XORNADAS DE EDUCAR EN XUSTIZA.
Enviado por admin o Sáb, 09/04/2022 - 11:36
O alumnado dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (grupo A) e Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos visitaron os Xulgados do Social de Vigo, en concreto o Xulgado nº 2, do que é titular o xuíz decano D. Germán Serrano. Alí durante unha xornada completa asistiron como oíntes aos xuízos sobre asuntos laborais e de Seguridade Social que se celebraron e puideron consultar as dúbidas que foron xurdindo tanto cos/coas letrados/as das partes como co Xuíz. |
Pinchar na imaxe para ver todas as fotos