos darlle visibilidade a este Proxecto dentro da Comunidade Educativa, e tamén
- Convidar ao resto de profesorado a participar neste proxecto co seu alumnado. Pode ser de calquera materia ou módulo, sen restriccións.
- Convidar ao profesorado a título individual a participar a través dos seus testemuños, colaborando co alumnado de FOL que está a realizar este traballo.
- Pedir ao profesorado a difusión do proxecto entre o seu alumnado, convidándoos a participar cos seus testemuños ou cos de familiares seus.
As persoas interesadas podedes apuntarvos a través deste FORMULARIO
Grazas pola colaboración