FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

No DOG do Luns, 20 maio 2024 (Nº 96), Publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar   do curso 24/25.(1,2º, 3º, 4º ESO).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica  a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou presencialmente no centro, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, imprimindo o formulario.

 

 PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES

 DATA INICIO:  21/05/2024

 DATA FIN:  21/06/2024

 

Publicación de listaxes definitivas  de persoas beneficiarias e solicitudes excluídas (24/07/2024)

Están publicadas, no taboleiro da entrada ao centro, as listaxes definitivas de persoas beneficiarias e solicitudes excluidas  de libros de texto do fondo solidario, e as solicitudes de axuda de  libros ou de material excluídas para o alumnado da ESO. Calquera dúbida ou aclaración, poñédevos en contacto coa Vicedirección do centro.